Equipos de Protección Individual Definición Calquera equipo destinado a ser levado o suxeitado polo traballador para que le protexa dun o varios riscos que poidan ameazar a súa seguridade o a súa saúde, así como calquera complemento o accesorio destinado a tal fin” (R.D. 773/1.997, de 30 de Maio). Criterios de empleo • Só deben ser utilizados cando os riscos non se poidan eliminar ou controlar suficientemente por medios de protección colectiva ou con métodos ou procedementos de traballo adecuados e ben organizados. Condicións • Proporcionarán unha protección eficaz • Non supondrán ni ocasionarán riscos adicionais nin molestias innecesarias • Ser compatibles entre si, no suposto de utilización simultánea de varios equipos Utilización e mantemento • O uso, almacenamento, mantemento, a limpeza, a desinfección cando proceda e a reparación dos EPIS deberán efectuarse de acordo coas instruccións do fabricante • Utilizaranse para os usos previstos • Son de uso persoal Obrigas dos traballadores • Utilizar e coidar correctamente os EPI • Coloca-lo EPI despois da súa utilización no lugar indicado para elo • Informar de inmediato o seu superior xerárquico de calquera defecto, anomalía o dano apreciado no EPI utilizado que, o seu xuizo, poida entrañar unha perda da súa eficacia protectora Marcado CEE • Segúndo o marcado na normativa de aplicación, cando se requira a un provedor o abastecemento dos equipos de protección individual se deberá esixir o marcado CE que permanecerá colocado en cada un dos EPIs fabricados de maneira visible, lexible e indeleble, durante o período de duración previsible o de vida útil do EPI; no obstante si elo fora imposible debido as características do producto, o marcado CE poderá colocarse no embalaxe Folleto informativo • Xunto o marcado CE,o fabricante ademais subministrará un folleto informativo no que ademais do nome e a dirección do fabricante incluirá información útil sobre: – Instruccións de almacenamento, uso, limpeza, mantemento, revisión e desinfección – Rendementos alcanzados nos exames técnicos – Accesorios que se poidan utilizar e características das pezas de reposto adecuadas – Clase de protección adecuadas ós diferentes niveis de risco – Data do prazo de caducidade – Tipo de embalaxe adecuado par transporta-los – Referencias das disposicións aplicadas – Nome ,enderezo e número de identificación dos organismos de control Tipos de EPIs • • • • • • • • • • Protectores da cabeza Protectores do oído Protectores dos ollos e da cara Protección das vías respiratorias Protectores de mans e brazos Protectores de pes e pernas Protectores da pel Protectores de tronco e abdome Protectores totais do corpo Protectores contra as caídas Protectores da cabeza • O CASCO DE SEGURIDADE utilizarase sempre que as condicións de traballo obriguen a elo pola existencia de risco de caída do operario o de materiais sobre él. O seu uso é persoal e obrigatorio e cambiarase ó sufrir algún impacto violento. En xeral o traballador se protexe de: Caídas de obxectos. Golpes na cabeza. Proxección violenta de obxectos. Contactos eléctricos. Contactos térmicos Protectores auditivos • Céntranse nas ORELLEIRAS E OS TAPÓNS • As orelleiras son protectores que envolven o pavillón auditivo externo no seu conxunto • Os tapóns son protectores que se enxiren no conducto auditivo externo • En xeral os cascos auriculares son mais efectivos cando trátase de altas frecuencias e os tapóns cando úsanse ante baixas • É obrigatorio úsalos a partir de 85 dB( R.D.1316/1989 Protección das vías respiratorias • A MASCAREILLA OU MÁSCARA RESPIRATORIA usarase onde faia risco de emanacións nocivas tales como gases, po e fumes, adaptando o filtro adecuado ó contaminante existente • No uso da mascareilla e os filtros deberanse seguir as recomendacións do fabricante • Para emanacións de po usaranse os filtros físicos • Para emanacións de contaminantes químicos (gases,vapores orgánicos,atmósferas deficitarias en osíxeno) utilizaranse filtros de tipo químico Protección ocular • A protección ocular (GAFAS O PANTALLAS DE SEGURIDADE) é obrigatoria cando protexe dos seguintes riscos: • Proxección de partículas sólidas • Proxección de líquido, xa sexan cáusticos o corrosivos • Exposición a radiacións nocivas (ultravioleta, infravermellos) • Exposición a atmosferas contaminadas (especialmente irritantes ou tóxicas) Protección de mans e brazos • As LUVAS DE SEGURIDADE utilizaranse para protexer o traballador dos seguintes riscos : • Riscos mecánicos (cortes, pinchadas, choques, desgarras, abrasión ) • Riscos térmicos (altas e baixas temperaturas) • Riscos eléctricos( como illante da electricidade) • Riscos de contactos dérmicos con sustancias químicas (sustancias irritantes, sensibilizantes, corrosivas) • Risco de contacto dérmico con productos radioactivos • Riscos físicos de vibracións Protección dos pes • Os ZAPATOS E BOTAS DE SEGURIDADE usarase para protexerse dos seguintes riscos: • Protección contra golpes mecánicos • Protección contra a compresión estática do pé • Protección contra agresións físicas( rozamentos, pinchadas, cortes) • Protección contra descargas eléctricas • Protección contra o frío, calor e o fogo Protectores do corpo • A ROUPA DE PROTECCIÓN usarase para protexerse dos seguintes riscos: • Riscos mecánicos (cortes, pinchadas, choques, desgarras, abrasión ) • Riscos térmicos (altas e baixas temperaturas, humidade por penetración da auga) • Riscos eléctricos (como íllante da electricidade) • Riscos de contactos dérmicos con sustancias químicas (sustancias irritantes, sensibilizantes, corrosivas) • Risco de contacto con productos radioactivos • Riscos por falta de visibilidade (roupa reflíctante) Protectores contra as caídas • Os ARNESES DE SEGURIDADE protexen contra os riscos de impacto por caída en altura • Levan un dispositivo de agarre e sostén do corpo e un sistema de conexión que poida unirse a un punto de ancoraxe seguro