ARRAIANOS
PRIMAVERA [email protected]
www.arraianos.com
www.cadernoarraiano.blogspot.com
XANELA ARRAIANA
LIMIAR
A RAIA ESCRITA DOUS CABALEIROS ARRAIANOS Antón Riveiro Coello José Viale Moutinho
IMPOSTO ARRAIANO
M ICRO
RELATOS
FILMOTECA ARRAIANA
ARRAIANOS O ANO DA MEMORIA
MEMORIAS DE CELANOVA II
LETRAS GALEGAS MANUEL LUGRÍS
CURROS ENRÍQUEZ
A TORRE DE VILANOVA DOS INFANTES
MINERÍA E CARBÓN NA RAIA SECA
AS CAMPÁS DO VAL DO DEVA
BANDEIRAS ARRAIANAS
HISTORIA MEDIEVAL
ARRAIANOS E OUTROS ASUNTOS
A MALDICIÓN DO ENCORO NA MEMORIA ORAL
MASCARADAS NO INVERNO ARRAIANO
RECOMENDACIÓNS LITERARIAS
·EDICIÓN ASOCIACIÓN ARRAIANOS·COORDINADOR ASER ÁLVAREZ·COMPOSICIÓN ANDREA LÓPEZ·DESEÑO PORTADA BALDO RAMOS·
·ILUSTRACIÓNS ÓSCAR CANAL·IMPRESIÓN&FOTOMECÁNICA IMPRENTA CELANOVA E UNIDIXITAL·
ISSN·1698-9953
Depósito legal· OU-2/05
X
A N E L A
A
R R A I A N A
ANDREIA
2
ARRAIANOS/
XANELA ARRAIANA
/ primavera 06
LIMIAR
O
POBO QUERE PAN E CIRCO: A NACIÓN, SÍMBOLO E RITUAL
A investigadora norteamericana Heath Dillard descubriu que no século XIII o
Val do Limia encheuse de delincuentes e criminosos, que onda nós acabaron, acolleitos á
impunidade de que nos forneceron as cartas forais. Pouco despois, unha expedición de
castigo tentou pór final, a sangue e lume, a tales desmanes.
Desde aquela, a historia da República dos Arraianos non é máis que un devecer constante. Cidadáns abandonados á súa propia sorte, cidadáns pobres en terras fartas.
Cidadáns que pagan tributos como calquera dos máis favorecidos noutras latitudes.
Cidadáns que crían fillos para traballaren lonxe…
No entanto, os arraianos estamos afeitos a ollar para frente, ao lonxe.
Xosé I Bonaparte, que mal reinou en Galiza seis meses, e nunca onda nós, tróuxonos o caramelo envelenado dunha nova división territorial. Os señores feudais, que
non dubidaron en acirrar os paisanos contra o demo francés, logo se decataron das perversas vantaxes da “provincia”.
E de vagariño, silandeiramente, tornáronse caciques constitucionais.
Nós, que nos rebelamos no século IX contra os pseudo-reis {galaico}leoneses.
Nós, que gozamos durante seis séculos de sagrados dereitos forais en Entrimo,
Lobeira e Couto Misto.
Nós, que tratamos a monarquía por tu, xuramentándonos na legalidade contractual e biunívoca do refrendo foral.
Nós, de vagariño, silandeiramente, tornámonos “ourensáns” {¿?}.
Mais os arraianos continuamos a procurar espazo. O noso brumoso país é un
monumento ao fracaso do estado, español e portugués; estados que non souberon garantir, nin que só for minimamente, condicións de vida dignas, paz, seguridade persoal e
pública, dereito á igualdade ou mesmo á propia identidade. E como persoas civilizadas
que somos, temos saudade constante de civilización, de “estado”. Nostalxia dunha arcadia perdida, que aínda perdura no imaxinario colectivo da raia.
Os arraianos non nos sentimos cómodos baixo o epígrafe da ourensanía. Non
nos “chega”. Somos universais. Ben o sabe o empresariado catalán e francés. Somos un
prodixio adaptativo. Somos o arquetipo vitorioso da vontade sobre o ambiente.
Non somos aurienses. En todo o caso, a monarquía sueva, para nós a única lexítima, {dicímolo sen medo ningún}, adscribiunos ao bispado bracarense.
Non somos ourensáns. Non cremos nas provincias, porque non somos unha
colonia. Cremos nos homes, nas terras, nas almas, na vontade, na procura eterna da vitoria do ben sobre o mal.
Non somos “contracidadáns”, apesar dos esforzos por estigmatizar en nós un
fobotipo arraiano. A nosa resistencia á integración é o revulsivo que transforma en nós o
inintegrable en indómito.
Fracasaron todos os esforzos para negarnos a consideración de cidadáns e
segregarnos para nos facer máis vulnerábeis. Precisamente aí está a nosa forza, sermos de
zonas abruptas e isoladas, fóra das vías naturais.
Somos a sagrada memoria dos devanceiros. A Asociación Arraianos, a través
da cal artellamos os nosos soños, non é un fin en si mesma. É o instrumento polo cal andamos na tarefa máis digna do ser humano: A construción social da realidade.
E é por iso que nos involucramos plenamente nas actividades do denominado polas autoridades Ano da Memoria. Queremos saber quen somos. Queremos
saber quen tentou (sen éxito) que non “fósemos”. Queremos saber quen foron para
perdoalos, porque valemos máis ca eles. Sen odio, sen armas, sen violencia. Sen covardía, sen pasividade, sen fatalismos. Definíndonos, xuntándonos, reconciliándonos
connosco. Procurando o NÓS.
DOUS CABALEIROS ARRAIANOS
(A raia escrita)
H
oxe traemos aquí a dous escritores arraianos contemporáneos, que son brillantes narradores e poetas. Un quería ser músico e acabou sendo escritor, o outro
é xornalista e rematou sendo literato. Son de quintas diferentes pero escriben
dende o principio do mundo, cos pés chantados nunha terra que non sabe de raias pintadas
no mapa. As súas creacións literarias son referentes que beben nas raizames do mesmo
mundo, o noso mundo, o arraiano, ese tótem que latexa coma un boi trala enerxía creadora
que turra das súas obras, todas elas recomendables, e algunhas incluso obrigatorias.
Palabra de arraiano...
4
ARRAIANOS/
A RAIA ESCRITA
/ primavera 06
OUTO MIXTO, A VOZ DA TERRA
CHeidegger
dicía que, nos guste ou non admitilo, somos plantas
1
ANTÓN RIVEIRO COELLO
Antón Riveiro Coello nace en Xinzo
de Limia en 1964. Este “recente”
escritor limiao e arraiano é un dos
narradores máis premiados dos xurdidos na literatura galega durante a
pasada década. Este recoñecemento
alicérzase nun coherente percorrido
bibliográfico, que vai dende
Valquiria, premio Camilo José Cela
1993, A historia de Chicho Antela,
1997, ou A quinta de Saler, 1999, coa
que foi finalista do premio Torrente
Ballester, até Animalia, 2000, que
levou o premio Café Dublín,
Homónima, colleita do 2001 e pola
que recibiu o premio Álvaro
Cunqueiro, ou As rulas de Bakunin,
que obtivo o premio García Barros.
Tamén ten nas librerías as recompilacións de relatos Parque Central,
1996, e Airadas de palabras, 1998,
onde se recollen os contos que lle
foron premiados co Manuel
Murguía e Pedrón de Ouro entre
1991 e 1997. No ano 2002 publica
Cartafol do Barbanza, unha pouco
convencional guía de viaxes, e o ano
pasado sorprende cunha volta á
patria do home, a infancia, con
Casas Baratas. Acaba de publicar
tamén un libro de poemas que aínda
non tivemos ocasión de ler.
Seguiremos atentamente a traxectoria deste autor arraiano da Limia
que de seguro dará moito que ler e
falar.
que deben saír coas raíces da terra para poder dar froito na aberta
rexión do espírito. E preguntábase se para a existencia dunha verdadeira obra non sería preciso o arraigamento a un solo natal, a unha
determinada terra. Eu non sei responder a esta pregunta. O que si
sei é que cada achega ao Couto Mixto é un ritual que fai ferver dentro de min o orgullo, a emoción tesa de pertencer a esta pequena
patria, a esta primeira gran metáfora do mundo. Pisar estas lousas
frías ten algo de sacramental que me fai volver aos escuros lugares
dunha memoria que se foi artellando con palabras vellas e mesmo
coa ficción literaria de autores como Bento da Cruz, García Mañá ou
Ferrín. No silencio desta igrexa éme doado apalpar cómo a voz doutro século me fala con paixón da primeira clave da miña identidade:
a terra, porque un é non só de onde nace senón tamén dos lugares
da emoción e dos espazos que habitaron os seus devanceiros. E
malia que son un limiao vilego, tamén teño a pel umbilical da terra
arraiana, (máis concretamente, de Tosende), unha pertenza dada
por liña materna, que veu acompañada da mellor das raíces que me
fai habitante privilexiado do Couto Mixto: a lingua ou, para ser máis
exactos, a lingua arraiana. E cecais a lingua sexa o primeiro territorio de pertenza, a voz xenética que me amarra a unha visión do
mundo e á arbore de todos os que me precederon.
Apegado ás palabras asumín interiormente unha terra coa que
tecín íntimas raigames que hoxe me condicionan como home e
como escritor. Son do Couto Mixto a través desa lingua vivida,
habitada, que me anainaba os ouvidos ao pé do lume. Alí, ao remol
da lareira, baixo os lareiros afumados dos chourizos, entre briscas,
filloas, rixós e ouveos de lobo, a voz dos avós fixo que eu dese en
ser habitante do Couto Mixto, e cando eles me falaban con aquela
eufonía animal do Penedo do León, do Outeiro do Porco, da Fonte
do Falcón, o que estaban a facer, máis que transmitirme palabras de
vello, era facerme tomar conciencia da terra e das súas xentes.
A miña condición arraiana naceu nos largacíos regos de
Lamalonga, cando de xeonllos colleitaba tanto patacas como palabras que ían ficando no canistrelo da memoria, palabras coas que
baixaba as vacas á Veiga e coas que alindaba os ollos cara á serra na
esperanza de que caesen contos de lobishomes ou a sospeita de que
o Arturo de Santiago estaría a cazar un xabaril de grandor colosal;
palabras comunais nas seituras, nas mallas, nas feiras, nas festas na
cantina da Irene de Rubiás ou, en Meaus, na casa da Francisca do
Antonio ou do Antonio da Francisca que, para o caso, era o mesmo.
As palabras da lingua arraiana eran bolboretas que eu apañaba
xogando aos vintos co meu primo, lapando o lagarto exquisito nas
matanzas, cazando ras en Forzaus ou pescando bogas no mítico
Salas, naquel Pozo Negro de Meaus, onde os máis mozos fantasiaban historias náufragas de afogados comestos polos peixes.
Teño para min que ser escritor arraiano é moito máis que falar da
raia ou facer do Couto Mixto un tema literario. Ser escritor arraiano
é escribir con naturalidade dende o lugar emocional dos devanceiARRAIANOS
5
ros. A autenticidade é falar coa súa voz, coa voz de toda a
xente que nos precedeu e que nos deu o agasallo da lingua como se nos dese a alma. Escribir dende (e sobre) o
Couto Mixto é acariñar toda esa morea de palabras que
nos fai adquirir un compromiso ético e estético coa súa
historia, coa súa tradición, coa súa paisaxe.
Por veces, pregúntome qué tería sido do Couto Mixto
se o Mariscal Soult non pasase por estas terras e queimase a arca das tres chaves nas que debía de estar un pasado documental co que se podería ter fixado a verdadeira
natureza desta institución e mesmo axudase a manter a
pequena república na actualidade, pero tamén me decato
de que o que non puideron facer os franceses foi arrincarnos as palabras, porque nelas hai unha inconsciencia de
séculos e nelas vén entrañada a historia deste pobo acolledor e solidario, afeito ao duro traballo da terra, un pobo
de almas seitureiras, de grandes tecedeiras de liño, de
grandes comerciantes, de corozas nas tapadas, cunha xeografía de intemperies e xeadas tatuadas no rostro.
É cousa ben sabida que ser habitante do Couto Mixto
tivo grandes privilexios daquela, pero tamén son consciente de que a materia da que moitos de nós estamos
feitos vén de lonxe, e inda que as terras estean á poula e
moitas casas non sexan máis que un mapa de ausencias,
ou feridas abertas da emigración, o Couto Mixto, a cada
volta, ten máis habitantes, habitantes da emoción que
asumen este territorio como unha esperanza, como unha
regalía, como un corazón que inda latexa na irmandade
dos pobos, como unha pequena patria do espírito que,
na súa redución, está moito máis preto do home, unha
patria que entre todos temos que manter viva, en permanente construción, ao abeiro das palabras de Machado
que nos dicía que non é patria o chan que se pisa senón
o que se sementa.
Para este escritor que vos fala, para este limiao
arraiano coa alma libre chantada na terra sentimental
dos Mixtos, non hai nada máis honroso que sentirse
escollido polo alento do pasado e sentirse falado pola
lingua arraiana da avoa, presente aínda aquí (por sorte
para min e para a miña literatura). Ela é o último elo que
me ata aos mortos, ela empréstame a memoria coa que
me podo achegar ao pasado cunha ollada nonaxenaria,
ela dáme a voz para crear precisamente ese pobo que
falta, ela representa a raíz, a terra, a lingua, o último
refuxio da miña identidade, e sei que a miña fidelidade
a ela é tanto como a miña fidelidade á lingua arraiana
como a miña fidelidade á terra dos Mixtos. Na súa voz
sei que os séculos me falan e me dan azos, en definitiva,
para berrar o desexo múltiple, unánime, de longa vida
ao Couto Mixto
1
Texto pronunciado na igrexa de Santiago co gallo do nomeamento de Xuíz
Honorario do Couto Mixto.
6
ARRAIANOS/
A RAIA ESCRITA
/ primavera 06
O S MEUS POETAS GALEGOS MORTOS
“O QUE, PARA JÁ, POSSO DIZER Á MEMÓRIA DA MINHA
LUÍSA VILLALTA”
AMIGA
JOSÉ VIALE MOUTINHO
José Viale Moutinho (Funchal, 1945) é xornalista do Diario de Noticias, brillante creador de
atmósferas, eficiente narrador de historias, e
autor dunha extensa e vigorosa obra. Na área
xornalística recibiu o premio Kopke de reportaxe, o premio Norberto Lopes, por No Pasarán!,
magnífico traballo de investigación sobre a
Guerra Civil, e o premio Diario de Noticias
(reportaxe e entrevista), así coma o Pedrón pola
defensa da Cultura Galega en Portugal.
Estreouse con Natureza Morta Iluminada e publicou dende entón os libros de contos No país das
lágrimas, O Jogo do serio, Histórias do tempo de
Outra Senhora, Cabeza de porco, Apenas uma estatua equestre na Praza da Liberdade, A Torre de
Menagem, Romanceiro da terra morta, Arqueologia
da terra prometida, Pavana para Isabella de Franza,
Hotel Graben e Ja os galos pretos cantam, no que se
recollen catro soberbias e dramáticas historias
da Guerra Civil, un dos temas máis tratados
polo noso autor. Ten publicadas as novelas Entre
povo e principaes, e Los Moros. A súa poesía editada entre 1975 e 2000 está reunida no volume
Sombra de cavaleiro andante, e ten ademais publicado o poemario E se a manhá fosse outra?.
Home polifacético e inesgotable, aínda ten
publicado recompilacións de crónicas e artigos,
Aquém e além montes, A sala dos espelhos, Os sapatos do defunto, As maos cheias de terra, e estudos
sobre Camilo Castelo Branco, Trindade Coelho
e Literatura Oral. A obra deste “último romático
do bem dizer” está parcialmente traducida ao
alemán, galego, asturiano, catalán, castelán, búlgaro, esloveno, francés, italiano e ruso, entre
outros idiomas. Un auténtico cabaleiro arraiano
con proxección universal, como ten que ser...
quantas vezes as palavras não servem
para nada mais do que confundir a boca
pronta a dizer olá, as mãos que tocam
os ombros da amiga num cumprimento
que vai do coração aos olhos. e o que se
escuta é apenas olá, depois voamos, o céu
muito claro, sobre mares muitos e escassos
navios, trocamos as leituras, as escrituras,
falamos dos construtores de mais belos
violinos da terra comprometida. e, de súbito,
um telefonema, uma voz contida, que logo
desaparece, empurra-me para a estante onde
estão os teus livros, os teus retratos, o rasto
definitivo da amiga que passou para o outro
lado de todos os espelhos do desencanto.
luísa, luísa, chamo, interrogo todos os momentos
em que faltas, o silêncio que é ainda o eco
das nossas últimas conversas lá onde não há
praias, nem frio, nem barcos de velas enfunadas,
nem espíritos que voltam, insensatos, do coração
onde vivem todos os incêndios, todas as músicas,
1
“ANTÓNIO TOVAR, NAQUELE TEMPO”
Vou envelhecendo, eu sei que a cabeça cada vez se mete
mais debaixo do braço, querendo adormecer, pedindo aos
olhos que apenas releiam aqueles livros que lhe deram
maior prazer ou deixaram buracos na parede de cortiça do
entendimento. E aquela tarde em Ourense, naquele tempo
tão perdido que hoje se chama primeiros anos da década
de setenta, eu queria conhecer um poeta que tinha uma
livraria, Antón Tovar. A livraria, não me recordo como se
chamava a livraria, seria Estanco ou Tanco? Não me recordo mesmo. A livraria ainda estava fechada e não havia ninguém dentro. Voltei à esplanada onde tomara o café depois
do almoço e vi, solitário, numa mesa, escrevendo num
caderno, alguém que de pronto reconheci como Eduardo
Blanco-Amor, de quem eu acabara de ler a fabulosa A
esmorga e de escrever um texto para o programa de uma
sua peça em representação no Porto. Tímido, como sempre
fui, aproximei-me, disse-lhe que o queria conhecer, quem
eu era e ali falámos longamente. Tão longamente que ao
ARRAIANOS
7
regressar à livraria de Tovar, este começava já a preparar-se para fechar as portas. Os nossos calados esconxuros fizeram parar o tempo e estendi-lhe as primeiras edições de
Arredores e de Non para que mos autografasse e nessa noite jantei com ele e com a encantadora musa inspiradora de O vento no teu colo. Fiquei encantado em conhecê-los. De
quando em quando lá o correio me trazia uma carta na letra tremida de Tovar, sempre
entusiasmado com qualquer coisa que pretendia fazer. Amargurou-me o seu Diario sin
datas e fiquei perplexo ante o poeta António Tovar em castelhano, quando me mandou o
tomo dessa sua poesia. Afinal, ele era dois grandes poetas com o mesmo nome, com
maestrias idênticas, mas em idiomas diferentes. Um princípio do internacionalismo que
o empolgava?
De quando em vez, releio António Tovar, mas há muito que não vou, como ia, passear pelas velhas ruas de ourense, onde os meus velhos amigos foram desaparecendo e
agora já não conheço quase ninguém.
“MANUEL”
PARA A SALETA, COM UM BEIJO.
como uma pedra, manuel não pôde erguer-se,
havia fumado todos os seus cigarros,
o estimado relógio de bolso prosseguira
os seus tique-taques para além do pulsar do coração,
manuel estava já acima de tudo e de todos, caminhava
em direcção à discreta porta do paraíso,
aí o aguardavam, pelo menos os meus olhos fechados
reconheceram-nos, celso emílio e antón avilés de taramancos,
que o outro, menos efusivo, mas também de braços
abertos era manuel curros enríquez, e a mulher
que sorria tantas vezes o recebera na sua casa de padrón.
como uma pedra, manuel, essa pedra que reside em cada
verso da grande muralha galega, cada pedra lírica da tua funda
contra os caciques de toda a História, como uma pedra
assim vejo como te aproximas desse lugar que vai deixar
de ser silencioso, porque aí se escutarão os teus novos poemas
que nós qualquer dia também escutaremos, de viva voz,
para escândalo dos anjos, angústia de deus e nossa alegria.
8
ARRAIANOS/
A RAIA ESCRITA
/ primavera 06
“XELA, XELA ARIAS”
quando acordaste, minha amiga, como se
chamava o sítio em que estavas, paisagens
lunares, floresta de enganos, viste os pássaros
obscenos que destroem os poetas na terra?
quando chegar a minha hora de atravessar
essa parede que não consigo ver,
mas está entre nós, irei pedir contas
a quem mas terá de dar,
porque os poetas, afinal, têm asas,
mas elas não são para voar,
“UXIO”
a primeira vez que uxio novoneyra atravessou
a fronteira, entrando em portugal, apertou-me
a mão, emocionadamente. anos mais tarde,
quando falávamos em voz baixa, ímpias falas,
na cozinha dos frades na terra de pascoais,
ralharam connosco os deuses pela descortesia,
é que nós já sabíamos que não havia demasiado
tempo para permanecermos calados e a poesia,
as palavras do bardo eram sempre poemas,
não podia esperar que os demais poetas se calassem,
a última vez que estive com uxio novoneyra foi
numa taberna de santiago, aí bebemos uma
aguardente que tinha o triste sabor do silêncio,
e quando nos despedimos parecia, meu deus
se parecia, que pressentíamos qualquer coisa
baça, mortal, pequena, acre, sobretudo sem nome.
1
Este texto está publicado orixinariamente no libro son de poesía (ed. Xoán Carlos Domínguez Alberte),
Lisboa/Santiago de Compostela: Edições Fluviais/Libraria Couceiro, 2005.
ARRAIANOS
9
POESIA
I
M P O S T O
A R R A I A N O
BALDO RAMOS
10
ARRAIANOS/
IMPOSTO ARRAIANO
/ primavera 06
POESIA
I
M P O S T O
A R R A I A N O
“RESISTENCIA”
A todas as que lles tocou vivir a guerra do 36 na retagarda mentres os seus tiveron que ir á forza a un bando
golpista que lles era alleo e do que nunca retornaron. Tamén para os que xa non puideron botar parella.
O uniforme de muller
é nome propio
proído de estrugas.
Un biso de mortalla
loita leite loito
por quen nunca fixo por ir á fronte
porque eran outras as acometidas
do cara á cara
nas distancias curtas,
nas angueiras propias.
A bandeira, irmau, é fronte
de suor
enxugada nun mesmo
terrón da nosa terra.
Il nunca foi un virachaquetas.
Os espantallos aventaban a colleita
ao ar da seitura
e despois de marcharen as anduriñas
ficou a herdade erma de espanto.
Tamén o tumbaron pola causa.
A fronte era unha cicatriz de horizonte
con engurras
que tiña que estirar no mapa
da derrota do seu rostro
para non levantar sospeitas.
E aínda así non as tiña todas consigo.
Endexamais puido ver
as condecoracións do afecto
tras o bafo da neboeira.
A fin de contas,
nome máis, nome menos,
outra orfandade de ser doméstico.
Chorar choraríao toda a vida
calada no non esquezo da terra.
Era un sabor de froito amargo,
como ir ás claudias a deshora.
XOÁN CARLOS DOMÍNGUEZ ALBERTE
ARRAIANOS
11
POESIA
I
M P O S T O
A R R A I A N O
NO PUEDES DEJAR EL LUCKY (PARTE I)
Por una vez estaría bien
que al poeta le fuese bien.
También.
Y que los recuerdos de primeros amores y esas cosas
no tuviesen el irritante tono rencoroso de siempre.
Por una vez estaría bien
que al poeta le fuese bien.
También.
Y no le importase un carajo donde
o como estás.
A mi no me importa, la verdad, pero
al poeta
vete a saber.
Es la hora de dejar en libertad a las criaturas
para que cada una encuentre la muerte que merece.
Sin fiestas de despedida ni papeles que firmar
irte también
a las praderas de lo suprimido que
tanto echaste de menos aquí, entre los humanos, al
dique del recuerdo, saturado
de hueso y de carroña por donde
se filtra el agua limpísima con un rumor de nombres.
Es la hora de dejar marchar a las palomas
en lineas agitadas de miga de pan
que a nada llevan.
Colgar los abalorios y los fetiches, tenderte en el
jergón y esperar que
vengan a por tí
bandadas y bandadas de sueños incompletos
que riman con la voz de los amigos sus alas en el aire.
Al asfixiante calor de la tarde en
el pueblo que el tiempo de encontró,
es el momento de abrir todas las jaulas
y fumarse un pitillo mientras las pústulas huyen en manadas.
El cuervo se quedará, para posar en tus ojos dos
monedas.
Y así podrás pagar,
por una vez.
Amaso las palabras sin fe. No tengo
qué contar;
como el panadero de una ciudad fantasma
que bullese, sin embargo, en torno,
en ruidoso fingimiento de
médula y de humores.
Así como ama la gente, muerta
en realidad,
yo hago poemas.
12
ARRAIANOS/
IMPOSTO ARRAIANO
/ primavera 06
DEATH HAIKU Nº 69
No hay nada más allá de esta mano que rasga
las palabras en el salón vacío.
Los gorriones histéricos del amanecer están, sí,
pero son míos.
LUÍS BOULLOSA
POESIA
I
M P O S T O
A R R A I A N O
UN BO HOME PERO UN MAL MAGO
Teña para min
bigotes engomados o señor Lyman F.B.
e poña na mesa de carballo, á man,
vaso de cristal
e botella de whisky.
GALATEA
Pensar,
maxinar,
ouvir.
Sentir o bruar profundo desa voz
Que evoca o berro revoltado
Dun animal subterráneo.
Pór a miña man na fenda
Aberta sobre a terra labrada,
E tocarche, sentir o tacto puro e mineral
Da túa presencia,
A lentura secular da materia
Que me conforma.
O señor F.B. escribe, é escritor.
Acaba de rematar unha historia e intúo que nela
quere que chegues a entender que un tal Oz,
ao cal chama con aspereza
farsante,
no fondo era un soñador.
Pero ademais F.B. non tivo por el,
en ningún triste recuncho do libro,
o detalle de dicir
“Oz era un soñador”.
Nin aínda que houbese un millón de palabras
no libro.
Lyman F.B. evitou escribir esa frase.
Sentirme Galatea xurdida
das tuas entranas,
Con arrecendo a terrón,
A materia fértil.
Sentir o fluir intenso dos mil
Caudais que te sulcan,
Percorrer as miñas veas.
Pensar,
maxinar,
ter a certeza,
De que esa voz me atravesa,
Me sacode dende a raíz,
Provocando o movemento inconsciente
Da miña pluma.
Fiando o feble, decidido fio da miña raza.
NOELIA RODRÍGUEZ
Porén, case ao final
conta como Oz chegou ao País de Oz.
Aterrara alí accidentalmente,
arrastrado polas
correntes de aire,
a bordo dun globo no que viaxaba só.
É o non saber, pero opino que ese
foi o xeito que F.B. escolleu para dicilo:
que calquera que decida emprender unha viaxe
en globo
é necesariamente un soñador.
ARSENIO IGLESIAS
ARRAIANOS
13
POESIA
I
M P O S T O
A R R A I A N O
Se as paredes me escoitan, abro con espadas un silencio cortante que
non poidas penetrar.
Se o balbordo me abouxa, baleiro de cadros a estancia por escoitar
apagado o teu rumor ferido.
E se as horas me asolagan e me ispen, déitome no chan e agardo
pacientemente pola loucura.
E a loucura abátese á fin coma un pequeno mar que lambe a costa e
regresa.
Sempre regresa.
MARIÑA PÉREZ REI
14
ARRAIANOS/
IMPOSTO ARRAIANO
/ primavera 06
F OTODENUNCIA
PEPE S.L.
ARRAIANOS
15
A
MICRO
RELATOS
R R O Z
A
voz da nena chegaba desde o cuarto de baño. O home, que
poñía orde nuns papeis, evitou erguerse aínda para atender
a chamada infantil. Axiña os berros da nena se fixeron
insistentes. O pai non tivo máis remedio que erguerse e dirixirse ao
cuarto de baño.
—Acabei –dixo a nena, sentada sobre a taza do váter.
O pai colleu na man un rolo de papel hixiénico e arrincou un
anaco. Entón a nena agarrou o brazo do home, deténdoo, e
preguntoulle:
—Papá, ¿por que hoxe teño cacas negras?
O pai dirixiu a súa ollada cara ao interior do retrete e contestou:
—Porque onte comiches arroz negro. ¿Non o lembras?
A nena quedou pensativa e logo, debuxando un sorriso nos
beizos, dixo:
—¡É verdade!
De seguido engadiu:
—Espera, papá, non me limpes que non acabei.
O home, contrariado e con intención de non facer caso da nena,
replicoulle:
—¿Como que non acabaches? ¿Non me dixeras que xa acabaches?
—Dixera, papá –contestou a nena– pero aínda debo ter máis
cacas. ¿Non lembras que onte na comida repetín arroz negro?
FRAN ALONSO
16
ARRAIANOS/
MICRO-RELATOS
/ primavera 06
N
E G R O
MICRO
RELATOS
A MULHER QUE VIVIA NO FUTURO LUCAS
A
MULHER QUE VIVIA NO FUTURO
Hai moito tempo sucedeu algo.
Naceu umha nena que vivia no futuro.
Puxerom-lhe de nome Manhá e a gente nom se explicava como sucedera aquilo.
Manhá chegava á primavera antes que as flores.
E antes de que chegasse o inverno as maos de Manhá já estavam frias.
Como ela vivia no futuro, toda a gente era como dumha Època passada.
Ela dava as respostas antes de saber as perguntas.
E dizia cousas que ninguem nunca imaginara.
Quando Manhá olhaba cara atrás todo estava moi longe.
E a sombra da mulher que vivia no futuro ia várias horas de sol adiantada.
L
UCAS
As casas novas volviam-se antigas quando passaba ao seu lado.
As mazás oxidabam-se nas suas maos.
- Ouh, por certo, umha cousa...
- Di-me...
Manhá nunca estava aqui e agora.
O dia que Manhá morreu a gente deixou de viver no pasado.
SÉCHU SENDE
- Tu tes um filho de tres anos...
- Ahá, o Lucas.
- E fixei-me o outro dia, ali no parque,... caralho, tu falas sempre galego, ouh?
- Falo, eu sempre falei galego.
- E logo, digo eu, como È que lhe falas castelám ao neno?
- Bo, é que o neno é de Valladolid.
- Como que de Valladolid?
- Si, home, si, que naceu vallisoletano. Demo-nos conta nada mais ve-lo. Pucelano até a médula. E efectivamente, como é de alá, eu
falo-lhe em castelám, e a nai tamem, claro...
- E o galego...?
- Boh, ,já sabes como som os de Valladolid... O galego nom é o seu...
- Pero vós nom erades de Santiago de toda a vida?
- Si, eu de Conxo e Puri de Vista Alegre... Pero já ves, colhe o neno e sae-nos de Valladolid, que nom vexas o bem que está a aprender o castelám co pequeno que é... … É listismo, com tempos compostos e todo, he comido, había soñado e assi...
- Home, pois nom sei que dicer-che... Para mim que...
- Nada, home, nada, nom te preocupes, que já sabes como som os pucelanos com isto dos idiomas... Eu, que queres que che faga?,
os nenos venhem como venhem e, já ves, a mim tocou-me um de Valladolid... Porque eu, se che digo a verdade, queria umha nena.
- Pois...
- Pois é-che o que hai...
S. S.
ARRAIANOS
17
A AURORA
MICRO
RELATOS
DE
FONTEBRANCA
A
Aurora de Fontebranca tiña uns ollos grandes e constantemente abraiados, disconformes co pequeno
tamaño das órbitas nas que lle tocou vivir. Esta desproporción foi a orixe, para a miña idea, do perpetuo asombro
que aquela rapaza amosou sempre ante as cousas da vida. De aí
tamén a súa condición de loitadora infatigable.
Así como outros queren ser albaneis ou dermatólogos, Aurora decidiu que quería ser cantante. Non se
levaban os concursos de televisión nin viña nunca
pola parroquia ningún descubridor de talentos ocultos, polo que a aspirante a artista seguiu o vieiro que
lle pareceu máis lóxico. Nas verbenas, mentres os da
orquestra ceaban, ela achegábase moi solemne, presentábase con nome e apelidos, pedía permiso e, sen vergoña
ningunha, interpretaba algunha canción que ela consideraba
representativa das súas facultades.
Lembro unha verbena da Santa Bárbara, en Escudeiros. Se non me
equivoco, foi o derradeiro ano que fixeron festa (deixaron de celebrala en sinal de loito por un veciño que morreu nun accidente de
motoserra, o mesmo día da patroa). No bar ambulante do Linos,
os membros do grupo Ledicia procuraban folgos na paz do churrasco. Os asistentes ao baile, moi poucos, laiábanse da tristura
das festas do final do verán. Pero alí estaba Aurora, co seu soño.
Recordo perfectamente que cantou unha de Agustín Pantoja que
se titulaba “Adiós, amor”. Movía moito as mans e xesticulaba
tanto que os ollos aínda semellaban máis desorbitados que decotío. Os músicos escoitárona en silencio. Mesmo houbo algún que
deixou de comer en sinal de respecto. Cando rematou, sen
aplausos nin entusiasmo, prometéronlle que lle habían dedicar unha peza en canto volvesen ao escenario.
XURXO SIERRA VELOSO
18
ARRAIANOS/
MICRO-RELATOS
/ primavera 06
XULIO MEDELA
F
I L M O T E C A
A
R R A I A N A
II
MONUMENTOS
FÍLMICOS DE
TRAS-OS- MONTES
Dentro da nación
galaica existe un país
chamado República
dos Arraianos. Dentro
desa república existe
un territorio autónomo cunha fortísima
personalidade: A Raia
Trasmontana,
que
comeza a artellarse
a p ro x i m a d a m e n t e
entre Muíños e Pitões
das Júnias, esvaecéndose de vagariño alá
pola lonxíncua Sierra
de La Culebra. Ese
Acto da primavera
autónomo territorio,
en que a percepción
do estado é aínda
máis brumosa do
que o seu clima,
xerou fortísimas respostas culturais que
exorcizaron a vulnerabilidade dos seus
habitantes, tornándoos unha sorte de
centauros do planalO pão
to. Hoxe toca nesta
sección mostrarmos un catálogo de filmes considerados “de
culto” e premiados pola crítica cinematográfica de todo o
mundo.
Festa, trabalho e pão em Grijó de Parada
Argozelo: Á procura dos restos das
comunidades judaicas
Falamos de Rio de Onor
Veredas
Tras-os-Montes
Ana
Imprecisa, incerta, brumosa é tamén a categorización formal destas alfaias artísticas. A fronteira entre documentário
etnográfico, filme de ficción ou sinfonía cinematográfica desaparece ante a súa forza dramática e evocadora.
Repetimos, non somos críticos cinematográficos. Somos,
sobre todo nesta época, consumidores. Desta vez, produtos da
máxima calidade. Os mellores realizadores de Portugal captaMáscaras
ron rigorosamente, e moitas veces escasos en medios, o espírito
conmovente, panteísta e telúrico deste espazo de transferencia. Estes filmes non son só unha recreación
erudita: Son poemas fílmicos, belísimos, solidarios, maxestáticos como castiñeiros. A Raia Trasmontana
é terra agreste, de vento e lume, de fraga e silencio; ese espírito é o que se reflicte nesta saga.
Longe é a cidade
Fixemos a nosa escolla entre os filmes realizados máis perto da raia, os NOSOS.
TITULO
O pão
Acto da primavera
Festa, trabalho e pão...
Falamos de Rio de Onor
Tras-os-Montes
Máscaras
Argozelo: Á procura...
Veredas
Ana
Longe é a cidade
Matar as saudades
Terra fria
ANO
1959
1962
1973
1974
1976
1976
1977
1977
1981
1981
1986
1995
REALIZADOR/A
Manoel de Oliveira
Manoel de Oliveira
Manoel Costa e Silva
António Campos
António Reis, Margarida Cordeiro
Noémia Delgado
Fernando Matos Silva
João Cesar Monteiro
Margarida Cordeiro, António Reis
Ricardo Costa
Fernando Lopes
António Campos
EXTERIORES
???
Curalha (Chaves)
Grijó de Parada (Bragança)
Rio de Onor (Bragança)
Bragança
Varge, (Bragança)
Argozelo (Vimioso)
???
???
Moimenta (Vinhais)
Sonim (Valpaços)
Padroso-Padornelos-Salto
Matar as saudades
Terra fria
ARRAIANOS
19
ASOCIACIÓN ARRAIANOS
TERRAS DE CELANOVA
ANO DA MEMORIA
Domingo 27 de agosto
Homenaxe aos asasinados no Furriolo
11.15.- Introdución ó acto por un membro da Asociación Arraianos.
11.30.- Os relatos da memoria: historias de vida de familiares de presos e represaliados.
12.00.- Recital poético Palabras contra a desmemoria, a cargo de mozos da zona, Xosé Luís Méndez Ferrín, Baldo Ramos,
Lois Antón, Anxo Angueira, Delfín Caseiro, Xoán Carlos Domínguez Alberte.
12.30.- Inauguración oficial dun mural de Xosé Vizoso (na ilustración), ás vítimas da represión franquista no Alto do Furriolo.
12.45.- Intervención de Anxo Quintana, vicepresidente da Xunta de Galicia.
13.00.- Interpretación dunha peza tradicional polo gaiteiro Daniel Romero.
13.30.- Xantar de irmandade no Furriolo, coa participación veciños, descendentes e amigos de presos e represaliados do 36.
Toda esta xeira e a tardiña ha estar amenizada polo grupo de Xurxo Souto, Os tres trebóns e o vendaval do Rosal e contará
coa actuación doutras formacións musicais e artistas de Galicia e Norte de Portugal.
20
ARRAIANOS/
ANO DA MEMORIA
/ primavera 06
I Xornadas sobre represión e resistencia antifranquista na raia.
Celanova, agosto de 2006
Luns 28 de agosto
A represión
9.45 Inauguración oficial do congreso.
10.00 Domingo Rodríguez, “Celanova Prisión Central”
11.00 Xulio Prada, “O Furriolo como lugar de execucións”
12.00 Pausa café
“Represión e historias de vida”
12.45 Carlos Pereira e Manuel Veiga, “O caso do Celso de Poulo”
17.00 Percorrido polas exposicións
“Celanova, Prisión Central” (Mosteiro de Celanova)
“Luís Seoane: Trece estampas da traizón” (IES Celso Emilio Ferreiro)
19.00 Proxección do documental “Aillados”, de Antonio Caeiro, e tertulia posterior
Martes 29 de agosto
A represión
10.00 Xesús Alonso Montero, “Celanova e a Longa noite de pedra”
11.00 Raúl Soutelo Vázquez, “As consecuencias da represión para as mulleres da Galicia rural”
12.00 Pausa café
“Represión e historias de vida”
12.45 Diálogo entre Eudosio Álvarez e César Álvarez, o ‘Reinos’ do Viso. “A testemuña do avó”
17.00 Percorrido pola exposición
“A vida cotiá no franquismo” (Casa dos Poetas)
19.00 Proxección do documental “Pepe Velo e o Santa Liberdade: a utopía dun soñador celanovés”, de Margarita Ledo, e
tertulia posterior
Mércores 30 de agosto
A resistencia
10.00 Antonio Lourenço Fontes, “De Tourem a Vinhais, resistencia e solidariedade arraiana”
11.00 Ángel Rodríguez Gallardo, “Refuxiados e fuxidos nos Montes do Laboreiro”
12.00 Pausa café
“Represión e historias de vida”
12.45 Camilo de Dios, “A guerrilla galega no oriente ourensán”
16.00 Eliana Brites Rosa, “Os Posicionamentos das Entidades Governamentais e das Populações Raianas, em Portugal,
perante os Refugiados da Guerra Civil de Espanha”
17.00 Percorrido pola exposición
“O ensino na II República” (Centro comarcal, Vilanova dos Infantes)
19.00 Proxección do documental “A Cidade da selva”, de Helena Villares e Pilar Faxil, e tertulia posterior
Xoves, 31 de agosto
Literatura e memoria
10.00 Isaac Díaz Pardo, “A importancia da recuperación da memoria para o futuro dun pobo”
11.00 Bento da Cruz, “Memoria e literatura. Literatura e Memoria”
12.00 Pausa café
12.45 Xosé Luís Méndez Ferrín, “O triángulo máxico arraiano”
14.00 Clausura oficial do congreso e descuberta dunha placa conmemorativa no mosteiro de Celanova e na Igrexa de
Sorga polo presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño.
18.00 Cabodano de Celso Emilio Ferreiro: ofrenda floral e recital poético no cemiterio de Celanova.
19.30 Presentación do número monográfico da revista Arraianos dedicado a Celso Emilio Ferreiro.
20.00 Visionado dunha reportaxe sobre CEF e tertulia posterior con Méndez Ferrín e Alonso Montero.
ARRAIANOS
21
MEMORIAS DE CELANOVA II
O DERRADEIRO OPERADOR CINEMATOGRÁFICO DE SALA
Alí vin as primeiras películas sonoras: La cabaña del tío
Tom, La dama de las camelias, La herida luminosa…
J
esús Feijoó é un home de cine que fala da
Paramount, da Fox e da Warner coma se foran
antigas mozas. Nesta conversa repasamos a
historia do cinema en Celanova a través dunha vida
que semella sacada de Cinema Paradiso.
A nosa historia remata co derrube do último cine
que había na vila. Baixo os cascallos do Cine
Regueiro fican sepultadas as derradeiras lembranzas
de celuloide deste home, que pasou os mellores anos
da súa vida vencellado ó mundo do sétimo arte.
¿Cantos anos permaneceu aberto o Curros Enríquez?
Cando morreu o propietario, no ano 1961 a muller e os
fillos de Gustavo quedaron á fronte do cine; Faustino
como operador, Enrique como axudante e Josefa como
taquilleira. Reformaron a sala, meteron pantalla cinemascope e pasou a chamarse Cine Principal. Estreouse
a nova sala co pase de Los dientes del diablo. Alí dei os
meus primeiros pasos coma axudante de operador,
con 16 anos, e recordo desa época filmes como Los
cañones de Navarone, Cleopatra ou Horizontes de
Grandeza… Lembro que as colas para coller as entradas chegaban ás veces até onde hoxe está a do Calleja.
O Principal pechou a principios nos anos 70.
¿Cando chega o cinema á vila?
O cine mudo chega a Celanova cos Pais Escolapios,
que facían pases nunha estancia do mosteiro para os
alumnos das Escolas Pías, entre o que estaban o meu
pai e outros mozos da vila, coma Celso Emilio
Ferreiro.
¿E o cine sonoro?
O sonoro xa chega na década dos 40, coa apertura do
Salón - Teatro Curros Enríquez, propiedade de
Gustavo Sousa, que estaba na rúa do Casino. Eu tiña 7
anos e lembro que ía ó galiñeiro ver as películas por 25
céntimos. A butaca costaba 1,25 pesetas. Era unha sala
na que se combinaban o cine e os espectáculos teatrais.
22
ARRAIANOS/
MEMORIAS DE CELANOVA
/ primavera 06
¿E cando abre o Cine Regueiro?
O 12 de outubro de 1958 estreamos a sala con Quo Vadis,
e entramos forte con películas como Lo que el viento se
llevó, El árbol de la vida, Ben Hur, Los diez mandamientos.
Era unha época fascinante. Chegaban os axentes comerciais da Warner e da Fox, que semellaban actores, coa
súa pajarita e todo, cos catálogos das películas e nós
escolliamos. Daquela chegaban a Galicia 2 copias de
cada filme, unha era para a empresa de Isaac Fraga, que
era o empresario de cine máis potente de Galicia, e a
outra circulaba polas vilas. O franquismo obrigaba a
manter unha cuota de pantalla de películas españolas e
a censura cortaba moitas esceas das películas.
¿Logo o Principal e o Regueiro conviviron durante
anos?
Dende o 1958 até os anos 70 había dous cines na vila. O
cine entón era un espectáculo que atraía a xente de toda
a contorna. Viñan en ómnibus a Celanova para ir ó cine.
Os domingos repartían uns folletos á saída da misa coas
novas películas que ían vir ás dúas salas e a xente escollía. O Nodo era obligatorio e había un A e outro B, un
para cada cine, que viñan sendo a mesma cousa.
¿E como chegaban as películas a Celanova?
As copias viñan nos transportes dos Todea. Eu ía buscalas, traíaas ó lombo e repasábaas ben antes de botalas na sala.
¿E que é iso de que fuches operador cinematográfico en
El Aiun?
Cando estaba no Regueiro traballando tiven que
ir facer a mili ó Sáhara. Cando cheguei preguntáronme que sabía facer e díxenlles que era operador. Estiven alí dous anos como operador cinematográfico do Cine Las Dunas, e logo volvín ó
Regueiro.
¿E que pasou co Cine Principal cando pechou?
As butacas e o proxector pasaron ó Cine Clube
Solpor, que fixo grandes ciclos de cine, primeiro na
bilioteca do mosteiro, e logo noutras estancias, e
tamén no Regueiro. Desa época lembro La naranja
mecánica, 2001, odisea del espacio, El acorazado
Potenkim, El séptimo sello, Sueños de un seductor…e
moitas delas subtituladas!. É unha mágoa que non
siga habendo un cineclube en Celanova.
¿Cal foi a derradeira película que proxectastes no Cine
Regueiro?
Memorias de África, en outubro de 1988. E aínda non
fun quen de ir ver o derrube do cine porque se me
parte a alma só de pensalo.
ARRAIANOS
23
MANUEL LUGRÍS FREIRE
FIGURA DE NACIÓN
gramática, a primeira no noso idioma e cunha
diáfana vocación didáctica, a ofrecer un traballo
de creación no ámbito narrativo, lírico e teatral
(onde foi o autor do primeiro drama galego en
prosa), abondoso e nalgúns casos de excepcional funcionalidade para a Galicia do seu tempo;
desde participar cun afervoamento inquebrantábel no idioma na fundación das Irmandades
da Fala até ingresar no Seminario de Estudos
Galegos; desde ser o primeiro orador en lingua
galega nun mitin celebrado en Betanzos en 1907
a cofundar a institución agrarista Solidaridad
Gallega; desde ser parte activa na Liga Gallega
até ser redactor do anteproxecto do Estatuto de
A
actividade pioneira en tantas frontes e
mais unha auténtica vocación de servizo a Galicia son, entre outros moitos, algúns dos valores que simboliza Manuel
Lugrís Freire e que este ano de 2006, teño para
min que con xustiza, deben ser lembrados. O
seu merecido protagonismo, sen dúbida ningunha, baseáse nese exemplar periplo que desenvolveu no ámbito da cultura e da política,
entre 1885 e 1936, e que se converte a ollos de
hoxe nun auténtico espello da loita de Galicia
por reafirmarse con orgullo no panorama das
distintas nacións do mundo. Lugrís, dentro da
súa polifacecia, posúe numerosos timbres de
gloria, desde aquel de cofundar o primeiro xornal en lingua galega na emigración –A gaita
gallega- até participar tamén na fundación da
Real Academia Galega; desde publicar unha
24
ARRAIANOS/
LUGRÍS FREIRE
/ primavera 06
Autonomía; desde ser un home que nunca abandonou o uso diario e cotián da lingua galega, en
Cuba e en Galicia, até presidir a propia
Academia Galega, así chamada no período no
que el foi o seu máximo responsábel... A palmaria realidade de estar á fronte ou participando
que a súa ominpresenza na cultura e na política
da Galicia dos primeiros anos do século XX fose
un lugar común e, asemade, a súa personalidade non lle permitiu eludir polémicas –de corte
literario e mesmo persoais- das que foi albo en
numerosas ocasións.
Cómpre salientar e valorar na súa xusta
medida o feito de que Lugrís se atrevese coas
materias literarias creativas en prosa, en verso
ou na dramaturxia; que se internase polos vieiros da filoloxía, da crítica literaria, da abondosa
colaboración xornalística..., mesmo nos ámbitos
da política..., cando foi un home de formación
practicamente autodidacta, o que revela esa
prioridade que Galicia supuña no seu credo
persoal.
tan activamente na totalidades destas actividades, sen esquecer a súa fe no republicanismo, no
liberalismo, no laicismo e nun pensamento filomasónico –de feito foi membro da loxa masónica nº 4 da Coruña co nome de Servet- provocou
O plenario da Real Academia Galega
celebrado o 3 de xullo de 2005, con só un voto en
branco, aprobou o acordo que decide que o Día
das Letras Galegas se dedicase a Lugrís. A institución destacou que a obra de Lugrís amosa
unha vida de “total entrega á dignificación e á
normalización da lingua galega, sempre unida á
defensa de Galicia”. Aínda diría máis: Lugrís,
sen dúbida, entrégase con convicción á (re)construción dunha patria e á recuperación da lingua
galega. Malia que xa o denominaron por aí
como un “vetusto defunto”, quedámonos coa
definición, breve mais cargada de significado
que no seu centenario do seu nacemento cifrou
Súarez Picallo: “patriota galego vertical e insubornábel”, en definitiva, unha necesaria figura
de nación.
Vigo, abril de 2006
RAMÓN NICOLÁS RODRÍGUEZ
ARRAIANOS
25
CURROS ENRÍQUEZ EN EL CORREO DE CELANOVA
C
urros Enríquez foi durante toda a súa vida
xornalista, home da prensa, o gran fenómeno democrático do século XIX; en máis
dunha ocasión autodefiniuse como periodista e
constatou por escrito o seu amor á prensa e o carácter de paixón que tiña este oficio na España decimonónica (por exemplo, na carta ó director de La
Concordia de Vigo que publica El Heraldo Gallego o 15
de abril de 1877).
Coincide neste aspecto con outros moitos escritores do seu tempo, que mesmo na súa andaina vital
foron máis considerados na súa faciana de xornalistas, fundadores e impulsores de xornais que na perspectiva de poetas ou escritores: velaí os casos, para
os ourensáns, de nomes tal notables como Valentín
Lamas Carvajal ou Francisco Álvarez de Nóvoa, contemporáneos do de Celanova.
26
ARRAIANOS/
CURROS ENRÍQUEZ
/ primavera 06
Na época que viviron todos eles chegábase ó xornalismo “por razones muy parecidas –y a veces eran las
mismas- a las que llevaban a un puestecillo en la frondosa
administración civil del Estado. La protección de un cacique o de un político de aldabas con veleidades literarias”(Mainer, 1981, p.67). Ó longo do século o mundo
da prensa vaise convertindo de forma lente nunha
profesión, pero sen deixar de ser tamén, moitas
veces, unha vía para a carreira política ou para o
éxito literario. Era, desde logo, unha profesión reservada para xentes con paixóns literarias e políticas,
dispostas a soportar difíciles condicións de traballo e
presións moi fortes das empresas e editores. Os
medios máis destacados podían preparar o camiño
para acceder ó poder político, mesmo desde posicións progresistas como sucedería nos anos da
Segunda República, pero os xornais máis humildes
eran tamén a menudo refuxio de fracasados noutras
profesións, ó prezo de sacrificar por un sustento económico outro tipo de ilusións máis nobres. A iso era
ó que se refería Alejandro Lerroux en 1901 cando
afirmaba que o xornalismo soía ser “refugio de fracasados en la literatura, hospital de inválidos de otras carreras, o camino por donde marchan en carrera desenfrenada
las ambiciones políticas” (citado por Mª Cruz Seoane e
Mª Dolores Saiz, ...., p.44). Outras veces a necesidade
dun soporte económico mínimo ou as presións das
autoridades explicaban viraxes políticas tan sorprendentes como as dun Lamas Carvajal partidario
incondicional dos liberais de Vicente Pérez cando sae
á rúa El Eco de Orense para, poucos anos despois,
transformarse en inimigo frontal desas mesmas posicións políticas e abrirse, pola contra, ás teses dos
antes moi criticados conservadores.
Daremos agora conta das súas colaboracións ocasionais no único xornal de Celanova do que temos
constancia da súa presenza: El Correo de Celanova.
Trala súa marcha a Madrid con 14 ou 15 anos (18651866), Curros só regresa a Galicia, para traballar no
xornalismo e na Facenda, no ano 1877, e permanece
en Ourense ata 1883; marcha de novo a Madrid, onde
permanece ata 1893 e logo marcha a Cuba, en 1894,
tras unha brevísima estancia (xaneiro-febreiro 1894)
en terras ourensás (López Varela, 2000, pp.379-380).
A vida profesional do Curros xornalista ourensán,
pois, redúcese a só seis anos, tralos cales as súas
pegadas nos medios locais son colaboracións enviadas desde Madrid ou desde Cuba ou tiradas doutros
xornais. Nese breve período a súa firma estará en
xornais como El Heraldo Gallego, O Tío Marcos d´a
Portela ou El Eco del Liceo, entre outros.
Por outra parte, a vila natal de Curros Enríquez é
quizais a vila da provincia ourensá con menor vitalidade periodística ó longo do século XIX e inicios do
XX. En Verín, por exemplo, sucedéronse ata 15 cabeceiras locais nese período e hai outras 13 en
Ribadavia, e arredor de 6 ou 7 no Carballiño ou no
Barco de Valdeorras. En Celanova, en cambio, só
temos noticias de catro cabeceiras, dúas no século XIX
e outras dúas nos inicios do XX. Serían elas El Correo
de Celanova (1893-1895); La Discusión (1895-1896); La
Voz de Celanova (1909-191?); e El Eco de Celanova (19171919). De todas elas só coñecemos fondos da primeira, grazas a unha colección conservada na Biblioteca
Nacional de Madrid (da que nos pasou unha copia
fotocopiada o amigo Antonio Piñeiro).
El Correo de Celanova foi un semanario editado na
vila natal de Curros Enríquez entre os anos 1893 e
1895 polos grupos de vocación republicana da
mesma. Saiu á rúa o 11 de setembro de 1893 e durou
ata o 12 de maio de 1895, cun total de 68 números
publicados e unha breve interrupción entre agosto
de 1894 e febreiro de 1895 ó ser procesado por
“supuesto delito de lesa majestad”, e logo absolto, o
seu director. Imprentábase no taller ourensán de
Antonio Otero e tiña a súa redacción na na rúa de
Pardo Bazán, 3, de Celanova; subtitulouse inicialmente “Periódico semanal” e logo “Semanario republicano”, editándose os domingos cun total de catro
páxinas, a catro columnas. O seu director e principal
impulsor foi Luciano Meleiro Tejada, que tamén dirixía a Unión Republicana da vila, sendo sustituído
ocasionalmente por Leopoldo Seoane.
Trátase dun xornal de gran interés político, moi
valioso para a información historiográfica das
comarcas de Celanova, Bande e Cortegada. De nidia
propaganda republicana, tivo boas relacións con “El
Derecho” ourensán e moi malas cos medios máis
conservadores, singularmente cos carlistas como “La
Lealtad”; publicou con certa frecuencia colaboracións de Pi y Margall e Emilio Castelar e textos de
Víctor Hugo, o escritor e símbolo republicano falecido poucos anos antes (1885). Nos seus editoriais El
Correo de Celanova pronunciouse pola idea da “redención social por medio de la democracia republicana” (17-II1895) e abordou temas tan relevantes como a divul-
gación do novo socialismo, as causas do anarquismo,
a emancipación da muller, o caciquismo rural, a
necesidade da instrucción pública, a crítica da usura
e da emigración ou a guerra de Marrocos, ademais
da crítica da Monarquía e a defensa constante da
República. Os mesmos títulos da sección editorial
exemplifican o seu carácter combativo e radical: “A la
lucha” (5-XI-1893), “Abajo los tiranos” (12-XI-1893),
“Sólo la revolución” (4-III-1894), “Guerra al caciquismo”
(13-V-1894), etc. Mantivo ademais fortes polémicas
cos xornais conservadores de Ourense e, sobre todo,
co carlista La Lealtad, que dirixía Valentín de Nóvoa.
Este semanario republicano prestou abundante
atención ó seu conveciño poeta e compatriota de
militancia antimonárquica. O poeta colaborou con
escasas prosas, pero significativas. Sorprende non
encontrar poemas do autor no semanario que o loubaba a cotío, para o que aventuramos dúas explicacións. En primeiro lugar, a ausencia case total de textos en galego (só no último número aparece o poema
“As follas secas” de Castor Elices); en segundo lugar,
o semanario, polo seu carácter político, acollía con
certa frecuencia poemas satíricos e de propaganda
republicana de autores locais e non galegos (Eulogio
Jurado Fernández, Enrique Tormo, Manuel Marzal y
Mestre, etc.), todos en castelán, pero raramente
publicaba poemas “non militantes”, limitación á que
quizais Curros non se quixo someter nese momento.
A primeira referencia a Curros neste medio aparece no seu segundo número, o 17 de setembro de
1893, nun artigo de redacción sobre “Las fiestas del
Cristal”: inicíase o texto cun cuarteto de “A Virxe do
Cristal” e unha defensa do poeta lembrando a excomunión do Bispo contra Curros, utilizándose o argumento de que a polémica e condea do libro “Aires da
miña terra” puido, sen pretendelo, contribuír ó
esplendor e concorrencia da romería de Vilanova,
dado que, segundo o redactor, “esa obra que ha inmortalizado el nombre de su autor ha sido leída, lo mismo por
el hombre de ciencia, como por el falto de ilustración; por
el pobre como por el rico; así por el anciano como por el
joven; contribuyendo a esa circunstancia los hechos de ser
el autor hijo de esta villa y el haber desenvuelto una tradición referente al asunto de un sitio conocido. Y tanto como
esto ha influído sin duda el anatema lanzado por el Prelado
de Ourense contra el señor Curros”. O redactor semata
a referencia expresando a súa ledicia polo feito de
sucumbir ante o progreso as insensatas pretensións
ARRAIANOS
27
CURROS ENRÍQUEZ EN EL CORREO DE CELANOVA
tir de Galicia: “Galicia siente también la necesidad de su
defensa, porque siente, como todo organismo, la necesidad
de vivir”. Hai asimismo unha crítica nidia ó que se
define como un “imposible cosmopolitismo, para quienes
el todo puede existir sin la parte, la vanidad (sic) sin la
unidad y sin los átomos el universo”; rexéitase a política
da Restauración e o cunerismo, acusando ós representantes de Galicia en Cortes de defender os intereses da Rioja ou León, “porque allí está la voluntad, el
interés y la familia de su jefe (...) Acabemos de una vez con
esa política bizantina, buscando dentro de nuestra tierra,
en torno nuestro, lo que no hemos encontrado ni encontraremos nunca fuera”. Creo que é un dos textos máis
próximos á conciencia rexionalista por parte de
Curros e unha crítica daqueles que renegan dos intereses galegos en función da “patria grande” e da
“humanidad”, “patria y humanidad que se condensan y
se resumen á la postre en el tanto por cierto del empréstito
que se prepara, en una credencial de Director ó en la sonrisa de gratitud de una dama influtente y generosa”.
de vergonzosas e infamantes institucións arelantes
“de un tiempo que pasó para no volver”.
No seguinte número (3) aparece, en primeira
páxina e en forma de carta ós “Señores redactores de
“El Correo de Celanova” (24-IX-1893) unha longa
colaboración de Curros enviada desde Madrid e
datada o 6 de setembro. O artigo é un saúdo entusiasta á iniciativa de lanzar un xornal republicano en
Celanova, chamado a extirpar “uno de los focos más
perniciosos del caciquismo gallego” en referencia á súa
propia vila natal. Curros afirma que esta iniciativa
debe estar encamiñada “a defender y consolidar la autonomía regional, base y condición necesaria de la prosperidad de los pueblos”, tarefa que se presenta como “santa
cruzada que marcha a rescatar el sepulcro y a vengar la
sangre del Mariscal”. Por riba das súas figuras retóricas, o texto abonda en afirmacións rexionalistas, utilizando mesmo o lema de Monroy “América para los
americanos” e a necesidade da defensa do ser e exis-
28
ARRAIANOS/
CURROS ENRÍQUEZ
/ primavera 06
A segunda parte e remate do artigo adícase a un
tema de gran querencia no poeta celanovés: o seu
iberismo e prolusismo, chamando ós conductores do
novo xornal a facer un labor de “reintegración geográfica” no que respecta a Celanova, Galicia e a
nación irmá Portugal. Parte Curros da definición
como absurda e artificial da fronteira con Portugal,
“trazada por el dedo de la codicia sobre un territorio que
hizo indivisible la naturaleza, y cuando tuvo que aceptarla por virtud de tratados y de pactos solemnemente acordados en ese monasterio entre los reyes de Castilla y
Portugal, hubo de sentir un estremecimiento semejante al
que sentiría si de un tajo le partieran el corazón”. Chama,
pois, Curros a rematar con esa chaga aínda aberta e
rematar coa condición de “raianos” dos labregos de
Celanova, abrindo desde Galicia as mans cara
Portugal:
“Destruid esa “raya”, que separa como una muralla de
odio, una familia de hermanos, convirtiéndola en extranjera, y sobre las ruinas de esa muralla tended el puente por
el cual se comunique y enlace el corazón de Galicia al corazón de Portugal, restableciendo la obra de Dios, que destrozaron los reyes; y haciendo que uno y otro se completen por
justaposición, viviendo en el porvenir como vivieron en el
pasado, unidos por los lazos de la fraternidad y del amor,
según conviene á pueblos de la misma raza y con la misma
historia”.
Curros volve aparecer no xornal, de forma indirecta, meses despois, nun artigo de redacción titulado “Variedades. La ... Pardo Bazán” que é unha crítica á decisión de designar unha rúa da vila co nome
desta escritora, da que o redactor afirma descoñecer
os méritos que legou á mesma para honrar a súa
memoria. O texto é claramente denigratorio da escritora (“hace unos cuantos años que la señora de Bazán vino
a Celanova á correr una “juerguecita”...) e mesmo contén desagradables alusións machistas; ademais sulíñase o agravio da designación cando carecen dese
honor figuras máis vencelladas ás rúas de Celanova
como o médico Fernández Losada e “el inspirado
poeta” Curros Enríquez, “dos hombres que juguetearon
en ellas en su infancia y que han dado fama y nombre al
pueblo que las vió nacer, el uno con sus celebradas poesías,
y el otro manejando el escalpelo para mitigar los sufrimientos de la humanidad paciente” (5-XI-1893).
O 25 de febreiro de 1894 o xornal adícalle un novo
artigo ó poeta con motivo da súa marcha a Cuba.
Sulíñase a súa condición de “periodista insigne” e
“consecuente republicano progresista”, cun labor
destacado en “El País” de Madrid. O asinante do
artigo, o republicano Leopoldo Seoane, afirma asimesmo descoñecer as verdadeiras causas de tan
imprevista resolución, intuíndo que sería o coñecemento perfecto das miserias que encerra unha sociedade corrupta o que animou ó poeta para alonxarse
da súa terra por máis ou menos tempo. Semanas despois dáse conta da homenaxe celebrada á súa chegada a Cuba por parte do Centro Galego da Habana
(“Justo homenaje”, 11-III-1894) e aprovéitase de novo
para salientar que á figura de Curros “no supo tratarle su pueblo natal con el respeto y cariño a que es acreedor”
co agravio de homenaxear pola contra ós que o xornalista califica como medianías e “mamarrachos”.
Xa desde Cuba Curros manda outro artigo longo
en prosa titulado “Croquis literario. Las mujeres del
naturalismo” (17-II-1895), a súa última colaboración
no xornal celanovés. Trátase dun artigo de crítica literaria no que o poeta amosa as súas distancias con
algúns aspectos da estética da nova novela naturalista, en concreto o tratamento da muller en personaxes
como a “Virginia” de Bernardino de Saint Pierre, a
“Corina” de Madame Stäel ou as personaxes literarias “Nana, Gervasia, Safo” de Zola e outros autores,
considerados polos seus autores como “documentos
humanos” e dos que Curros afirma que “serán tam-
bién un día rechazados como documentos falsos, absurdos
o repugnantes por una crítica superior, inspirada en ideales que hoy no se han determinado todavía, pero que llegarán a formularse en el progresivo desarrollo de los conocimientos, en un estado mental más perfecto de las sociedades y en nociones del arte que hoy apenas se vislumbran”.
Parte o escritor da convicción de que poetas e novelistas copian sempre a realidade, pero considera que
a evolución da humanidade, mellorándose e transformándose, fará esquecer estes “siniestros personajes
de las novelas para los cuales guardó el arte sus colores
más sombríos” e que, pese á súa apariencia de realidade no presente en que escribe o crítico, “adolecen, sin
embargo, de lo más esencial a nuestra naturaleza, el libre
albedrío, cuya ausencia les convierte en eternos esclavos de
la fatalidad, seres ficticios, de los cuales cabe sospechar si
fueron creados para halagar convencionalismos en moda o
para producir efectos pasajeros y estímulos malsanos en la
imaginación de los lectores”.
Descoñecemos se este artigo de tese literaria,
publicado nun medio local, foi reproducido moitas
máis veces, anque sabemos que fora xa publicado en
La Tierra Gallega varios meses antes, no n.41 deste xornal, en outubro de 1894 (López Varela, 1998). En calquera caso, no mesmo Curros tomou posición sobre a
polémica provocada polas novas estéticas naturalistas, impulsadas e teorizadas pola súa antagonista
dona Emilia Pardo Bazán, mantendo o poeta celanovés distancias nidias co retrato dos personaxes femininos por parte da nova escola; foi este un dos escasos
debates ó respecto nos medios galegos, anque sobre a
estética naturalista tamén se pronunciaron escritores
como Francisco Álvarez de Nóvoa e Heraclio Pérez
Placer (Martínez Jiménez, 1993, pp. LIII e ss.).
MARCOS VALCÁRCEL
BIBLIOGRAFÍA
- López Varela, Elisardo (1998), A poesía galega de Manuel Curros
Enríquez, Deputación de A Coruña, dous tomos.
- Mainer, José Carlos (1981), La Edad de Plata (1902-1939). Ensayo de
interpretación de un proceso cultural, Madrid, Cátedra.
- Martínez Jiménez, Jorge (1993), edición de Francisco Álvarez de
Nóvoa. Beira o Barbaña. Paisaxes, Sada, Ed. do Castro.
- Seoane, María Cruz e Dolores Saiz, María (......), Historia del periodismo en España, Madrid, Alianza Editorial, 3 volumes.
- Valcárcel, Marcos (1987), A prensa en Ourense e a súa provincia,
Deputación Provincial de Ourense.
- (2001), “Curros Enríquez na prensa ourensá e celanovesa: un xornalista republicano-federal”, en Actas do I Congreso Internacional Curros
Enríquez e o seu tempo, Santiago, Consello da Cultura Galega,
pp. 557-595.
ARRAIANOS
29
A TORRE DE VILANOVA DOS INFANTES
SIGNOS
O
conxunto glyptográfico desta torre
(S.XII-XIII) desperta aínda hoxe a
curiosidade dos visitantes do centro
comarcal Terras de Celanova. A torre foi declarada ben de interés cultural en 1994. Este é o traballo de campo sobre a única parte da antiga fortaleza que quedou en pé tralas Revoltas
Irmandiñas. A Glyptografía é a ciencia que estuda os signos gravados na pedra ou signos lapidarios, o seu número, morfoloxía, técnica e situación. Estas marcas teñen un marcado carácter
simbólico. As marcas e o seu estudo directo nas
construccións, tanto relixiosas coma civís, é un
dos métodos para a análise arquitectónica do propio edificio. A documentación apórtaa a mesma
torre, coa súa situación e emprazamento, a xurisdición ao longo do tempo e os seus elementos
constructivos.
A COMARCA AO LONGO DO TEMPO. Estamos nunhas
terras con numerosos xacementos megalíticos e
castrexos, construcións mozárabes e visigodas,
30
ARRAIANOS/
A TORRE DE VILANOVA
/ primavera 06
LAPIDARIOS
pequenos illotes de racionalidade nun mundo
agrario atrasado; igrexas e mosteiros que eran
células socioeconómicas de explotación racional
do territorio e enclaves culturais, ademáis de
numerosa pontes e construccións militares, coma
a nosa torre. Tamén atopamos en Vilanova (fronte o Centro Comarcal) un hospital da rede viaria
do sur cara a Santiago coa súa función sanitaria,
caritativa e de aloxamento.
A torre está emprazada nun outeiro granítico,
que sirve para unha boa cimentación e para sustraer parte do material do mesmo chan. A perspectiva do entorno desde esta altitude, de cara á
súa función militar e defensiva, é perfecta: domina o señorío, vixía calzadas e pontes e as veciñas
terras do Mosteiro de Celanova. A construcción é
en sillares graníticos ben escuadrados. O plano
da torre é cadrado, e a súa orientación vén definida polos vértices, que están orientados cara ós
puntos cardinais. O conxunto orixinal formábano
outras torres e mailo lenzo das murallas. A base
A TORRE DE VILANOVA DOS INFANTES
ten unha boa cimentación exterior sobre a que se
erguen tres andares ademais do baixo con alxibe,
que recolle as augas dende a cuberta ó traveso
dos muros. Accédese a el pola pranta baixa. O
piso máis alto ten cuberta abovedada, en previsión do lanzamento de proxectís inflamables; os
demais andares interiores tiñan estructura de
madeira. Os vanos, de arco apuntado (gótico)
vanse alternando na súa orientación, un por altura e muro. No exterior tiña matacáns de pedra, a
media altura, no poñente, norte e nacente; e no
alto, as almeas en beirado. A escaleira de pedra
por fóra é unha construcción de época posterior,
aproveitando parte dos bloques das saeteiras,
pois aínda quedan as marcas de posición á vista.
Os accesos orixinais ás portas do primeiro andar
eran móbiles e de madeira.
do da recollida dos exemplos locais coma o que
nos ocupa. Cada dous anos celébranse Congresos
Internacionais de Glyptografìa, algúns deles en
España.
A simboloxía destas marcas foi utilizada coma
linguaxe encriptada (alfabetos segredos) en varios
períodos da Historia. Exemplos disto é o de Mª
Estuario. A raíña de Escocia mantiña correspondencia cos seus aliados mediante un sistema de
Na torre temos arredor de 30 marcas diferentes
en forma e tamaño. A marca é o símbolo que pon o
canteiro, ou ben que define a peza e a súa colocación, ou que diferencia o seu propio traballo, tendo
en conta que sempre subxace a idea de primar a
calidade do traballo ben feito fronte á rendibilidade. Abondan máis as marcas de oficiais e canteiros
libres que as de mestres recoñecidos.
LINGUAXE ENCRIPTADA. Durante anos, foron moitos os autores que recolleron as marcas lapidarias
por toda Europa. Existen máis de 16.000 marcas
diferentes e créese na necesidade de facer o compendio de todas elas, un Corpus Europeo, partin-
signos que eran as formas xeométricas básicas
das sinais dos canteiros, mentres estaba presa na
Torre de Londres, onde permaneceu 19 anos. E
durante o estalido revolucionario francés do
ARRAIANOS
31
A TORRE DE VILANOVA DOS INFANTES
e a xustiza sobre a obra
feita. Podemos dicir que
os canteiros da primeira
torre eran unha sociedade dentro doutra sociedade, a medieval.
século XVIII, os signos masóns
(albaneis) préstanse como elementos de alfabetos segredos
que serven para manter as
mensaxes encriptadas.
Canteiros
OS CANTEIROS.
medievais fixeron a fortaleza
orixinal de Vilanova dos
Infantes. Dos que a reconstrúen trala Revolta Irmandiña, xa
na Idade Moderna S.XV-XVI,
moitos veñen da zona de
Trasmiera (Cantabria) sendo
herdeiros dos seus predecesores no oficio. As marcas perviven e evolúen dende a tradición clásica dos constructores
romanos, que nos seus collegia
fabrorum xa marcaban no ladrillo o obradoiro e o autor.
Miguel Anxo marcaba as súas pedras, e tamén os
mestres franceses que traballaban a pedra. Os
mestres canteiros dirixían as súas loxias e obradoiros con estatutos moi ríxidos, nos que estaban
regradas as funcións, a temporalidade e maila
selección dos integrantes, os períodos de aprendizaxe, os usos relixiosos, a caixa de fondos común
32
ARRAIANOS/
A TORRE DE VILANOVA
/ primavera 06
As confrarías de
constructores, de carácter itinerante, posuían
coñecementos que gradualmente ensinaban ós
membros das ditas
irmandades. O oficio do
pai pasaba ó fillo, e
tamén a súa marca,
engadíndolle algunha
tacha máis; o segredismo no oficio aseguraba
un medio de vida e
regulaba a competencia. O mestre canteiro controlaba todo o proceso, dende a canteira, o acarreo de material, o traballo a pé da obra, a colocación, os planos, as contas, a calidade da obra, e o
que era máis importante aínda, a honra.
Os signos na pedra tamén van evoluíndo porque
están moi ligados ó tipo de material traballado, ás
solucións constructivas empregadas, ó tipo de ferramenta e á súa calidade, ós mestres canteiros, á zona
da orixe deles e ós edificios nos que colaboran e
aprenden.
Trala revolta irmandiña achéganse os mestres
arxinas , cántabros de Trasmiera unha zona que
até o século XVI aínda falaba vasco, e tamén moitos biscainos.
CLASIFICACIÓN DOS SIGNOS LAPIDARIOS (GRAFICO).
Un xeito de clasificación das marcas é polo tamaño. Na Torre de Vilanova as medidas oscilan
entre a marca máis pequena, de 3 por 3 cm, até a
máis grande, de 14 por 8 cm. Moitas veces atopamos o mesmo trazo en varios tamaños e sentidos,
e as marcas van evoluíndo complicando os seus
trazos e aumentando de tamaño.
Estas son
MARCAS PARTICULARES E PERSOAIS.
marcas moi coidadas feitas sen plantilla. É a sinatura que identifica ó autor do traballo e serve
para simplificar o regulamento polo que se lle
paga ós obreiros, por peza feita. A calidade do
gravado das marcas nestas pedras, sen titubeos,
profundo e claro, identifica ó obreiro especializado. As marcas pasan dos pais ós fillos, coa mesma
base e algún trazo engadido.
MARCAS DE POSICIÓN.
Estas marcas indican como
se teñen que colocar as pedras na construcción, ou
segundo estaban no leito da canteira, ou polo seu
especial virtuosismo, como incisións de unións entre
bloques, nos extremos dos muros ou con marcas de
bases para reforzos na construcción.
O destaxo era o sistema
MARCAS DE DESTAXO.
de traballo utilizado nas construccións militares
coma a que nos ocupa. A pedra feita, pedra pagada. Tras este sistema de traballo estaba un calendario laboral influenciado pola igrexa, que ademais dos domingos, tiña 40 días de festa relixiosa
de obrigado cumprimento.
OUTRAS MARCAS. Aparecen de cando en vez pedras
nas que se representan gravados diagramas arquitectónicos do desenvolvemento dalgunha parte do edificio. Son marcas que serven de punto de partida
para o alzado dunha estructura complexa.
MARÍA J. MASCAREÑAS ALONSO
ROTEIROS ARRAIANOS II
MINERÍA E CARBÓN NA RAIA SECA
A
mediados do século XX o corazón da serra do Gerês-Xurés presentaba unha intensa actividade
pola existencia dunha rede mineira e comercial que perviviu até ben entrada a década dos 70.
Carboeiras e carboeiros, mineiros, panadeiros, cociñeiras, comerciantes e contrabandistas tiveron que soportar unhas duras condicións de traballo, cunhas temperaturas ás veces extremas por mor da
altitude destas terras.
A serra era o eixo dunha rede de camiños que percorrían de xeito radial toda esta zona montañosa.
Camiños, trilhos, percursos, carreiros e congostras, levaron á xente dos arredores na procura dun substento que lle permitiu mellorar as condicións nas que vivían polo atraso económico derivado do illamento e
das ditaduras de Franco e Salazar. Unhas melloras, que salvo excepcións, non sacaron á xente da miseria,
polo que moitos tiveron que emigrar a partir da década dos 60, comezando decadencia do rural arraiano.
A actividade mineira destes anos céntrase na producción de carbón e na extracción de wolframio.
34
ARRAIANOS/
MINERIA E CARBÓN NA RAIA SECA
/ primavera 06
MINEIROS
Os mineiros da serra traballan na extracción de volframio, un mineral abundante nestas latitudes e que
nos anos centrais da pasada centuria foi moi cobizado, adquirindo un valor extraordinario. Esto permitiu nalgúns casos xuntar pequenas fortunas, sobre
todo ao principio, cando a producción non estaba
controlada polo réxime.
No ano 1783, os irmáns
QUE É O WOLFRAM?
Juan José e Fausto de Elhagan descubren o wolframio, tamén chamado tungsteno (do sueco TungStem, pedra pesada). Americanos e ingleses empregarán a verba tungsteno, mentres a maioria dos
europeos lle chamamos wolframio (do alemán,
Wolf = Lobo, Ram =sucio, indicando posíbelmente
pouco valor). O mineral non se atopa só, senón
sempre en combinación coa sheelita e a wolframita, abundando en Córdoba e no territorio que
abranguía a antiga Gallaecia.
É un metal duro, maleable, moi dúctil, co punto
de fusión máis alto de todos os metais; é de cor gris
aceirada, malia que en estado puro é branco prateado. Resiste os ataques dos ácidos e ten unha grande
resistencia eléctrica. O seu símbolo químico é o W,
elemento de nº atómico 74.
Emprégase xeralmente na fabricación de filamentos para lámparas de electrodos, resistencias para
fornos eléctricos e aleacións para ferramentas de
corte a gran velocidade. Pero o uso que produciu a
tolemia do metal no período de entreguerras foi
coma endurecedor do aceiro, para blindar o armamento de terra.
Hoxe o 75% do wolframio (en adiante W) utilizado no mundo procede da China.
HISTORIA.
O feito de que este mineral sirva para
endurecer o aceiro fai que sexa moi buscado en época
de conflictos, disparándose o seu consumo a partir dos
anos 40, co inicio da 2ª Guerra Mundial. Esto convérteo
nun mineral de carácter estratéxico, que os dous bandos en litixio queren ter controlado.
A ausencia de W en Alemania fai que os nazis
procuren desesperadamente unha fonte segura de
aprovisionamento, polos atrancos do suministro
dende China e Birmania, en caso de guerra. Esta
fonte atópana en España, reclamándolla Hitler a
Franco como cobro pola axuda económica e militar
prestada en favor do golpe franquista. Sendo a
Gallaecia unha das zonas da Península Ibérica onde
máis abunda o W, logo se converte na fonte de suministro máis importante da Alemania Nazi, que precisaba blindar a súa maquinaria antiaérea.
Destacan as explotacións en Carballo, na Costa da
Morte, en Valdeorras e na Serra do Xurés-Gerês. Ó
principio, centos de familias galaico-portuguesas botáronse ao monte, traballando co pico de sol a sol, para
extraer o mineral e ir amasando unha pequena fortuna.
Pero no caso galego esta tolemia do ouro negro foi cortada de súpeto, cando Franco lle concedeu á familia
Fierro, asturiana, a explotación das minas. Unha vez
que as extraccións se “legalizaron”, os mineiros pasaron a ser “míseros asalariados explotados” , ao abeiro
de grandes familias que se enriquecían á súa conta,
pasando á clandestinidade os que non se adaptaron ós
novos tempos.
A especulación fomenta exportacións masivas
dende Galicia para a Alemania Nazi, sendo a gran plataforma de saída do mineral a praia de Balarés, en
Ponteceso. A partir de 1942, voltou coller certa forza a
clandestinidade, xa que o bando aliado facía operacións
no mercado libre para que o producto non chegase aos
seus rivais. Así entendemos que o prezo se triplicara
ano tras ano, enriquecendo sobre todo a grandes amistades da familia Franco (Idelfonso Fierro, José Martínez
Ortego, conde de Arguilo e pai de Cristóbal Martínez
Bordiu), asemade de fomentar un gran ir e vir de espías nazis polo territorio galaico.
Co fin da 2ª Guerra Mundial caen bruscamente os
prezos, debido a que comeza a chegar da China,
Birmania e Bolivia, tendo un segundo auxe, por mor da
guerra de Corea a principios dos 50, xa que este conflicto dificulta os suministros de Asia Oriental. Co fin desta
guerra, regularízase a situación e prodúcese a verdadeira decadencia do W galego, subsistindo na mina portuguesa arraiana dos Carrís até a década dos 70.
ARRAIANOS
35
MINERÍA E CARBÓN NA RAIA SECA
AS MINAS.
Os dous centros principais de
explotación foron os Carrís (Terras de Bouro) e as
Sombras (Lovios), ao abeiro dos picos máis altos do
macizo Xuresiano: a Nevosa (1548m.) e o Sobreiro
(1538m.), preto dos nacentes que alimentan o Limia
e o Cávado. Outro centro de aproveitamento menor
localízase no val glaciar do río Couçe, na cara sul do
pico que lle dá nome ás minas do Borrageiro. De
aquí parte un camiño ascendente cara a Torrinheira
e alto de Cidadelhe, onde tamén hai perforacións
que seguen os filóns superficiais. Ben certo é que un
bon traballo de prospección daría con moitos máis
lugares de extracción desta especie de ouro negro na
metade do século pasado.
AS SOMBRAS
Ubícanse na vertente oeste do Macizo SobreiroAltar dos Cabrós, a unha altitude de 1250m, nas
fontes do río de Vilameá. A mina componse de
varias extraccións superficiais e unha bocamina
que se adentra na terra, con varias galerías a nivel
que avanzan seguindo o filón. Primeiramente, as
perforacións fixéronse de xeito individual e libre,
con martelo e piqueta. Pero a partir do ano 40 a
situación regularízase, coa concesión da explotación a unha familia de peso na época, os Tejada.
36
ARRAIANOS/
MINERIA E CARBÓN NA RAIA SECA
/ primavera 06
Crearon unha compañía que modernizou as
Sombras pouco a
pouco, chegando a
levar a luz eléctrica.
Construiron barracóns
para dormiren os traballadores e substiuiron o martelo e a broca
de grandes dimensións
dos picadores, por un
compresor para perforar, dotándoos tamén
de candís de carburo.
O volume de rebo
extraído era depositado nunha vagoneta
que o transportaba á
sala de lavado e selección. Alí dispúñase
nunha mesa que o
batía constantemente
ao tempo que tiña
auga corrente que
arrastraba a area, e o mineral, máis pesado, ficaba,
pasando a almacenarse en sacos. O traballo realizábase en dous turnos de 8 horas de luns a venres,
anque hai moitas denuncias de sobrexplotación.
Nos anos posteriores á Gran Guerra a mina deixou de ser rentable e abandonouse. Na actualidade, o complexo está en ruinas, coa casa de máquinas desfeita e a bocamina pechada cun tabique de
bloque, restos de ferros, cristais, vigas, e tres grandes entulleiras. Cabe pensar nas Sombras coma
unha explotación menor comparándoa coa súa
veciña dos Carrís.
OS CARRÍS
Estas minas están na vertente leste do mazizo do
mesmo nome, a unha altitude de 1420m. Explotado
por unha empresa alemana nos inicios da década
dos 40, trátase dun complexo mineiro de gran
capacidade, cunha boa masa de poboación asalariada. Concentra máis de vinte edificacións adicadas a barracóns e outros servizos, unha grande
casa de máquinas para lavado e selección do mineral, e unha bocamina con varios pisos. É posible
que nun principio as extraccións fosen máis libres,
ao xeito das Sombras, dada a gran cantidade de
exploracións superficiais que hai arredor.
A gran mina componse de catro pisos, onde
non había 1º, 2º, nen 3º, senón que se empezaba
a contar dende o 4º, que era o máis alto. Neste
producíase o desmonte de terra por medio dun
compresor, e o volume de entullo xerado baixábase ao 5º, onde tamén había derrube, e de aquí
arrastrábase ata o 6º, que era o máis importante
e onde había unha saída de emerxencia para o
Val das Negras. No 6º, metíase en vagóns que se
introducían nunha gaiola que subía para a croa,
preto da máquina de lavado. Quédanos un 7º
piso con exploración, cun gran pozo central
onde se depositaba o rebo, que logo era recollido para o 6º por medio dun guincho (especie de
escavadora).
A máquina separadora era moi sofisticada, con
7 pisos de lavado onde o entullo ía caíndo dun a
outro, lavándose e separando o mineral do material inservible. Aquí os obreiros seleccionábano e
almacenábano en pequenos sacos.
Os traballadores baixaban á mina nas gaiolas, e
cando faltaba a luz, cousa moi habitual, tiñan que
facelo por medio de escadas. Traballaban a reo en
turnos de día e noite, por semanas alternas, comían
dentro da mina e cobraban por quincenas.
Do volume de traballo xerado nesta explotación, que con altos e baixos durou até a década dos
70, dá boa conta a gran deposición de sedimento
acumulada no Val de Lamalonga, por baixo da
boca de dexección da casa de máquinas, onde ía
parar todo o arrastre do lavado. Acompañando
esta obra construiron unha presa na cabeceira da
corga de Lamalonga, aproveitando a auga do proceso industrial de lavado do mineral.
Actulmente os Carrís son un gran exemplo de
arqueoloxía industrial a recuperar, corroéndose
nun espazo esquecido que envolve ao visitante
noutro tempo, nunha atmósfera de misticismo,
profundidade e silencio.
BORRAGEIRO
Sitas no nacente do pico do mesmo nome, a 1224
m. de altitude, no val glaciar de Couçe, trátase
dunha explotación menor e máis antiga cá dos
Carris, baseada exclusivamente en exploracións
superficias seguindo os filóns. Traballábase indi-
ARRAIANOS
37
MINERÍA E CARBÓN NA RAIA SECA
vidualmente, declarando ao final do día a cantidade extraída, pola que se adoitaba pagar unha taxa.
A este pequeno complexo pertencen tamén as
extraccións superficiais de Torrinheira e
Cidadelhe, ás que se accede pola portela entre o
Corgo das Mestras e o Corgo da Arrocela, por
medio dun carreiro que sae das minas do
Borrageiro.
CARBOEIROS E CARBOEIRAS
O ancestral xeito de fabricación do carbón viuse
desbordado a partir de 1940, por mor do incremento da demanda do producto que até entón
acostumaba ser para uso propio. A xente dos
pobos dos arredores da serra aproveitaron esta
demanda para incrementar a súa economía coma
complemento
do
sistema
agro-pastoril.
Actividade paralela en moitos casos coa extracción de W.
A ferramenta prinO PROCESO DE FABRICACIÓN.
cipal dos carboeiros era a peta, aparello de mango
con dúas funcións: cortar e cavar. Por un lado é un
machado e polo outro unha sachola. Con ela facíase
no chan un pozo pouco profundo, arredor de 50 cm
de fondo, cunha rampiña de acceso, á beira da cal se
38
ARRAIANOS/
MINERIA E CARBÓN NA RAIA SECA
/ primavera 06
pelaba unha pequena
aira. Posteriormente, co
machado
cortábase
unha pouca leña e moitos torgos (raices das
urces). No fondo do
pozo
depositábase
“unha leñiña” e por
riba dela os torgos,
púñaselle lume e deixábase cocer unhas 6
horas até que o carbón
se facía. Para apagar
abafábase con terra,
dado que a auga fendía
o carbón e derramábao.
Cando estaba ben abafado, quitábase pola
rampiña para a aira cun
angazo de ferro e metíase en sacos. De seguido era transportado
para as zonas de recollida, que dependía das
de producción. Nalgúns casos coma en Requiás, deixábano enfriar e levábano ao día seguinte.
AS ZONAS DE PRODUCCIÓN. Variaban segundo os
pobos, tendo sempre como radio de acción as cotas
máis altas da Serra, dado que o volume de poboación
da época supuña unha maior presión sobre os recursos do monte, e as uceiras quedaban relegadas ás
zonas máis alonxadas. Así, temos carboeiras e carboeiros de toda a contorna na Nevosa e nos Carrís, quedando cotas algo máis baixas para aproveitar segundo a distancia ao pobo máis preto. A grandes trazos
podemos dicir que Sampaio Bouzas e Brindelo producían en Prado Seco, no coto do Arcediano e nas
Lamelas. Gustumeau, A Regada e Sáa, na Abelleira,
nas Lamelas, e na Nevosa. Puxedo e Guende nas
chairas de Fontefría, As Gralleiras e na Teixeira.
Salgueiro e Alvite, en Fontefría e nas Gralleiras, igual
que Requiás, Guntumil e Tourem, que a maiores producían no Pisco. Os de Pitôes da Junias aproveitaban
as uces da falda leste do macizo Gralleiras-Fontefría,
así coma o Cabeço do Fitoiro, entre outros. Os de
Lovios, Vilameá, A Devesa, Bubaces e Torneiros,
acostumaban faer o Carbón no Sobreiro, Altar dos
Cabrós, Corvelle ou Pión de Paredes, e logo xa o baixaban polo camiño de Porta Paredes, que ía ás
Sombras dende Vilameá. Por outra banda, na zona
sur da Serra, as carboeiras e carboeiros de Fafiâo,
Ermida, Pincâes e Cabril faíano na zona dos Carrís,
aproveitando que xa subía un camión á súa procura
dúas veces por semana, con destino a Porto. A
mesma técnica seguíana os das freguesías de
Paradela e Outeiro, aínda que estes tamén producían
en cotas máis baixas, cara a Montealegre.
AS ZONAS DE RECOLLIDA. Estas establecíanse en función da distancia. Así había seis puntos principais:
·Lovios: no propio pobo e na desaparecida
ponte da Malleta (pagaban algo máis), aquí viñan
co producto de Torneiros, Padrendo, Bubaces, A
Devesa, Vilameá, Gustumeau. A Regada, Sáa,
Sampaio, O Reguengo, Prencibe, Esperanzo, e do
propio Lovios.
·Porto Quintela (antes do encoro) e Cados (despois): recollíaselle principalmente aos pobos de
Puxedo, Guende, Alvite, Salgueiro e A Cela; por
veces tamén aos de Sampaio que xa baixaban por
aquí directamente da Serra.
·Bande: aquí viñan os de Requiás e Guntumil,
ao día seguinte en burros, tras deixalo enfriar pola
noite no monte.
·Loureses: tamén era o destino frecuentado por
Requiás, Guntumil e Randín.
·Montealegre: co mesmo medio de transporte
acudían os carboeiros e carboeiras de Paradela,
Outeiro e Pitôes das Junias.
·Os Carrís: aquí subía un camión a recoller o
carbón dúas veces por semana, feito que aproveitaban os portugueses para vendelo e non ter que
carrar con el ao lombo ou en burro.
OS POBOADORES
Foron os grandes artífices desta precaria industria
xuresiana do século xx. Mulleres e homes que partiron o lombo picando ou percorrendo a serra con
sacos de carbón ou de W. Temos a testemuña de
José Antonio Dacunha (Pitôes das Junias): “iamos
traballar a pé dende Pitôes até os Carris, tardabamos tres horas e media, e así todas as semanas,
con choiva e neve. Alí traballabamos oito horas e
media e despois aínda faguiamos o carbón, ¡érache moi duro!”.
Tamén había moita clandestinidade, que existíu sempre, mesmo cando as minas estaban en
plena producción. Así, déronse casos de detencións polos carabineiros de mulleres e homes que
ían extraer o W pola súa conta, en pequenos bloques que vendían clandestinamente. Testemuña
de Manuel Vázquez Rodríguez (Lovios) falando
do ano 1951: “cando extraiamos o mineral por
libre, nas Sombras, cun martelo, saían anacos que
pesaban moito, e metiámolos en saquetas de 2030 kilos, e baixabámolo ás costas ou en burros até
Vilameá, onde o gardabamos nunha granxa até
que se negociaba. Había moitos carabineiros
vixiando, polo que un de nós tiña que facer
garda, e co diñeiro recaudado polo mineral pagábaselle un xornal proporcional entre todos.
Moitas veces baixabamos sen nada. Na companía
gañabamos 14 pesetas e traballabamos oito horas,
anque moitas veces aproveitáronse de nós e traballamos de sol a sol, e como daquela non se
podía protestar, se non xa sabías o que che pasaba. En ocasións obrigáronnos a levar sacos de
mineral para os Carrís que intercambiamos por
bidóns de gasoil que viñan ás costas”.
Dada a gran necesidade de cartos que había, as
mulleres ían ás chinas ao entullo, despois de que este
pasara pola máquina de lavado e selección. Os traballadores durmían onde podían, xeralmente por
baixo das pedras, até que se creou a compañía que
fixo os barracóns. A comida subíase en cabalerías e
había unha cociñeira nas Sombras (Beatriz Vieira
Fernández) que cociñaba para os obreiros a turnos,
e que prefire non lembrar aquel tempo.
Nas Sombras traballou xente da zona, pero
tamén do Carballiño, Xinzo, Ourense, Celanova,
Portugal... Nas horas libres os obreiros aproveitaban para facer algún saquiño de carbón e baixalo,
co obxectivo de sacar diñeiro extra para a fin de
semana, dado que o que gañaban alí, tíñano que
ARRAIANOS
39
MINERÍA E CARBÓN NA RAIA SECA
entregar na casa para sustento da familia. O carbón
tamén serviu como moeda de troco, por patacas,
leite, bacallau, etc.
Como había que apurar a baixar o carbón, para
que non se botara a noite, en moitos casos non se
sofocaba o xusto, por iso os entrevistados recordan
que era moi frecuente que prendera lume de novo
na saca, con máis dun apuro para algún. Desto deu
testemuña María Pérez de Gustumeau, que foi ao
carbón na década dos 50.
Raúl da Silva González, de Sampaio, lembra
que aquí ía toda a xente ao carbón, mesmo até hai
10 anos, para facer lume na forxa co gaio de apuntalar a ferramenta. A súa dona María Pérez Paz
lembra: “era duro, pero era moi bonito, andabamos
todo o día alegres e cantando, viñamos negros
coma carbuzos, lavabámonos un pouco e iamos á
festa”.
Segundo Andrade Costa, de Parada (Outeiro):
“ás veces había conflictos porque viñan os galegos
facer o carbón ata Biduiça, (xa en territorio portugués), aínda que nunca chegamos a baternos”.
A xente de Covelâes, Selheze, Donôes, Mourilhe,
que xa non era carboeira, formou parte da precaria
estrutura comercial que se montou nos Carrís, xa
que lebavan comida, bebida, tabaco, roupa e outros
40
ARRAIANOS/
MINERIA E CARBÓN NA RAIA SECA
/ primavera 06
produtos. Para comerciar, tiñan que sacar o que se
chamaba unha “guía”, e pagar por ela no posto de
carabineiros en Montealegre para non infrinxir a
norma e converterse en contrabandistas.
OS CAMIÑOS
A rede de percursos que había na serra a partir da
década dos corenta era impresionante, mesturándose camiños vellos, romanos, medievais e modernos, formando unha gran maia que tiña como centro o eixo do macizo Galaico-Portugués SobreiroNevosa, cruzándose á súa vez con outros carreiros
que, na procura de productos para o contrabando,
atravesaban a fronteira política entre Galicia e
Portugal. Neste traballo, analízanse estes camiños
individualmente para coñecermos o traxecto que
seguían os que ían traballar ós Carris e ás Sombras,
dende as diferentes áreas de poboación suministradoras de man de obra:
1. CAMIÑO DE PORTA PAREDES. Este era o itinerario
seguido polos traballadores chegados da zona noroeste da serra, como Vilameá, Torneiros, Bubaces,
Padrendo, Compostela e Lovios. O camiño parte
de Vilameá, ascendendo pola marxe esquerda do
río do mesmo nome, entre este e a Ermida da Nosa
Señora do Xurés, até a
ponte
de
Porta
Paredes. Aquí, cruza o
regato, e segue ascendendo sempre á beiriña do río e ao abrigo de
Pión de Paredes, até as
Sombras,
salvando
750m. de desnivel.
2. CAMIÑO DE PITÔES
DAS JUNIAS AOS CARRÍS.
Sae do pobo en dirección oeste, case recto
até o obxectivo. Tras
unha preciosa baixada
entre carballos até o
Ribeiro do Beredo,
ascende até a fraga de
S. Joâo, que bordea
polo sul, para subir ó
Porto de Candela,
onde xa se divisa o
destino. Dende aquí
hai que armar as pernas, pois extrémase a dureza
ao baixar e subir de xeito case sucesivo catro vales,
Corgo das Lamas, Corgo das Lamelas, Ribeiro de
Biduiça, e Ribeira das Negras, para entrar nos
Carris pola cabeceira do Val de Lamalonga.
Dende Pitôes había outra posibilidade de acceder
aos Carrís pola calzada romana dos Fornos, que
chegaba até as chairas dos Fornos. De seguido, un
carreiro ascende á Portela de Fontefría atravesando
entre a mítica fraga de Brazalite e a roca Sendeia.
Dende a Portela dá un xiro de 90 grados, para ir
cresteando pola Teixeira e Lamelas, case seguindo
os marcos da fronteira até o curral da Nevosa, xa á
beira dos Carrís.
3. CAMIÑO DENDE SAMPAIO, BRIÑIDELO E BOUZAS.
Este roteiro sae de Bouzas, e atravesando o Regato
da Fonte Fría, vai empedrado até a chaira de
Prado Seco, dende onde baixaban a herba en
carros. Ascende até Lamelas e vai cresteando até a
portela da Nevosa, lugar ao que subían a miúdo
para facer carbón.
4. CAMIÑO DENDE PUXEDO E GUENDE. Ascendía
enlousado practicamente até a Portela de Fontefría,
pasando preto do foxo do lobo e adentrándose na
serra polo estreito paso do coto da Águia, antes dos
currais de Fontefría. Xa dende a cima é de supor
que iría cresteando até a Nevosa, aínda que non
temos referencias de obreiros que se desplazasen a
traballar ás Sombras dende aquí.
5. CAMIÑO DENDE REQUIÁS, GUNTUMIL E TOUREM.
Tampouco hai referencias de traballadores de aquí
nos Carrís nin nas Sombras, pero sabemos que
subían facer o carbón até as Gralleiras e Fontefría.
Accedían pola Barxa, ascendendo pola marxe
dereita do Regato da Ponte Nova até atravesar o
mesmo e subir, pola marxe esquerda, ó Boqueiro
do Iribo por onde se entra no val dos Fornos e se
pode subir a Fontefría e ás Gralleiras.
6. CAMIÑO DENDE GERÊS E PORTELA DE HOMEN.
Subindo polo val glaciar do río Homen, unha pista
de terra e pedra feita para acceso á explotación,
leva directamente aos Carrís.
7. CAMIÑO DE FAFIÂO, PINCÂES E CABRIL. O inicio está
bastante confuso e polas referencias toponímicas
recollidas faería falla un traballo de investigación
para situalas. Así e todo sabemos que partían de
puntos diferentes dos tres pobos, confluíndo os tril-
ARRAIANOS
41
MINERÍA E CARBÓN NA RAIA SECA
Biduiça. A partir de
aquí, unha dura ascensión
sitúanos
nas
Rochas de Matanza, xa
no val das Negras;
aquí, perto da cabeceira está a portela de
acceso á chaira de
Lamalonga, por onde
subimos aos Carrís.
hos en Porto de Laje, para ao pé das Sombrosas,
ascender á Lagoa e adentrarse no impresionante val
glaciar de Couçe, onde tamén se ubican as minas do
Borrageiro. Deixando ao ponente o circo glaciar de
Cocôes de Coucelinho, proseguía até Lamas de
Homen, para dende aquí subir aos Carrís pola pista,
ou ben pasar até as Sombras pola Portela da
Amoreira .Este roteiro era o que maior desnivel salvaba, con máis de 1100m.
8. CAMIÑO DENDE ACEVEDO, LAPELA E XERTELO.
Mesmo roteiro que o seguido polos que viñan da
outra beira do río, de Peneda, Covelo e Ferral, que
cruzando o Cávado na ponte de Peneda, ascendían
até Pinedo, e atravesando o Ribeiro de Penedo
internábanse na serra polo nacente de Terra Brava
e Lajes dos Infernos. Seguidamente ascendían ao
Porto de Laje dos Bois, que daba entrada polo sul á
chaira de Sesta de Lamalonga, ollando xa ao fondo
os Carrís e chegando polo Salto do Lobo.
9. CAMIÑO DENDE SIRVOZELO E CELA. Mesmo camiño
seguido polos mineiros de Paradela, Ponteira,
Fiaês do Rio, Regoço, Carrais.... Saíndo da Cela
ascendía pola Picota até a Portela de Ramos e por
Entre Caminhos chegaba até o fermoso curral de
42
ARRAIANOS/
MINERIA E CARBÓN NA RAIA SECA
/ primavera 06
DENDE
10.CAMIÑO
PARADA, OUTEIRO E
PAREDES. O percurso ten
o mesmo punto de partida que é o roteiro do
contrabando que ía
dende
Parada
até
Sampaio e Bouzas, pero
tras pasar a ponte de
Casarelhe collía rumbo
Noroeste seguindo o
Ribeiro da Teixeira,
mentres que o dos
Carris ascendía pola marxe esquerda do Ribeiro de
Dola, atravesando os montes de Verdugo e Pejeiroz,
até o curral de Biduiça. Dende aquí unha dura ascensión até as Rochas de Matanza, no Val das Negras,
que cruzaba por unha Portela até a chaira de
Lamalonga, dende onde subía ós Carrís.
A práctica do sendeirismo,
ROTEIROS ARRAIANOS.
hoxe concebida coma unha actividade de ocio,
ancestralmente foi unha necesidade de vida. Os
nosos antergos arraianos desenvolvéronse polo
monte coma peixes na auga, institucionalizando
camiños, trilhos, carreiros e pasos que na súa meirande parte se esqueceron ou se perderon entre o
mato. Sería unha inxente e interesante labor recuperar estes camiños coma unha mostra de respeto
e á súa vez de homenaxe aos nosos antepasados,
que cos seus coñecementos e habilidade contribuiron a crear a mítica historia arraiana.
Son moitos os percursos pedrestes que se poden
levar a cabo, como vimos antes, relacionados co día
a día dos mineiros e carboeiros. Persoalmente paréceme máis interesante o roteiro que engloba os complexos Sombras-Carrís, que alén diso serve de acceso
ás cotas máis altas da serra (Nevosa-Sobreiro),
podendo coroalas sen grande dificultade técnica.
O marco onde se desenvolve a camiñata atópase no corazón do macizo Gerês-Xurés, integrado no Parque Nacional da Peneda-Gerês e no
Parque Natural da Serra do Xurés, na cabeceira
de dous vales de forte modelado glacial, o val do
río Homem e o do río de Vilameá.
Durante o Cuaternario producíronse moitas
oscilacións climáticas, con periodos moi frios, e
intervalos máis cálidos. Dado que estes fenómenos foron estudados con intensidade nos afluentes do Danubio, foi de onde colleron as súas nominacións: Günz, Mindel, Riss e Würm. Parece que
esta última glaciación, que marca o fin do
Pleistoceno e o comezo do Holoceno (a nosa era
xeolóxica), foi a que máis afectou á nosa Serra,
dende o ano 110.000 a.c. ata o 10.000 a.c.
Durante a glaciación, o casquete polar chega até
o norte de Francia, con zonas máis meridionais
afectadas nos seus sistemas montañosos, como é o
caso do Macizo Gerês-Xurés e Serra do Leboreiro.
A capa de xeo asentouse nas cotas máis altas da
serra, dándolle o actual modelado, con múltiples
mostras da pegada glaciar (Val das Negras, Circo
de Cocôes de Concelinho, Ribeiro da Avelheira,
Fichinhas e Sombrosas, Corgo do Mouro, Lamas de
Vez). Por outra banda, dadas as temperaturas máis
suaves desta área peninsular, os xeos adquiriron
grande mobilidade, formando linguas de gran lonxitude, que arrastrando sedimentos perfilaron
vales coma nos casos dos ríos Homem e Vilameá.
FOLLA DE RUTA.O percurso comeza xunto
aos miliarios que marcan a Milla XXXIV
da Vía Romana que unía as cidades de
Bracara Augusta (Braga) e Asturica
Augusta (Astorga), definida no Itinerario
de Antonino coma Via Nova. Tras un
pequeno tramo de estrada (500m.), chegamos ao río Homen, onde nos agarda un
pronunciado ascenso de 3 h., que nos
coloca nos Carrís, percorrendo a antiga
pista que serviu de acceso aos vehiculos
de aprovisionamento que chegaban ás
minas.
O camiño ascende polo espectacular val do río Homem, con marcado perfil
en U, polo forte modelado glaciar que deixou paredes verticais de máis de 200m. O
río furou e formou magníficas pozas de
auga cristalina, de cor verde esmeralda,
que en época estival invitan ao baño. É
importante non esquecerse de encher as cantimploras na fonte da Abilheira, a un kilómetro de iniciarse
o ascenso, que é duro e precisa de auga. Dentro da
grandiosidade da subida chaman a atención fundamentalmente dúas cousas.
A acusada presenza de masa autóctona de
ribeira, do río Homen e dos regatos que o alimentan, con predominio de acivros, érvedos, acereiros, teixos e carballeiros. Destacando a acumulación de teixos do Ribeiro do Cangarouço, a media
ascensión. E tamén, a gran cascada de auga que
se debruza dende o Curral das Alvas, vencendo
un desnivel de máis de 200m. de caída, e que
vemos aos 5 km de ascensión despois de pasar
tres curvas de ferradura.
Xa nos Carrís, hai que ollar as ruinas do complexo mineiro e achegarse até a casa de máquinas, na
parte máis baixa da explotación, dende onde se divisa o Val de Lamalonga, con todo o sedimento saído
do lavado do mineral, depositado por riba. Tamen é
preciso subir até a presa onde se acumulaba a auga
empregada no lavado do W. Dende o muro do encoro temos unha magnífica vista do circo glaciar que
pecha o Val das Negras. Dende aquí ofrécenselle ao
camiñante dúas opcións:
ENCORO DOS CARRIS DENDE A NEVOSA:
Situados na presa, subir até o Sobreiro, segunda cota
máis alta de todo o macizo con 1538m, e baixar polo
ARRAIANOS
43
MINERÍA E CARBÓN NA RAIA SECA
muro que divide política e administrativamente
Galicia de Portugal, até a Portela da Amoreira.
Dende os Carrís, retroceder un kilómetro e medio,
e bordear polo oeste o cordal Carrís-Sobreiro,
seguindo un sendeiro marcado con mariolas
(pedras amontoadas unhas por riba das outras, que
dende tempos ancestrais, veñen sinalando os camiños na serra), até a Portela da Amoreira.
Na Amoreira quedan restos dun xeito de vida
pastoril case extinguido, baseado nunha especie
de seminomadismo de verán, na procura de pastos novos para o gando. Aquí temos un curral
pechado con pedras chantadas intercaladas entre
muros de mampostería, onde se recollía o gando
pola noite despois de pacer todo o día ceibe. No
interior do curral hai unha chivana de pedra,
para durmir os pastores encargados do gando.
Estas chivanas difiren en matices, segundo as
diferentes áreas da serra, sendo ésta unha construcción circular a base de pedras de tamaño
mediano, que se van pechando nunha falsa cúpula, e cunha entrada adintelada orientada ao
nacente. Por riba ten unha capa de manto vexetal
para illala do frío. Dentro refuxiábanse os pastores encargados da veceira de cabras, normalmente dous ou tres, que se turnaban por días cos
outros pastores do pobo segundo o número de
cabezas, coidando así de todas as manadas do
pobo organizadas na veceira, coma unha mostra
do comunitarismo agrario existente na zona.
Cruzada a portela, un sendeiro a media ladeira vaise internando no val glacial do río de
Vilameá co seu característico perfil en U, até o
complexo mineiro das Sombras, onde se ven
entulleiras, restos de ferruxe, máquinas e as ruinas do edificio de servizos. Baixamos da explotación por unha pista paralela ao río da Amoreira,
até chegar ao cruzamento con outra pista tras
pasarmos unha barreira. Aquí ofrécensenos dúas
posibilidades, ou ben baixar polo río Vilameá,
que é o máis convinte e vistoso, ou ben seguir a
pista de terra á esquerda, que nos conduce ao
punto de partida.
·Opción A (río Vilameá). Para esta posibilidade deberiamos ter deixado un carro en Vilameá
de Río Caldo, para poder ir recoller o outro á
Portela do Homem. O camiño, chamado de Porta
Paredes, baixa coma un tiro pegado á marxe
dereita do río até a ponte. Deixando atrás rochas
44
ARRAIANOS/
MINERIA E CARBÓN NA RAIA SECA
/ primavera 06
con agullas e fendas angulosas producidas polos
xeos do Pleistoceno e pequenos depósitos morrénicos. Asemade as augas cristalinas do río van
invitando ao baño constantemente. Cruzada a
ponte de Porta Paredes, é importante fixarse no
camiño para non subir á capela da Nosa Señora
do Xurés, senón coller un carreiro á dereita que
nos leva, a media ladeira, até unha estrada preto
do pobo.
·Opción B (pista que leva ao punto de partida).
Non ten perda, vai serpenteando directamente até
a estrada que vai de Lovios a Portela do Homem,
con grande interés paisaxístico e ambiental. A volta
por aquí, ten moito menos encanto que a opción A,
e alén diso faise moi longa, que é algo a ter en conta
despois de levar horas camiñando.
FICHA TÉCNICA
Dificultade: Alta
Tempo: 7-8 horas
Desnivel: 750 m.
Carta Militar de Portugal:
folha 31, Outeiro (Montealegre)
folha 18, Pitôes de Junias (Montealegre)
Mapa Topográfico Nacional de España:
1:25.000, Lovios, 301-III
1:25:000, Portela de Home, 336-I
VALORES: paisaxe, vexetación, etnografía, xeoloxía e arqueoloxía industrial.
ARREDORES: Muíños e pozas de Vilameá, Vía
Nova, Roteiro da Corga da Fecha, Mata de
Albergaria
VEXETACIÓN: Teixos (taxus bacata), acereiros (prunus lusitanica), acivro (ilex aquifolium), capudres
(sorbus aucuparia), érvedos (arbustus unedo), bidueiros (betulea alba), carballos (querqus pirenaica),
sobreiros (querqus suber),piñeiros (silvestris e pinaster),amieiros (alnus glutinosa), salgueiros (salix),
ademáis de ericáceas, violáceas, liliáceas, e outras
plantas subalpinas.
DAVID PÉREZ LÓPEZ, ARQUEÓLOGO E ETNÓGRAFO
FOTOGRAFIA
LUANA FISCHER
ARRAIANOS
45
JUAN JOSÉ MORALEJO
AS CAMPÁS DO VAL DO DEVA
O
meu val do meu Deva ¡todo é meu, porque con Rilke digo
que a miña infancia é a miña patria! é a felicísima confluencia que xa está aludida nun documento do ano 1233
no Tombo do Mosteiro de Fiães: ad rivulum de Deva et ad mestas de
Ginizo, pois esas (augas, quizais ambas) mestas ou mesturadas nese
Ginizo hoxe Xinzo, son as do río Grande ou Deva, que baixa do
Outeiro de Augas, e as do río de Crespos ou de Gorgua, que baixa do
Aguillón e da Basteira, e conflúen nun topónimo, Entrerríos, dos que
lle puñan a Fernando VII para lucimento etimolóxico da Súa Católica
Maxestade.
De Entrerríos era Adolfo Merelles, un home que daría material abondo a Pardo Bazán, Valle e Cunqueiro xuntos. Moito habería que latricar na súa vida e milagres, pero abonde con recordar que foi, se cadra, o crego de misa
mais rápida na Historia Universal da Igrexa Católica, e din que aprendera a lingua alemana polo expediente de chaparse o diccionario, e contan que no Seminario de Ourense estudara clandestinamente Filosofía e Letras sentado
polas noites no escusado, cun cabicho de vela para ver e cos pes nun caldeiro de auga fría para se non durmir.
O meu amigo Adolfo Merelles enterrouse en San Pedro da Torre, por riba de Entrerríos, a carón da fermosa igrexa na que cómpre entrarmos para ver o que alí deixaron en 1812-1813 os escultores Xosé Ferreiro e o seu xenro Vicente
Portela. Pero o mellor de San Pedro é estar na punta da barbacá que arrinca de Os Mociños e remata en miradoiro de
privilexio para pormos bébedos os ollos na gloria da miña patria. Estou vendo, ou facendo que vexo por licencia poética e antollo cordial, arriba á dereita, San Pedro de Leirado, outra boa igrexa que xa era Leirado nos documentos do
Mosteiro de Ramirás e igrexa con campás de moito pentello, que é o que hoxe importa.
A man esquerda vexo ou fago que vexo o pequeno Trado, ou nada pequeno, senón ilustre a cachón, porque alí
naceron miña nai e os seus oito irmáns. Trado é Talatro no Tombo do Mosteiro de Celanova e vai ti a saber se ten
algo ver co trade e qué furarían alí os meus “antepasmados”. O caso é que Trado, San Paio de Trado, ten igrexa
pequerrecha e con campás de badalada de contratenor, badalada pouco solemne. Trado déitase na aba do monte que
de Crespos vai caer xa no Miño e, asomado a todo o val, ten a boa acústica que precisa esta chilindrada miña das
campás do meu val do meu Deva.
En Trado e arredores era médico o meu avó, Don José,
ou tamén Don Pepito, con irmáns Dalmiro, Enriqueta,
Narcisa e Adelina, é dicir, do calendario no que faltaba
moito para inzaren os Igores e as Vanessas. Xa contei que
o meu avó tiña que saír ás tantas da madrugada a cabalo
para facer a visita por toda a aba de Penagache e da
Basteira e entrar tamén nun par de aldeas portuguesas. E
tiña que ser home valente porque nunha noite de lúa
chea atendeu a invitación dun brazo branco que o chamaba desde o fondo do cemiterio na beira do camiño que
el levaba cara a Crespos e alá foi... O brazo branco resultou ser o rabo dun burro que andaba solto e foi pacer
entre as tumbas, e, se a cousa agora vos parece chusca,
preguntádevos que fariades vós na ocasión por moita
burla que antes fixésedes da Compaña, dos aparecidos e
dos que cren nesas cousas.
O meu avó era o único que daquela recibía o periódico en Trado e, cando o tiña lido, pasáballo a un parente que
na praza, na banqueira do cruceiro, lía para un corro de interesados e fíxose inmortal no arquivo familiar porque
46
ARRAIANOS/
AS CAMPÁS DO VAL DO DEVA
/ primavera 06
trabucou a entoación e deixou intrigado o auditorio coa novidade dun general Mirandolas que non pasaba de ser o
general mirando las tropas en revista regulamentaria. O pai do meu avó era o que daquela chamaban “zuruxán”, é
dicir, unha mestura do que hoxe son o ats e o albeite. O avó do meu avó era “O Paneiro”, é dicir, un castelán de
Tierra de Campos e do comercio ambulante de panos, pero casou e asentou en Trado. E pola liña feminina fique
constancia de que o meu avó era un Puga con parentes hasta Ximonde, no Ulla, e, polo tanto, a confirmación de que
no meu ADN xa estaban prescritas as teimas polas que devezo.
E remato o repaso do meu val do meu Deva con San Martiño de Valongo, unha boa igrexa barroca que debe algo da súa pedra ó agostiño Frei Domingos de Vergara, natural de
Valongo e arcebispo de Bogotá no XVIII. As campás de Valongo son de badalada grave pero
capaz de se facer sentir en todo o val. Subindo de Valongo cara a Celanova está Casares da
Virxe, onde naceu o meu bisavó Manuel Álvarez, o Tortuga, carpinteiro en Cortegada e que
un bo día acordou que xa estaba ben de fame e tivo en Buenos Aires a sorte e mais o éxito
ós que en definitiva lle debo eu podervos contar estas memorias gratas, tan repetidas na
casa polos maiores que ós de segunda e terceira xeracións nos parecen vivencia propia.
E vamos xa co conto das campás do meu val, unha leria con que o meu avó entretiña ós fillos cativos cando sentían todas as campás do val tocar no Angelus e cousas así.
A campá seria e solemne de San Pedro da Torre daba noticia de que
En San Pedro morreu unha vella,
en San Pedro morreu unha vella...
E a campá de San Pedro de Leirado, tamén grave, preguntaba curiosa:
¿E qué deixou?
¿E qué deixou?
A campá de San Pedro da Torre dicía que non era moita a herdanza da difuntiña:
Unha manta vella
Unha manta vella
Unha manta vella
Es as campás miúdas de Trado puñan a súa badalada entre lercha e pelicas:
¿E cómo a pensan partir?
¿E cómo a pensan partir?
E entón daba o seu dictame inapelable, as súas badaladas de baixo profundo, San Martiño de Valongo:
¡De longo a longo!
¡De longo a longo!
¡De longo a longo!
Velaí tendes unha bonita chilindrada que me repito todas cantas veces sinto esas campás cando vou do
Cantiño a Entrerríos facéndolles as beiras ás troitas, miñas señoras, e elas responden facéndome a puñeta,
que é unha factura na que son expertas e nunca improvisan, pois sempre teñen a unha de garda para que lles
dea aviso de que chego eu ó río e poder elas practicar o que levaban todo o inverno a ensaiar.
ARRAIANOS
47
BANDEIRAS ARRAIANAS
48
ARRAIANOS/
BANDEIRAS ARRAIANAS
/ primavera 06
ZÉ TOMÉ
ARRAIANOS
49
UNHA PEQUENA APROXIMACIÓN Ó POBOAMEANTO
E Á ARQUEOLOXÍA MEDIEVAL NO V A L A L T O D O D E V A
que el territorio estaría
despoblado y al rey le interesaba que esta zona colindante con Portugal estuviese lo suficientemente
habitada como para que no
se produjesen sorpresas
bélicas.
E
ste traballo nace coa intención de achegarse ó mundo medieval nun espazo da
comarca de Celanova moi interesante
debido á ausencia de calquera investigación previa (tanto no que se refire a aspectos históricos
como incluso artístico - monumentais) ou á existencia de abundantes datos documentais dentro
das coleccións de San Pedro de Ramirás e San
Salvador de Celanova.
Esta teoría non nos
merece máis que unha
crítica radical. O Tombo
de Celanova (TC) amósanos a existencia da
práctica totalidade das
entidades de poboación
actuais. Daqueles territorios situados dentro
do coto xurisdiccional
de Celanova, nesta
época os espacios marxinais do val en torno ás
poboacións de Albos,
Cexo Bangueses Gorgua e Monterredondo, posuímos unha información ceda, xa que o TC arranca de
mediados do século X.
O primeiro síntoma dun poboamento que pode
vir de antigo témolo cando Zenserigo doa a
Menendo (irmán de Rosendo) a cuarta parte das
súas villae, entre as que se atopaba Bangueses.
Respecto ás fontes empregadas, ímonos centrar
nos Tombos de Celanova e San Pedro de Ramirás,
editados por Andrade e Lucas Álvarez respectivamente. Mentres o primeiro se centra nos séculos X XI, o segundo proporciona datos fundamentalmente
para o século XIII.
Menendo non vai ser o único familiar que
aporte propiedades ó recen fundado cenobio,
senón que Dona Ilduara, nai do santo, o día de fin
de ano de 940 recibe unha carta de incomunatio de
Pelaio, no que lle entrega 12 vilares situados entre
os ríos En e Gorgua. Entre eses vilares están
Avessos, Messeganos, Gresulfi e o vilare que iacet
in ripa de Gorcula, no entorno de Monterredondo;
cinco dos vilares que concede: Cova de Vero,
Busto de Leovana, Busto de Teoderedo, Busto de
Copos e Piorneto, están sen localizar, tendo que
situarse no entorno de Penegache (de atoparse
poderían ser un bo reclamo arqueolóxico que
complementasen ó parque natural).
Na liña da historiografía tradicional castelá de
Sánchez Albornoz, Pensado Tomé ó estudiar o foro
concedido por Alfonso IX á vila de Milmanda afirma
No caso destas propiedades dísenos que foran da
familia polo menos dúas xeracións atrás, co que
queda documentada a existencia de poboadores nas
Xeograficamente, centrarémonos no val alto do
río Deva. Estamos diante dunha configuración topográfica bastante accidentada, con altitudes que no
alto do Leboreiro ou en Penegache pasan dos 1.200
metros, habendo terras do val que presentan pendentes pronunciadas.
50
ARRAIANOS/ HISTORIA MEDIEVAL / primavera 06
marxes da Serra do
Leboreiro durante o século IX, desmontando totalmente o argumento da
despoboación.
Se as zonas máis
agrestes estiveron habitadas, resulta máis que probable que as áreas máis
fértiles do val tamén o
estiveran.
Ou tal vez non,
como hipótese plantexaremos a posibilidade
de que nesta época,
senón todos, si algúns
grupos humanos aínda
non estarían completamente sedentarizados e
cunhas
dedicacións
preferentemente agrarias, o que explicaría a súa
presenza nunha altitude elevada, así como a desaparición dos cinco poboados anteriores sen deixar pegadas nin na toponimia, ós que hai que
engadir outros once que a documentación nos
sitúa no Montis Leporarii: Busto Calvoni,
Tordellanos, Agapi, Akauz, Eirizi, Felganas,
Perellos, Aduniadi, Astrilli, Barroso ou Bartari.
Tal vez nos primeiros tempos Celanova limitouse
a absorber ós poboadores preexistentes sen cambiar as formas económicas e sociais de base até o
crecemento dun mosteiro máis estrictamente
rural ou apegado á terra.
No Tombo de Ramirás atopamos un foro colectivo dado en 1.262 a nove matrimonios de
Xacebáns para que o poboen e cultiven. Xunto ás
rendas usuais, estas familias deben ofrecer dous
xantares anuais ó mosteiro, Pero este foro tamén
nos di que et monasterium defendat vos pro posse suo
contro omines, quod si non potuerint, det vobis od
omporotorem; tomen non oporent vos contra hereditarios, quod non faciais servicium, e séguese, si ali quis
de populatoribus ipsuis ville fuerit latro aut malus
homo aut superbus aut turbulentus eat ad illam Ora de
Ramiranis et si invenerint eum pro malo hoc expellat
eum de villa et accipiat hereditatem et habeat monasterium directuram et hereditatem.
Parece como se houbese un perigo especial de
ataque neste territorio, pensamos que en relación cos
procesos que se estaban desenvolvendo na chan de
Castro Leboreiro. Mattoso na súa Historia de Portugal
fala para estas poboacións dunha subsistencia baseada case que exclusivamente no pastoreo, e o que é
máis interesante, dun hábitat aínda non estable, xuntándose en aldeas cunha agricultura intermitente tan
só nalgunhas épocas do ano.
Cerveira Pinto, antropóloga lusa, estuda as chamadas brandas, hábitats de verán das poboacións
transhumantes, caracterizadas por ser construccións
en falsa cúpula, a veces diseminadas, sen chegar a
formar poboados; normalmente non é unha aldea,
aínda que poida adquirir ese status. A ocupación
estable desta zona de montaña portuguesa, limítrofe
coa nosa, non se leva a cabo até a Idade Moderna.
Os pobos que supomos estaban baixo a xurisdicción de Ramirás (o seu tombo neste tempo
aínda garda silencio) non aparecerán no TC ata o
século XI. Cando no 1044 os monxes de Celanova
recollan unha lista de homes pertencentes ó mosteiro, observamos como posúe: In Río de Molinos
Gundensindo filius de Alvaro de Cegio integros, filios
de Avico Menendez Sunt neptos de Menesdo Guntiz
de Vangueses, xunto cos outros homes in Lairato e
ARRAIANOS
51
UNHA PEQUENA APROXIMACIÓN Ó POBOAMEANTO
E Á ARQUEOLOXÍA MEDIEVAL NO V A L A L T O D O D E V A
Milmanda, segundo as
xerarquías simbólicoespaciais do medievo.
in Vizebanes. No mesmo ano, pero nun texto distinto, aparece a vila de Quintela, que Arias
Oduariz cede a Menendo González como compensación polas violencias cometidas contra os
seus xudeos.
Até 1.119 non imos acadar ningunha referencia ó entorno Vilar – Grixó - San Pedro da Torre.
Andrade sitúa a vila Ecclesiola, doada nun cuarto
por Rodrigo Velasconi, no concello de San Pedro
da Mezquita; sen embargo, polo menos para o
documento 512 pensamos que erra; no mesmo di
do atque concedo hereditatem meam propiam quam
habeo in villa Ecclesiola, subter mons Penne Gati (con
bastante probabilidade Penegache) ecclesie sancti
Petri apostoli (advocación de Leirado e de A
Torre), discurrente riuulo Deva. Ademais, Grixó
recibe nos primeiros documentos de Ramirás o
topónimo Igregoââ, cércano a Ecclesiola.
No século XIII entre os foros de Ramirás practicamente vanse atopar tódalas entidades de poboación
existentes na actualidade.
É importante a localización da fortaleza de Santa
Cruz. Foi un centro dependente de Milmanda. É de
supor que se situase dentro do coto de Ramirás,
nunha zona onde non se impuxese visualmente a
52
ARRAIANOS/ HISTORIA MEDIEVAL / primavera 06
Na
aldea
de
Cimadevila, dentro da
parroquia
de
Redemuiños, atopamos
o chamado monte de O
Castelo, ó que a documentación cita cun
nome definitivo. No
foro polo que se concede
o
casal
de
Cimadevila a unha
familia labrega en 1353
establécese que por esta
condición que vos todos e
vossa voz nos dades do
dito cassal e herdades des
Santa Crus a fondo tertia
de pan e de viño e de lyno
e de ligomea e des Santa Crus a çyma quarta dos froytos
sobreditos.
A arqueoloxía tamén nos ofrece testemuñas
para avalar esta hipótese, na imaxe vemos unha
inscrición atopada na capela do Santo Cristo, no
alto de Cimadevila, escrita en carácteres góticos.
No alto do coto, xunto a abundantes restos de traballos de canteira, observamos dous buratos de
poste excavados na roca.
En Castro de Cexo atopamos o que tal vez
poder ser unha segunda fortaleza, esta vez menos
segura. Anselmo López Carreira na relación de
castelos destruídos polos irmandiños inclúe
Cexo. En San Adro localizamos na portada dunha
casa xa abandonada unha cruz de malta gravada,
motivo que parece levarnos de regreso á Idade
Media.
En Bangueses atopamos outra casa (actualmente empregada como palleiro) que, a partires
da súa decoración, debemos catalogar como
medieval. O motivo situado na portada é románico, notándose certa similitude con outros aparecidos en Santa María de Augasantas ou Allariz.
FELIPE CASTRO PÉREZ
LITERATURA E PSIQUIATRÍA
ARRAIANOS E OUTROS ASUNTOS
T
ratamos de realizar un breve percorrido
unha das mellores obras de Méndez
2
Ferrín . Apuntamos conexións con algúns
aspectos da obra de Otero Pedrayo por aquilo da
cortesía para quen nos cede a súa casa. Ademais,
tampouco é desatinado relacionar a ambos pensadores e literatos ourensáns, pois Méndez Ferrín foi
alumno de Otero Pedrayo e este tivo gran influencia na súa carreira. Arraianos é unha serie de relatos
breves artellados en torno a unha paisaxe, a Raia
Seca. A raia é a fronteira que ao longo de moitos
quilómetros se estende entre Ourense e Portugal,
dende o río Miño e Ponte Barxas até a aldea de
Castromil e o Penedo dos Tres Reinos. É un espazo
que atraeu a numerosos escritores e pintores gale-
gos, e que claramente mostra a continuidade xeográfica e espiritual de Galicia e Portugal. Ferrín
sitúa as súas historias e personaxes neste mundo
fronteirizo, pero constrúe unha Raia Seca especial,
unha nova fronteira entre lugares reais e imaxinarios que poden divisarse dende os montes e outeiros que circundan Celanova e Vilanova dos
Infantes. Así, en Arraianos aparecen a Pena de
Anamán, Arcos de Valdevez, A Corga dos
Enforcados, A Serra Ruiva, Castro Leboreiro, A
Nosa Senhora da Peneda, O Couto Mixto, Bande, A
Fraga do Mundil, A Valgada da Clamadoira, o
Xurés, Penagache e Lobosandaus. Pero imos deixar
estar letanía de nomes, e quedarnos co último,
Lobosandaus. Sobre el volveremos un pouco máis
ARRAIANOS
53
ARRAIANOS E OUTROS ASUNTOS
académicas, sempre tratou de transmitir a sensibilidade pola paisaxe e a resonancia cultural da terra e
as comarcas. É neste punto onde Ferrín engarza dalgún xeito con Don Ramón, pois ao longo dos diferentes relatos que aparecen no seu libro vainos describindo a paisaxe da Raia Seca, os costumes, a historia da zona e o xeito en que a paisaxe inflúe nos
estados anímicos dos personaxes. Realiza unha
auténtica humanización da paisaxe e do clima; o
externo ten gran riqueza, adquire categoría de sentimento. É unha xeografía animada. O plano psicolóxico individual e o plano corporal das relacións
do individuo co seu ecosistema, apenas están esbozados. Esta relación entre temperamento, estados
de ánimo do home-galego, xeografía e clima non se
lles escapa a autores galegos do campo da Medicina
e a Psiquiatría como Nóvoa Santos ou Cabaleiro
4
adiante, xa que agora é obrigado facer referencia ao
fidalgo de Trasalba. Este insigne novelista e xeógrafo, deixou escritas numerosas obras descriptivas
das serras de Galicia. Chegou case a elaborar unha
Teoría da Paisaxe Galega, aventurándose a facer
unhas hipóteses e reflexións sobre as que dicía que
3
faltaban estudos repousados e metódicos. Para
Otero, a paisaxe opera sobre a cultura. O val é sintetista, vital. A montaña produce formas especulativas e intelectualistas. Froito da influencia do medio
serán os perfís característicos do espírito galego
(lírica, saudade, intuición, procura do transcendente). Na súa preocupación polo obxecto científico da
Xeografía, chegou á conclusión de que o xeógrafo o
que debe facer é dedicarse ao estudo de cada terra
e cada comarca en canto comuñón diferenciada co
home e o medio, e máis concretamente, coa paisaxe.
Otero, tanto nos seus discursos coma nas súas obras
54
ARRAIANOS/ ... E OUTROS ASUNTOS / primavera 06
Goás, quen o apuntan nalgún dos seus traballos .
Dende entón, pouco máis se investigou sobre isto.
Podemos pensar que é algo pasado de moda, pero
con todo, unha prestixiosa revista internacional
dedicada á Psiquiatría Transcultural comenta, nun
dos seus últimos números, as investigacións sobre a
relación entre as diferenzas rexionais xeográfico-climáticas, o seu desenvolvemento histórico e os estados anímicos e afectivos dos que as habitan. A paisaxe oteriana e ferriniana estannos marcando un
punto para reflexionar e para que investiguemos.
É posible que sexa polas propias características xeográficas da Raia, onde en moitas ocasións non hai
accidentes do terreo que delimiten claramente a
fronteira; se cadra é debido ás propias circunstancias históricas de indefinición de nacionalidade que
atravesaron algunhas das súas zonas como o Couto
Mixto; ou talvez sexa debido ás case-delirantes noticias que durante anos apareceron no xornal La
Región, nas que os correspondentes das diferentes
localidades da raia nos describían as fazañas da
Garda Civil perseguindo rastras de mulos cargados
de plátanos ou bacalao mentres os contrabandistas
escapaban polos montes. Pode que todo isto teña
influído, pero pensamos máis ben que foi o xenio e
a maxia narrativa de Ferrín o que deu unha impronta completamente diferente a esta paisaxe da raia
que aparece no seu libro. Diciamos antes que a paisaxe e a xeografía eran un punto de encontro entre
Ferrín e Otero. Con todo, a raia de Ferrín mestura
personaxes e paisaxes reais con imaxinarios, é unha
Raia Seca case mítica, difícil de localizar nun mapa.
Apártase da descrición realista que iría máis na liña
de Otero e outros autores da súa xeración. Antes
quedaramos cun nome: Lobosandaus. É o título do
relato que abre o libro de Ferrín:
”É unha aldea situada na caeira dá Serra Grande, ao
lado do rio dás Gándaras; dende Bande tárdase en chegar unha hora a lombos dunha besta...”
É difícil de situar no tempo, aínda que por diferentes datos podemos pensar que debe ser arredor
de 1910-1915, unha época na que tivo gran auxe o
movemento agrario do cura Basilio Álvarez. Neste
relato, un personaxe anónimo, o mestre da aldea,
vai enviando cartas ao seu tío en Ourense, o señor
Penitenciario da Catedral, e vaille contando as súas
impresións de recén chegado á zona. Cunha economía expresiva sorprendente, Ferrín introdúcenos
xa case dende a primeira misiva (haberá catorce)
nun mundo onde o imaxinario e o real aparecen de
novo indiferenciados. O espírito de Nicasio
Remuñán, agrarista e amigo de Basilio Álvarez,
volve do máis aló para tratar de posuír a Dorinda,
muller de face morena e corpo abondoso, da que estaba
namorado en vida. A través de Obdulia (unha
encamadiña de corpo aberto) e do marido de
Dorinda (chamado Artur ou Turelo, típico nome
das cosmoloxías ferrinianas), vai conseguindo os
seus propósitos. O ton distante e descriptivo das
cartas do mestre ao señor Penitenciario vaise tornando aos poucos nun relato case angustioso. A
última carta é unha petición de axuda desesperada
e Ferrín déixanos sen saber como termina o protagonista, coma nun relato de Poe:
Eu sinto horror, noto alguén no cuarto e desexo a
Dorinda e coido que vai voltar a desgraza a
Lobosandaus e que vai haber de novo corpos abertos.
Veña por min, señor tío; polo amor de Deus, véñame
buscar e léveme de eiquí para Ourense.
A historia de Lobosandaus en Arraianos poderiamos retomala e refacela (pedimos desculpas ao
autor) baixo o punto de vista de moitos outros personaxes que desfilan polas liñas das misivas do
mestre. Así, gustaríanos coñecer a opinión dos clásicos representantes oficiais do poder en zonas
rurais: a Igrexa e a Medicina. Do cura Plácido
Mazaira é difícil saber algo; refuxiado na súa casa
rectoral mentres merenda chocolate con roscón, fai
oídos xordos á espiral de violencia e posesións que
se suceden na súa parroquia, e tan só podemos
entrever algo do que pensa ante a súa débil oposición a que os parroquianos enterren en terra sacra
a unha das aforcadas. O outro representante da
Igrexa nesta historia, o clérigo ourensán, si que responde a través das súas cartas atacando polo lado
do “supersticioso”. A Medicina, personificada en
Don Luís Lourenzo, ten un pobre valedor na zona.
Petimetre médico interino, pasa o menor tempo
posible en Lobosandaus. Apenas se relaciona cos
paisanos e para nada intervén nos diferentes sucesos do relato. Correspóndese co médico da modernidade, e de intervir na historia un médico rural
cun quefacer máis tradicional, relacionado coa
fidalguía ao estilo do pai de Otero Pedrayo, as cousas transcorrerían doutro xeito. Ferrín déixanos sen
describir qué opinaba Don Luís Lourenzo dos
casos de posesión e da encamadiña Obdulia, a
quen, segundo conta o novelista, non afacía visitar.
A propia figura do relatante anónimo, un mestre
rural que é representante da cultura oficial, ¿a que
corpos abertos teme?, ¿teme abrirse, ou contaminarse coas crenzas rurais?. A moza encamadiña,
Obdulia, é un corpo aberto, confinada dende fai
moito tempo en Casa Aparecida, onde se aloxa o
mestre. É neste personaxe onde Ferrín nos describe
con maior detalle o fenómeno de posesión, favorecido pola propia condición de corpo aberto. Ao
cabo duns días de aparecer aforcado o capador
Remuñán, Obdulia levántase da cama, comeza a ir
e vir por toda a casa, a rir e a falar cun estridor descoñecido, a saudar cunha potente voz. Finalmente
as sospeitas confírmanse, cando ao pouco de ser
descuberta mantendo relacións sexuais con
ARRAIANOS
55
ARRAIANOS E OUTROS ASUNTOS
5
Dorinda, se viste de home e lanza unha arenga
política de corte agrarista dende o balcón da casa
á vista dos seus veciños. A partir dese instante
confírmase que o espírito de Nicasio Remuñán, o
capador agrarista, tomara posesión do corpo de
Obdulia aproveitando que estaba “aberto”.
A encamada é tamén un símbolo da resistencia
pasiva, que un día se ergue e acaba morrendo de
forma violenta. Pero antes rompe con moitas pautas, cun matiz de liberalización feminina.
A raia, en sentido metafórico, sérvelle a Ferrín
para achegarnos á integración e adaptabilidad da
cultura tradicional á oficial-urbana. De feito, integra fenómenos da modernidade, como son o lesbianismo e a liberación feminina, introducíndoos
na cosmovisión popular. O pecado do lesbianismo, por exemplo, que atentaría contra a vida e a
concepción comunitaria, explícao mediante o
fenómeno de posesión da encamadiña. É precisamente esta muller, encamada durante anos e coas
características de corpo aberto posuído, a que nos
vai permitir un novo e arriscado salto cara ao
gran Otero Pedrayo. En concreto recórdanos a
Xosefa da Torre. Esta muller foi un personaxe real
estudado con gran interese polo intelectual de
Trasalba cando se dedicou á obra e vida de Varela
de Montes, un dos fundadores da Escola Médica
Compostelá no século XIX. Xosefa da Torre,
56
ARRAIANOS/ ... E OUTROS ASUNTOS / primavera 06
tamén coñecida como a Espiritada de
Gonzar ou a Santa de Gonzar, mantívose encamada e encerrada na súa
casa do concello de O Pino durante
máis de trinta anos sen comer nin
beber. Varela de Montes dedicou
horas, prestixio e varias publicacións
ao estudo deste caso extraordinario.
Otero Pedrayo tamén se sentiu atraído polo estudo do mesmo e recopilou bastante material. Era un caso de
inedia, e probablemente o tema da
posesión diabólica ou doutro tipo
tamén tivo unha importante participación. O psiquiatra francés Gayral
(1992) comenta que a inedia se desenvolve sobre un contido relixioso
no que non son raros os delirios de
posesión.
Do mesmo xeito que fixemos
antes co tratamento da paisaxe e a
xeografía, podemos dicir que aínda
que poidamos establecer unha conexión artificial
entre o caso da encamadiña de Ferrín e a
Espiritada de Gonzar de Otero e Varela de
Montes, hai diferenzas entre os dous casos
(esquecendo o feito de que un é fantasía e o outro
6
foi historia real ). O cura Mazaira de
Lobosandaus, polo que sabemos, apenas intervén
no caso de Obdulia nin nos que lle seguen. A
Espiritada de Gonzar tivo un tremendo interese
para a xerarquía eclesiástica compostelá da
época, e até houbo procesos de excomunión para
algúns autores que trataron de afondar no caso.
O médico petimetre Luís Lourenzo ten un
papel máis ben penoso na historia de Obdulia e
os acontecementos de Lobosandaus. Nunca a
visitou. Nin cando encamada nin cando posuída.
Talvez nunca o chamaron. Obdulia era un corpo
aberto, e iso é cousa “non de médicos”. É cousa
de “andar outros camiños”. Con Xosefa da Torre
non foi así a historia. Un dos máximos representantes da medicina compostelá da época, o
Doutor Varela de Montes, interesouse vivamente
polo caso. Chegou a pasar moitos días ao pé da
cama da enferma observando o cadro. Ademais
plasmou as súas observacións e interpretacións
en diferentes pasaxes das súas obras. Mais a encamadiña de Lobosandaus e a espiritada de Gonzar
comparten un aspecto socio-histórico similar. Os
dous casos desenvólvense en momentos históricos transcendentes para Galicia e en especial para
o mundo rural. Ferrín sitúanos á encamadiña
nunha época en que se produce o derrube definitivo da fidalguía rural galega debido á eliminación do sistema foral, e ao movemento agrario
que nace como reacción aos grandes males do
agro galego. É un tema que por outra banda tampouco é alleo nin descoñecido a Otero Pedrayo xa
que a desaparición e descomposición da aristocracia rural, á que el dalgún xeito estaba unido
polos seus antepasados, foi un dos temas predilectos das súas obras e ensaios. A Espiritada de
Gonzar e Varela de Montes viven outra época
diferente. É a das escaramuzas carlistas da primeira metade do século XIX. Producíronse
enfrontamentos sanguentos entre os liberais, a
aristocracia latifundista e o clero. A biografia de
Otero, a ideoloxía do seu pai, ou a súa novela Os
camiños da vida tocan todos estes temas. En
Arraianos, na raia ferriniana, tampouco nos falta
un relato que nos fala de loitas carlistas no Couto
Mixto. No momento actual, todo apunta a que
estamos de novo nun momento histórico e social
de gran transcendencia para Galicia, e en especial
para un mundo rural e campesiño que se vai
apoucando día a día, e que realiza grandes esforzos para integrar o mundo da modernidade dentro da súa cosmovisión. Por outra banda, a finais
do século XX, a Psiquiatría oficial decidiuse a
incluír os Trastornos de Trance e Posesión, e
7
estanse estudando e depurando os criterios para
ser incluída no futuro DSM-IV (Manual de
Clasificación Diagnóstica, IV edición) da
Asociación Americana de Psiquiatría.
Méndez Ferrín e as historias que conta en
Arraianos, tráennos, na súa vertente fantásticonarrativa, unha cuestión clínica non ben resolta e
estudada: os estados de Trance e Posesión.
Necesitan que lles prestemos maior tempo e atención, e que busquemos ademais a súa relación co
proceso de cambio sociodemográfico no que
Galicia está inmersa. Merecen unha atención e
dedicación semellante á que tivo Varela de
8
Montes coa Espiritada de Gonzar . Coma con
todos os bos literatos, podemos dicir que lendo a
Ferrín tamén se aprende psiquiatría.
1 En marzo de 1993 celebráronse no Pazo Museo Otero Pedrayo
as III Xornadas de Psiquiatría, Psicanálise e Literatura, organizadas
pola !11Asociación Galega de Saúde Mental. Alí presentouse este traballo. O texto foi asinado polos autores e foi editado xunto co conxunto dos outros relatorios presentados, nun volume editado pola AGSM
(ver www.agsm.es). Transcorreu máis dunha década logo daquel volume (esgotado e de distribución escasa no seu día) pero unhas letras dun
amigo dándonos datos de Lobosandaus animounos a recuperar este traballo perdido naquela publicación. Todas as notas ao pé de páxina son
actuais e realizadas por un dos autores (David Simón), coa idea de complementar e matizar algúns datos e ideas.
2 MÉNDEZ FERRÍN, X.L. (1991), Arraianos, Vigo: Xerais.
3 É de obrigada lectura o libro de LAMAS CREGO, S. (2004),
Galicia Borrosa, Sada: Ed. Do Castro. Libro de ensaio multidireccional, e que salta das emocións á paisaxe, da saudade ao cerebro ou ao
“asegún” pasando pola arquitectura, o urbanismo , o dó e a identidade
dos galegos (e asimilados).
4 Aquí é de novo obrigado citar a Galicia Borrosa de S. Lamas.
5 Aquí é obrigado o facer referencia ao caso da Espiritada de
Moeche (Manuela Rodríguez Fraga), unha campesiña, de 21 anos, que
en 1925 amenceu un día falando con a voz dun cura orixinario de
Ortigueira, moi formado en dogmática e que falecera anos antes na
Habana. Estudada no seu día polo doutor Urbano Losada que deu conferencias sobre o caso no Seminario de Estudos Galegos e que logo
publicounas na revista “Nós” ao ano seguinte (1926, nº29) . A espiritada de Moeche, un “corpo aberto” , foi maxistralmente rescatada por
Manuel Rivas nunha das súas columnas xornalísticas no diario El
País(13-2-2005).
6 Houbo outro caso real de finais do século XIX, no que actualmente estamos traballando para ampliar máis os datos, e que non descarto que Ferrín usase para inspirarse nesta historia. Era a chamada
“Santa de Vilamaior” (Concello de Baltar), en plena fronteira portuguesa, na chamada Raia Seca. Naceu en 1826 e faleceu en 1888, solteira e
tras permanecer durante anos alimentándose só de auga, viño e os
recortes das hostias. Centos de peregrinos españois e portugueses peregrinaban até a súa casa para recibir os seus consellos para as enfermidades e males de animais e persoas. Segundo os seus familiares xa
desde pouco tempo logo de nacer deu mostras de ser elixida de Deus, e
ademais tiña unha cruz gravada no chan da boca (ver as noticias que á
súa morte publicou o xornal ourensano da época, Ou Tío Marcos d´a
Portela, 1888, dirixido por Valentín Lamas Carvajal).
7 Foi incluído na Clasificación Internacional de Enfermidades da
OMS (CIE-10ºversion) e no DSM-IV dentro dos Trastornos disociativos (de conversión). Na CIE-10 hai unha categoría recoñecida como
?Trastornos de trance e de posesión?: Trastornos nos que hai unha perda
temporal do sentido da identidade persoal e da plena conciencia da contorna. Nalgúns casos o enfermo actúa como posuído por outra persoa,
espírito, deidade ou “forza”. A atención e a conciencia da contorna
poden limitarse a só un ou dous aspectos inmediatos e a miúdo preséntase un pequeno pero reiterado conxunto de movementos, posturas e
manifestacións expresivas. Inclúense aquí só aqueles estados de trance
que son involuntarios ou non desexados, que interfiren na actividade
cotiá porque teñen lugar á marxe (ou son unha prolongación de) cerimonias relixiosas ou culturais aceptadas?. (F44.3.CIE-10).
8 En 1995 diversos investigadores ligados ó Museo do Pobo
Galego (Santiago) dedicáronlle unhas xornadas nas que participaron
entre outros os psiquiatras Demetrio Barcia Salorio, Gayral ou Antonio
Rodríguez López, ou antropólogos como Marcial Gondar (“Anorexia:
Dieta, estética, Crenzas”, Santiago, Museo do Pobo Galego, 1995).
DAVID SIMÓN LORDA E EMILIO GONZÁLEZ FERNÁNDEZ
ARRAIANOS
57
UNS MEGALITOS ARRAIANOS
A
Fig. 1.- Mámoas con fitos fronteirizos xunto con
outros monumentos megalíticos da Baixa Limia
Fig. 2.- Esquema dun monumento megalítico,
neste caso con dolmen de corredor, e nomenclatura das súas estructuras principias.
s terras da Limia, e as que éstas comparten coas do
Arnoia-Deva-Barxas e do Cávado, son ricas en monumentos megalíticos (fig. 1). Os túmulos, mámoas, adoptan nestas terras unha denominación moi común de “motas” e
“moas”. Pero os espacios
físicos non foron inmutables ó longo do tempo, e
moito menos os territorios
políticos e administrativos. Iso provocou que
espacios xeográficos antes
-e agora- homoxéneos se
fragmentasen en unidades
distintas,
mesmo
en
tamén distintos paises.
Cando iso ocorre as dislocacións funcionan en
plans diversos e complementarios. A paisaxe trúncase por varias engranaxes, afastando xurídicamente as pezas dun
mesmo mecanismo natural e cultural. Deste xeito
non só se afectan elementos como a flora ou a
fauna, se non que nos
achegamos ó máis fondo
de nós mesmos: a Cultura;
e se damos un paso máis,
ás súas orixens máis
remotas e ós seus restos materiais: o patrimonio arqueolóxico.
Un representante dos máis significativos destas terras o forma o
gran conxunto de monumentos megalíticos. Algúns deles, talo
intenso devir histórico que un día rachou Galicia en dous, foron
utilizados para emplazar fitos fronteirizos, gañando así por
méritos propios o apelativo de megalitos “arraianos”.
Queremos nestas breves notas amosar un conxunto deles que recollimos
en traballos anteriores nas
terras da Baixa Limia e, á
vez, propoñer un percorrido por eles, o que sen
dúbida é unha excusa
excelente para asombrarnos cuns monumentos e, por que non, coas paisaxes onde se
emprazan, paisaxes que escomezaron a modificar na percura de
terras de labradío e pastizais hai case seis milenios.
58
ARRAIANOS/
MEGALITOS
/ primavera 06
Para a nomenclatura dos monumentos citaremos os
empregados por nós en publicacións anteriores, das que
facemos unha escolma tanto de tipo científico (Eguileta
Franco, 1993-4, 1994, 1999, 2000 e 2003) como de divulgación (Eguileta Franco, 1997 e 2004). Tan só nun caso
(na “Mota da Meda”) identificamos un topónimo recollido por F. Cuevillas (López Cuevillas, 1925). Dada a
especial monumentalidade dos megalitos de Leboreiro,
debemos tamén referir o traballo colectivo de Jorge,
V.O., Baptista, A.M., Silva,
E.J.L. & Jorge, S.O. (1997)
sobre a necrópole que nos
denominamos Outeiro do
Ferro-Penagache, con restos
de arte nalgúns dos seus
monumentos. Non queremos deixar de citar, anque o
seu traballo trate unha temática totalmente diferente, a
obra de L.M. García Mañá
(1988); de especial interese
para percorrer a “raia seca”é
o Anexo III deste libro, no
que a partires da Acta Xeral
de 1906 se fai un seguemento dos fitos fronteirizos
dende o nº 1 (Miño-Barxas)
ata o nº 349 (“Penedo dos
Tres Reinos”), é decir, a toda
a “raia seca” que se forma na
provincia de Ourense. Para
achegarnos a unha visión
xeral do Megalitismo no noroeste, recomendamos as
publicacións de carácter xenérico do prof. A.A.
Rodríguez Casal (1990, 1991 e 1997) que, malia que
algúns viron a luz hai xa década e media, ofrecen un
excelente contexto para o Megalitismo galego.
Fig. 3.- Mámoa M3 de Outeiro do FerroPenagache, entre Verea e Castro Leboreiro.
Pero antes de propoñer unha visita por este grupo
de “megalitos arraianos”, queremos lembar que hai uns
6.000 años, sempre que utilicemos datas sen calibar (as
calibradas son aínda máis antigas) gran parte da fachada atlántica europea empeza a acoller con enorme fruición as primeiras arquitecturas monumentais para os
difuntos das comunidades humanas neolíticas. Estas
sepulturas (fig. 2) son, xunto cos circos líticos (cromlechs) e e pedras fitas (mehires), os monumentos megalíticos. Estes se distribúan por gran parte da Península
Ibérica, e especialmente a fachada atlántica, na que
ARRAIANOS
59
UNS MEGALITOS ARRAIANOS
Galicia acadará
unha alta densidade de monumentos.
Sen
dúbida o aporte
dos numerosos
monumentos da
Serra
de
Leboreiro e as
súas abas e o Val
de Salas, contribúen a que así
sexa.
Ben é certo
que os megalitos
galegos
polo
momento non
semellan ser tan
antigos como os
bretóns, os máis
precoces
de
Europa, que se
empezan
a
erguir sobre o
4000 aC, nin
como os do centro-sur de Portugal, da primeira metade do IVº milenio aC.
Pero contamos con datacións de C14 que nos falan da implantación do megalitismo cando menos dede o 3500aC, data non
lonxe dos que antes citamos.
Fig. 4.- A “Mota da Meda” ou M1 de Serra
das Motas, entre Lobeira e Castro Leboreiro
A continuación, e de norte a sur e de oeste a leste, facemos
unha breve reseña deses monumentos que por acoller marcos
da fronteira con Portugal sobre os seus túmulos denominamos “megalitos arraianos”
FITO Nº 23:
-Mámoa M3 de Outeiro do Ferro-Penagache (Verea-Ourense e
Castro Leboreiro-Portugal), denominada nos catálogos portugueses M11 de Alto de Portela do Pau (fig. 3).
-Atópase a necrópole megalítica nas penicháns nororientais da Serra de Leboreiro, ampla chaira onde parten as
augas os ríos Cadós (afluinte do Limia) e Deva (afluínte
do Miño).
-O monumento, cun dolmen no seu interior que non se pode
determiñar, ten unhas dimensións grandes, superando os 24m
de diámetro mayor, cunha altura próxima ós 2m.
60
ARRAIANOS/
MEGALITOS
/ primavera 06
FITO Nº 31:
-“Mota
da
Meda” (LobeiraOurense e Castro
LeboreiroPortugal), tamén
catalogada como
M1 de Serra das
Motas (fig. 4).
-O
megalito
ocupa o cumio
dunha das cotas
máis elevadas da
Serra
de
L e b o r e i r o
(1.319m) na provincia
de
Ourense, xunto
no punto onde
parten as augas
os ríos Cadós e
Grou (afluintes
do
Limia).
Forma parte da
necrópole
se
Serra da Motas,
con once monumentos que van ocupando a dorsal das abas de
Leboreiro ata cegar or cumios que coroan a aldea da Fraga
(Lobeira).
-O Monumento, excavado por F. Cuevillas, ten un respetable
tamaño que supera os 30m de radio e acada case os 2m de
altura, o que realza arquitectónicamente o impoñente emprazamento elexido, poidendo observarse a moi longas distancias.
Fig. 5.- “Mota da Cabreira”, entre Lobeira e
Castro Leboreiro
FITO Nº 34:
-“Mota da Cabreira” (Lobeira-Ourense e Castro LeboreiroPortugal). Se ben neste caso o fito fronteirizo non se situou
sobre o túmulo, si está moi próximo deste (fig. 5). En todo
caso, sobre el se construiu unha garaita de vixiancia fronteiriza.
-Sitúase na chaira máis alta da serra de Leboreiro nas terras
galegas, na penichán denominada A Lagoa, a una 1.330m de
altitude.
-A súa anta non se observa na superficie, posiblemente polas
desfeitas provocadas por construir sobre o monumento a gari-
ARRAIANOS
61
UNS MEGALITOS ARRAIANOS
ta de vixiancia.
Ten un diámetro
maior de 23m e
conserva unha
altura de 1,5m.
FITO Nº 67:
-Mámoa
de
Portela de Pitões
( M u í ñ o s Ourense e Pitões
das
JuniasPortugal) (fig. 6).
-Emprázase
o
monumento na
portela do mesmo
nome, un lugar
de paso natural
que se abre entre
as barreiras montañosas do agreste Xurés (oeste) e
os redondeados
cumios da serra
de Pisco (leste).
Fig. 6.- Mámoa do Marco nº 95, entre
Calvos de Randín e Tourem.
-No centro do túmulo asoman tren chantos petencentes a unha
anta posiblemente poligonal. Na terra da mámoa na que a agacha amosa restos pétreos posiblemente pertencentes á unha coiraza. O diámetro maior deste túmulo supera os 20m cunha altura conservada de 1,85m, ofrecendo dimensións superiores á
media dos que acolle Val de Salas, cun patrón constructivo ó
redor dos 15m de diámetro.
FITOS Nº 94A E 95:
-Mámoa do Marco 95(Calvos de Randín-Ourense e TouremPortugal) (fig. 7)
-Foi edificada nun cumio que domina o encontro do regato de
Calvos co río Salas, a unha altitude duns 865m e poñendo en
contacto visual varias necrópolis do val.
-Cun diámetro mayor ó redor dos 22m e unha altura conservada de 1,20m, tamén ofrece un tamaño superior á media dos
monumentos de Val de Salas. O seu dolmen non é perceptible
en superficie.
Cos datos que vimos de ofrecer destas mámoas “internacionais”,
“comúns”, “compartidas”, “transfornteirizas”, noutras verbas,
62
ARRAIANOS/
MEGALITOS
/ primavera 06
“arraianas”, tan
só pretendimos
facer unha invitación pública que
incite a move-la
curiosidade por
un dos moitos
aspectos de interese cultural que
teñen eses territorios
comúns,
facendo de cada
fito separador un
punto de encontro nestes vellos
e s p a c i o s
ARRAIANOS
DR. JOSÉ Mª
EGUILETA FRANCO,
Arqueólogo municipal (Concello de
Ourense). Profesor
titular da UNED
(C.A. de Ourense)
Ourense, abril de 2006
Fig. 7.- Mámoa de Portela de Pitões, entre
Muíños e Pitões das Junias
BIBLIOGRAFÍA CITADA
-EGUILETA FRANCO, J.Mª., 1993-4. “As mámoas dos Concellos da Baixa Limia: aportación al catálogo de monumentos tumulares de la comarca”. Cuadernos de Estudios Gallegos, XLI. Santiago de Compostela.
-EGUILETA FRANCO, J.Mª., 1994. Megalitismo e Calcolítico na Baixa Limia galega. Tesis Doctoral microfilmada. Servicio de Publicacións e
Intercambio Científico, 404. Universidade de Santiago de Compostela.
-EGUILETA FRANCO, J.Mª., 1997. “Dólmenes na Baixa Limia. Arquitectos, agricultores e pastores no IVº milenio a.C.”. Auria, 1. Ourense.
-EGUILETA FRANCO, J.Mª., 1999. A Baixa Limia galega na Prehistoria Recente. Arqueoloxía dunha paisaxe na Galicia Interior. Deputación
Provincial de Ourense, Ourense.
-EGUILETA FRANCO, J.Mª., 2000. “Megalitos e tránsito: aproximación ó estudio de vías de comunicación prehistóricas” Lethes, 2. Ourense.
-EGUILETA FRANCO, J.Mª., 2003. Mámoas y paisaje, muerte y vida en Val de Salas (Ourense). El fenómeno megalítico en un valle de montaña. Servicio de Publicacións, Universidade de Vigo. Vigo.
-EGUILETA FRANCO, J.Mª., 2004. Dólmenes en Muíños. Unha viaxe polo megalitismo galego. Concello de Muíños. Ourense.
-GARCÍA MAÑÁ, L.M., 1988. La frontera hispano-lusa en la provincia de Ourense. Boletín Ourense, Anexo 11, Ourense.
-JORGE, V.O., BAPTISTA, A.M., SILVA, E.J.L. & JORGE, S.O., 1997. As mamoas do Alto da Portela do Pau. Castro Leboreiro. Melgaço.
Sociedade Portuguesa de Antropología e Etnología. Porto.
-LÓPEZ-ALONSO CUEVILLAS, F., 1925. “As mámoas do concello de Lobeira”. Boletín de la Real Academia Gallega, XV, A Coruña.
-RODRÍGUEZ CASAL, A.A., 1990. O Megalitismo. A primeira arquitectura monumental de Galicia. Biblioteca de Divulgación, Serie Galicia, 4,
Universidad de Santiago de Compostela. Santiago de Compostela.
-RODRÍGUEZ CASAL, A.A., 1991. “O Megalitismo galego: a documentación arqueográfica”. En Galicia Historia, I, Prehistoria e Historia
Antiga, Hércules Ediciones. Santiago de Compostela.
-RODRÍGUEZ CASAL, A.A., 1997 (ed.). O neolítico Atlántico e as Orixes do Megalitismo. Actas del Coloquio Internacional. Universidade de
Santiago-Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela.
ARRAIANOS
63
A MALDICIÓN DO ENCORO NA MEMORIA ORAL
AS CONCHAS
E
ste traballo de investigación céntrase
nas testemuñas da Sra. Amparo e do
Sr. Benito do Baño, do Sr. Felisindo de
Portoquintela e do Sr. Rafael de Barxés (falecidos os cuatro, que en paz descansen), do Sr.
Manuel de Nigueiroá e da Sra. Josefa da
Fontiña.
O encoro das Conchas aproveita a corrente de
auga dos ríos Limia e Cadós ao seu paso polo que
agora se coñece como Baixa Limia. Esta gran obra
hidraúlica quedou totalmente materializada no
ano 1947 e asulagou un val grande e farturento.
Debaixo das súas augas ficaron o pobo do Baño de
Bande, boa parte das propiedades da xente da contorna, e ó núcelo de Portoquintela privárono tamén
do seu dinamismo e dos diferentes establecementos comerciais que posuía.
64
ARRAIANOS/
O ENCORO DAS CONCHAS
/ primavera 06
Ao analisar polo miúdo as testemuñas de persoas do Baño e de Portoquintela afectadas por
esta obra do franquismo comprobo que no seu
discurso agroma con frecuencia e de forma
expresa “a maldición do encoro”. Esta maldición
materialízase na perda do fogar, das propriedades, dos espazos festivos e sagrados, na ruptura
dos vínculos comunitarios e xeográficos, a aparición de novas enfermidades, malas colleitas,
morte e illamento. Perceben que esa maldición é
persoal, dado que unha vez que foron expulsados
do seu lugar de nacemento, esa sombra de mal foi
con eles e daba igual que se quedaran no entorno
do encoro ou que foran para outros lugares.
“ e os do Sr. Benito que se foron para Aceredo (...)
xa ves, veu outro embalse e colleulles todo (…) tiveron
que ir para Ourense (...) e os do Sr. Jaime que se foron
para Vigo, veu unha carretera e levoulles parte da
finca (...) e o Perniñas (…) foi para Celanova (...) a
carretera tamén lle colleu o mellor da viña, (...) e a nós
que me dis (...) e con esas néboas que nin os ósos nin
parte das colleitas a aguantan (...) non (…) dil non nos
podemos librar”
O sentido de pertenza/perda está fortemente
arraigado: perder a casa, os seus espazos festivos,
sagrados e comunitarios, os seus bens, as comunicacións, as augas quentes e os veciños. Esta usurpación marcou un fito na súa vida. O encoro é o
responsable de que aparezan dualidades entre o
antes e o despois do encoro, o ben e o mal, a compaña e a soedade, a vida e a morte, a comunicación e a incomunicación, a riqueza e a pobreza, a
harmonía do cosmos e o caos.
“ ese Baño era un paraíso (...) tiñamos as mellores
terras, campos e hortas (...) desde Ourense a Entrimo
non había millor sitio (...) no Baño collíase de todo (...)
e que me dis do balneario e das auguas quentes? (....)
eran milagrosas (...) curábano todo (...) de maio a outono toda a Limia viña a sanar ó Baño (...) e os veciños (...)
no Baño eramos coma irmaus (...) e agora ver todo
debaixo da auga (...) e a cambio (...) que nos deron (...)
nada”
A súa memoria mantén un vínculo emocional
con raizames nun espazo e nun tempo; dese
espazo e dese tempo seleccionan unha serie de
acontecementos que lles son útiles para a súa
causa. Son quen de transmitir unha mensaxe
profunda, seca, contundente, emotiva e chea de
significado; utilizan todos os recursos lingüísticos e xestuais que teñen ó seu alcance. Trátase
dun discurso que detén e atrapa o tempo en relación a un espazo, para poder manter vivos e
recentes os acontecementos dun pasado lonxano.
A súa memoria ten tan frescos os feitos, que pola
forma de transmitilos, a persoa que os escoita ten
a sensación de que acaban de acontecer. Ese efecto primacía/recencia é dominante, nin o paso do
tempo nin o cruce doutros acontecementos foron
quen de diluir o impacto dos mesmos. Son testemuñas dos que sofriron a traxedia de forma
directa; consideran que teñen que desempeñar o
papel de voceiros, de dicir toda a verdade en
cada ocasión que se lles presente, e así demostrar
como uns acontecementos, fóra de toda lóxica, os
levaron a ser vítimas dunha actuación arbitraria
e inxusta. Teñen asumido que a sua misión é a de
lembrar para socializar e así impedir que fique
no esquecemento a gran inxustiza á que foron
sometidos.
Esa experiencia forma parte do seu legado histórico, é inseparable da súa traxectoria vital,
mesmo parece que viven para recordar, séntense co
compromiso sagrado e a obriga moral de ser portadores desa vivencia amarga e traumática, que tiveron que sofrir e que de forma ritualizada re-evocan
permanentemente para que a chama da memoria
non se apague. Non poden esquecer nin son capaces de perdoar, así que a súa misión é a de recordar
e transmitir.
“ o noso (...) non tivo sentido (...) nin se esquece nin
se perdoa (...) salvo que se morra ou se volva un tolo (...)
foi muito (...) muito (...) era impensábel que fixeran con
nós o que nos fixeron (...) eso non se esquece nunca (...)
foi muito (...) o que nos tocou sofrir (...) moito mal
xunto (...)”
Na percepción desa maldición interiorizadada
polos afectados, influiron unha serie de acontecementos, accións e omisións, que ben de forma
directa ou indirecta, se entrecruzaron. Entre elas
podemos destacar:
A MALDICIÓN DO ENCORO NA MEMORIA ORAL
·as diferentes concesións que tivo o encoro.
·as medicións feitas con diferentes intervalos
de tempo.
·as transferencias a favor dos diferentes
concesionarios.
·as ampliacións da capacidade do encoro.
·os apoios á obra.
·os silencios oportunos.
·as presións, ben de forma directa ou indirecta.
·as decisións tomadas pola Administración e
polos afectados.
·as instancias e reclamacións.
·as denegacións da Administración
·as expropiacións.
·os xustiprezos
·os fitos, dilemas, procesos de axuste
e intersticios.
·a diáspora dos veciños.
Este complexo puzzle sociolóxico deu lugar ao
nacemento do encoro e á materialización desta
maldición, no entender e no sentir das pesoas
directamente afectadas.
66
ARRAIANOS/
O ENCORO DAS CONCHAS
/ primavera 06
As expropiacións, o encharcamento e a marcha
dos poboadores, son o ponto de partida para
narrar, ben para adiante ou para atrás, a sua propia
historia de vida.
Na sua traxectoria vital aparece claramente un
antes do encoro e un despois do mesmo, trátase
dun fito que marcou a sua existencia e que está
sempre presente na súa mente. En certo modo
tamén marca a medición do seu tempo cando fan
referencia a feitos significativos na vida das persoas acontecidos no intervalo dos anos 1940-1950, as
referencias son a: “antes de”, “no momento de” e “despois de”
“ Manuel foi-se a Venezuela antes do embalse (...)
María casou-se cando estaban coas obras (...) o terceiro
fillo tuvémolo despois do embalse (...). .
A PERDA DO POBO. A perda do seu pobo considérana coma un roubo e un expolio, que atenta contra as
súas raíces, a súa historia e a súa identidade; é a ruptura co pasado que lles desfai o presente e lles impi-
de construir o futuro no lugar dos seus antepasados.
Perder o pobo significa a quebra do vínculo que os
mantiña unidos co seu cosmos vital.
Depois de máis de medio século, seguen considerando que foi unha gran inxustiza, dado que a
primeira concesión para a construcción do encoro
das Conchas, contemplaba expresamente que o
pobo do Baño non ía ser inundado, e así o creron.
“ se levantan a cabeza os nosos pais (....) e ven o
Baño debaixo da auga (...) estou segura (...) que volverían a morrer de pena (...) eu non sei canto daría por
ver o Baño como antes (...) perder o lugar onde un
nace (...) é moi triste (…) moi triste (...) ter que irte
(...) e non poder faguer nada (....) non é o mesmo que
un se vaia a que te boten (...) e o máis inxusto, é que
sempre se nos dixo que o Baño non se inundaba (...)
que ía quedar ben por debaixo da carretera (...) e ó
final levouno todo”
Un engano máis. A expulsión foi traumática
para os afectados, que tiveron que iniciar a diáspora. Nas súas testemuñas recende ese profundo
pesar de perder a comunidade orixinaria, e ter
que separase dos seus. Á hora de partir embárgaos a soidade, a tristeza e o silencio, e vanse sen
despedirse.
Esta sensación de desarraigo está sempre presente, poden estar obxectivamente ben onde viven
agora, pero inmediatamente pasan a comparar o
presente coas lembranzas do Baño.
“eu non me queixo de como nos foi a vida (...) pero
como no Baño, en ningún sitio (...) Baño soamente
había un”.
A PRIVACIÓN DOS BENS E DO FOGAR. Seguen considerando inxusto o valor que a empresa concesionaria fixo dos seus bens, considéranse mal pagados. Comparan o patrimonio perdido co que puideron adquirir co diñeiro cobrado, e as frutracións
agroman.
“nadie se despidiu (...) en ningún sentido (...) cada
un marchaba para un lugar diferente (...) todos sabiamos
que nos iamos separar (...) a separarnos para sempre (...)
desfíxose todo (...) o embalse veu enriba, sen máis (...)
trouxo moito mal para todos”
“ver que perdías todo o teu (....) e o máis grave (...)
sen medios (...) o embalse crecía día a día (...) nós sen
casa (...) sen ter a onde ir (...) nin a quen recurrir (...)
que angustia tan grande (...) non hai palabras para contalo (...) tiñamos tres casas e apenas nos deu para faguer
esta”
Comunícanse a base de silencios, sobran as
palabras e os xestos; a viveza e a enerxía coa que
transmiten hoxe os acontecementos pasados
achégannos a intensidade e a dimensión do
sufrimento vivido neses intres antes de abandonar o pobo.
“ a nós por todo o que tiñamos (...) déronnos para un
prato de sardiñas (...) ves esta casa (...) no Baño tiñamos
unha boa casa (...) fincas (…) hortas e campos (…) con
todo o que nos deron apenas nos deu para faguer a metade do que fixemos aquí (...) despacháronnos con algo de
calderilla”
“nós xa estabamos en Vigo(...) compramos alí unha casa
(...) a miña
nai non lle podíamos falar do Baño porque morría
de pena (...) miña irma esperou ata o último momento no
Baño”
“nós xa tiñamos feita a casa nova (...) pero seguíamos durmindo na casa do Baño (...) fómonos cando a
auga entrou pola porta do patio”.
Á escasa valorización do seu patrimonio uniuse
o desequilibrio entre a oferta e a demanda, que
trouxo consigo unha forte inflación dos bens que
estaban en venda na contorna.
“e cando preguntabas por algo que se vendía (...)
muito abrian a boca (…) tudo estaba por as nubes (...) e
o máis grave era que subía día a día”.
ARRAIANOS
67
A MALDICIÓN DO ENCORO NA MEMORIA ORAL
A diáspora dificultou tamén ese intento de
reconstrucción da comunidade nas inmediacións
do encoro, ao dispersarse gran parte da xente, uns
fóronse a Vigo, outros a Celanova, Aceredo... A
separación fixo imposible esa pretensión e o pobo
do Baño esmoreceu para sempre co encoro. E esa
desgraza vital séguena a revivir na actualidade
cunha angustia seca, desgarradora e profunda.
“ter que separarte dos teus (...) é moi triste (...) ver
como se desfaguía o Baño (...) un día un, ó día seguinte
outro (...) cada un para un lugar diferente (...) e ver
como se acababa todo (...) é como quen te desangra”
Os pobos
RUPTURA DO VENCELLO XEOGRÁFICO.
asentados nas beiras do río Limia, no treito entre
Soutelo e As Conchas, estaban comunicados entre
si por medio de pontes, poldras e poldrados. Antes
do encoro, nun tramo de sete kilómetros aproximadamente, había máis de doce pontos de interconexión entre ambas comunidades, e co encharcamento perdéronse todos.
Os afectados aínda hoxe están doídos porque non
se recuperou ningún dos pontos de conexión co outro
lado. Só saben que lles ergueron un muro de separación (o encoro) onde antes había numerosas pontes
de comunicación entre as dúas ribeiras do Limia.
A QUEBRA DOS VÍNCULOS COMUNITARIOS.
As persoas que quedaron no entorno do encoro sempre tiveron a ilusión de reconstruir parte da comunidade
perdida, pero eso non foi posible, debido a varias
causas. Entre elas podemos destacar a ausencia
dun núcleo poboacional forte, a ubicación por
pares de veciños, ou unidades soltas, a distancia
entre eles e a alineación ó longo da estrada, uns
fenómenos que xeneraron unha convivencia máis
de pares (Sr. Genaro- Sr. Agustín, Sra. Amparo- Sra
Rosalía, Sr. José- Tío Grés) que de pobo, tal como
era o seu desexo.
“ xa ves (...) nós eiquí (...) a Rosalía aí ó lado (....)
mais abaixo os do Agustín e o Benito (...) a iglesia máis
adiante, por outro lado (...) os da Fontiña (...) uns aquí
outros alá (... ) por máis que queiras (...) xa non nos
podemos ver nin axudar tan a miúdo, coma no Baño.
68
ARRAIANOS/
O ENCORO DAS CONCHAS
/ primavera 06
“antes éramos todos uns (...) Muiños (...) Barxés
(....) a cada momento estaban no Baño ou en
Portoquintela (....) por ese poldrado ou por as poldras do
Baño, nun momento estabas do outro lado (...) pero
agora non nos vemos (...) pasan quince o vinte anos (...)
e non os ves (...) morren e non nos enteramos (...) o
embalse separounos por completo (...) ”.
Como testemuñas mudas dese intercambio e do
ir e vir de xentes dun lado para o outro, quedan as
estructuras sepultadas da Ponte Pedriña (monumento nacional) o Poldrado, as Poldras das Maus,
a Ponte Nova e Ponte Cabanas, que quedan ó descuberto só cando o encoro baixa de nivel.
As pesoas afectadas seguen reivindicando ese
dereito a comunicarse cos seus veciños do outro
lado,
a través dunha ponte á altura de
Portoquintela, en sustitución do antigo poldrado, e
así non ter que dar un rodeo de quince ou vinte
kilómetros, como acontece na actualidade.
“ levamos esperando tantos anos por unha ponte
(....) era a súa obriga (...) pero xa ves (...) pasou o tempo
(...) e non se fixo (...) o encoro púxonos de costas ó que
eramos veciños de sempre ”
A PERDA DA REDE COMUNITARIA E ALTERACIÓN DAS VÍAS
A inundación das antigas
infraestructuras de comunicación e a construcción
doutras novas por lugares distantes, contribuiron a
ese desequilibrio en perxuicio das novas comunidades que se quixeron establecer na zona.
DE COMUNICACIÓN.
“ Portoquintela e o Baño eran o centro de toda a
comarca (...) coller o coche de línea (....) mercar (...) desde
a Raia Seca por unha parte e Lobeira por outra (...) todos
viñan eiquí (...) agora van máis a Bande (...) Mugueimes
ou mesmo a Lobios (...) os negocios que se estableceron
en Quintela ou no Baño de arriba, nunca foron o que
eran en Portoquintela”
Os polos de atracción que exercían
Portoquintela, a nivel comercial, e o Baño, polo seu
balneario, foron sustituídos, só en parte por Bande,
e por Mugueimes principalmente. A ruptura da
comarca e a incomunicación entre ambas comunidades, foi a causante de que Quintela e o Baño non
foran capaces de exercer de novo a influencia que
tiñan antes do encoro.
A PERDA DOS ESPAZOS FESTIVOS E SAGRADOS. A inundación do lugar onde estaba ubicada a igrexa e do
campo no que se celebraba a festa do San Benito, fixo
necesario o traslado do templo. Os veciños do Baño
asocian este cambio co declive da festividade e coa
caída da devoción. Puideron trasladar o santo pero
non puideron facer o mesmo co espazo, a súa sacralidade e devoción.
“o San Benito (...) desde que se mudou (...) perdeu
muito (...) xa non foi igual (...) pouco a pouco foi
esmorecendo (...) podemos dicir que o San Benito
tambén se foi co embalse”
As novas xeracións, cada vez interésanse menos
polo que acontece na outra beira do encoro. Medio
século de separación artificial foi suficiente para
socializalos na distancia e na indiferencia.
O encoro provoca a ruptura do santo co seu
espazo tradicional, e indirectamente desmotiva ós
devotos da outra beira do río, ao incrementarse a
distancia e as molestias para achegarse ó Baño.
“os de agora (...) non ten o mesmo interés que nós
(...) comprende-se ( ...) non se ven (....) nós por un motivo ou por outro viamonos a miúdo”
A FRACTURA DO UNIVERSO SIMBÓLICO.
Nun breve
intervalo de tempo, ese espazo que amaban, coidaban, e no que vivían e se interrelacionaban, cheo de
ARRAIANOS
69
A MALDICIÓN DO ENCORO NA MEMORIA ORAL
significados, matices e vida, cos seus lugares de
encontro, de faena, lecer e descanso, pasa a ser un
gran lago uniforme, amorfo, hostil, que asulaga a
sua historia persoal e colectiva e quebra o eslabón
que os unía co pasado.
“(...) ver como subía o embalse (...) todo ía quedando debaixo da auga (...) de repente aquel paraíso que era
o Baño (...) pasa a ser un gran charco (....) e tú sin poder
faguer nada (...) sen ter a quen recurrir (...) para nós
todas as portas estaban cerradas”
Os afectados teñen clara a
PROBLEMAS DE SAÚDE.
relación causa-efecto entre o encoro, as néboas e as
súas enfermidades; son conscientes de que o encoro
deteriora a súa saúde: reumas, andacios, resfriados.
Segundo eles, antes da inundación, a humidade e as
néboas non eran ni tan frecuentes ni tan intensas
como na actualidade.
“con estas néboas que nos trae o embalse (...) roenos
os ósos (...) agora temos moitos mais catarros e reumas
(...) antes non había tantas (...) pero agora xa ves (...) e
o corpo é o que as sofre”
70
ARRAIANOS/
O ENCORO DAS CONCHAS
/ primavera 06
ADEUS ÁS AUGAS TERMAIS.
As augas quentes eran
sinónimo de saúde, e a elas recurrían cando afloraba a enfermidade, e como prevención para evitala.
Ás augas dábanlle o calificativo de milagrosas, utilizábanas como terapia de dúas maneiras, en
forma de baño, ou bebida, para os diversas males
da pel, fígado, ósos e riles.
Consideran inxusto que unha fonte de saúde
coma a destes baños poida estar debaixo da auga a
meirande parte do ano; ese sentimento increméntase ao ver que están a escasos metros da beira do
encoro, e pensar que ninguén fixo nada para evitar
o seu asulagamento.
“Ai estas augas (...) eran milagrosas (...) valían para
todo (...) dende maio a septembro toda a Limia estaba no
Baño (...) de vir a xente derrangadiña e ós quince días marchar nova (...) e agora velas debaixo da auga e a poucos
metros da beira”
A MALDICIÓN DOS AFOGADOS E AS MALAS COLLEITAS.
A sua memória garda e contabiliza o número de
persoas afogadas no encoro, dende o seu inicio. E
ao tratarse xeralmente de xente nova, ese impacto
é maior. Cando fan referencia a este capítulo de
afogados, é curioso que a culpa é sempre do encoro, sen ter en conta a imprudencia dos afectados.
“ e que me dis (...) daqueles mozos de Forcadas (...)
que se afogaron cando viñan da Clamadoira (...) ou do
sobriño do cura (...) ou eses mozos de Celanova (...) mais
de dez ou doce pesoas leva tragadas este embalse”
A despensa tamén se viu afectada polo encoro,
xa que consideran que perxudica de forma directa
determinadas colleitas, ás que as néboas e o exceso
de humidade non lles son nada beneficiosas.
“agora hai cousas (...) que non podemos semear (...) ó
estar as terras ó pé do embalse (...) principalmente as fabas
(...) collen unha espécie de peste e xa non se dan coma
antes”
Para eles, antes de facer o encoro o clima da zona
era diferente, este caracterizábase por ter as catro
estacións perfectamente marcadas; na súa memoria
perviven épocas de fortes chúvias e nevaradas que
ás veces incluso lles impedían sair da casa.
“foi o embalse (...) agora neva menos (...) desde que
veu (…) o tempo non é o mesmo (...) hai mais néboas
(...) chove menos”
A semente do mal do encoro das Conchas comezou a incubarse a principios do século XX, coa promulgación da Lei de Augas e foise desenvolvendo ó
amparo do clima favorable que lle ían aportando as
sucesivas concesións e transferencias das que foi
gozando a obra do encoro, até a sua definitiva madurez co decreto que contempla a ampliación do mesmo
e a sua materialización definitiva no ano 1947.
Hoxe en día séntense reféns do encoro, ao contemplar ese gran lago interior, esa masa de auga que o
domina todo, e que ten gran parte da súa riqueza, da
sua vida e da súa história, sepultada baixo as augas.
Esa visión tráxica dos afectados polo encoro,
onde só ven males e desgrazas, contrasta fortemente coa sensación agridoce que experimentan os seus
fillos, ao ver luces e sombras no mesmo, ou a sensación máis ben optimista que transmiten os seus
netos, ó contemplalo coma un espazo lúdico, de
ocio, e de traballo, que con imaxinación, visión de
futuro e apoio oficial, pode aportar riqueza e novos
poboadores a unha comarca chea recursos e posibilidades, que aínda están agardando un verdadeiro
pulo de dinamización socioeconómica.
MANUEL RIVERO PÉREZ
BIBLIOGRAFÍA:
Arquivo de Fenosa da Coruña
Arquivo da Confederación Hidrográfica do Norte de España de
Oviedo
BERGER, P. La Construcción social de la realidad. Buenos Aires,
Amorrotu, 1991.
BERMEJO, X. Sobre las dimensiones significativas del espacio.
Santiago, Aga, 1984.
FRANKL, V. el Hombre en busca de sentido. Barcelona. Herder,
2004
GARCÍA, J. Discursos y fronteras: límites físicos, límites sociales y
límites mentales. Santiago, Consello da Cultura Galega, 1991.
GARCIA, B. Las rutas sagradas de Galicia. Diputación de A Coruña,
1999.
GEERTZ, C. La interpretación de las culturas. Barcelona, Gedisa,
1996.
GEERTZ, C. El surgimiento de la antropología posmoderna.
Barcelona, Gedisa, 1998
LISÓN, C. Antropología Cultural de Galicia, Madrid, Akal, 1990
MAIRAL, G. Agua, tierra, riesgo y supervivencia, Zaragoza,
Universidad de Zaragoza, 1997.
VALLE, T. Incidencia de las nuevas socializaciones en la elaboración
de la memoria individual y social. Zaragoza, Instituto Aragonés de
Antropología, 1996.
VELASCO, H. La lógica de la investigación etnográfica. Valladolid,
Trotta, 1997.
SANCHEZ, F. La liturgia del espacio. Madrid, Nerea, 1990.
ARRAIANOS
71
UN SINGULAR CONVIVIO RELIXIOSO
PROFANO
MASCARADAS NO INVERNO ARRAIANO
A FESTA DO SANTO ESTÊVÃO OU DOS RAPAZES
(OUSILHÃO-VINHAIS)
No día 26 de decembro a igrexa católica celebra a
festividade de San Estevo. Foi o primeiro mártir, e
dise que viviu no século I, sendo un dos setenta e
dous discípulos de Xesús. O mozo diácono estaba
dotado de gran elocuencia e foi un fervente defensor
da doutrina cristiá e bo predicador, axudando nesta
tarefa aos apóstolos, ademais de ser nomeado administrador dos bens da Igrexa. Os xudeus acusárono
de blasfemo e de desprezar a súa relixión, e por elo
foi morto a pedradas en Xerusalén.
En Ousilhão, unha pequena poboación transmontana pertencente ao concello portugués de Vinhais,
celébrase durante os días 24, 25 e 26 de decembro a
denominada Festa do Santo Estêvão ou dos Rapazes.
72
ARRAIANOS/
ENTROIDO ARRAIANO
/ primavera 06
Trátase dunha festa relixiosa que engloba cerimonias
de carácter cristián na honra deste santo, como poden
ser a misa cantada, ou a procesión que se fai ao redor
da igrexa, pero na que participan activamente outra
serie de personaxes con cargos definidos como o dun
rei, ao que acompañan dous vasalos; catro engalanados
mozos seguidos dun grupo de gaiteiro con caixa e
bombo, aos que lle hai que engadir un numeroso
grupo de persoas enmascaradas, ataviadas co tradicional traxe e máscara de careto.
A grandes rasgos, a festa desenrólase así: Na
mañá do día 25 o rei convida aos catro mozos e ó trío
musical -que toca gaita de fol, caixa e bombo-, para ir
todos xuntos de rolda visitar as casas dos veciños,
onde cantan e bailan, e despois recollen as esmolas
para a igrexa. A comitiva vai seguida dun numeroso
grupo de máscaras (caretos), os cales, unha vez que
cerimonia, entran na casa o grupo de enmascarados
(caretos), en completo desorde e facéndolle toda clase
de bromas ás persoas que van atopando, corren, saltan
paredes, cambian cousas de lugar... E contra a noite,
unha vez rematada a rolda polo lugar, era costume
que foran todos a galhofa, un baile feito nunha cuadra
ou lugar axeitado, no que participaban todos, homes,
mulleres ou nenos até altas horas da madrugada.
Na mañá do día 26, a mesma comitiva volve facer
unha rolda polo lugar entrando nas casas que quedaron sen visitar no día anterior, e cantan:
Levantem-se ó Senhores
deses seus escanos dourados
dai a esmola ao Santo Estêvão
que ele lhes dará o pago.
E chegadas as 13 horas, os catro mozos, acompañados dos músicos e dos caretos, acoden en busca do rei
e dos vasalos. Os caretos arranxan un carro tradicional,
montando nel a estes persoeiros, e todos, en característico cortexo, van camiño da igrexa, onde os agarda o
crego da parroquia, quen con auga bendita bendice a
rei e vasalos na entrada do templo.
saíron da casa os mozos que piden as esmolas, entran
facendo toda clase de bromas amparados no anonimato que lles outorgan traxe e máscara.
Cada un dos catro mozos vai tocado con chapeu no
que unha fita de cor envolve a copa e colga as puntas
sobre as costas; tamén levan un fermoso e colorido
mantón ou lenço que atan con nó na parte frontal, e nas
mans adoitan levar castañolas. Cada veciño agarda á
comitiva nas súas casas para agasallala con variedade
de viandas (pan, viño, carne de porco, doces...) colocadas enriba de mesa e mantel. Os catro mozos entran na
sala acompañados dos músicos e danzan e cantan
arredor da mesa estas cancións:
Estas casas são caiadas,
mais por dentro do que por fora,
muitos anos vivam nelas
os senhores que nelas moran.
Unha vez que a comitiva remata o acto de desexar
as boas festas, os donos da casa ofrecen esmola de
pezas de fumeiro ou diñeiro. Nada máis rematar esta
Durante a misa cantada o rei cos seus vasalos ocupan un lugar destacado no altar, e bendícese un cesto
cheo de pezas de pan. Durante este acto relixioso
tamén se desenrola unha procesión arredor da igrexa
na que participan os catro mozos portando o andor no
que vai a imaxe de Santo Estêvão, seguidos de rei,
vasalos, crego, músicos e fieis.
Unha vez que remata este acto, os caretos, que se
mantiveron en silencio e fóra do templo, volven recuperar a súa desordenada e frenética actividade, e todos
os actores que participan nesta singular festa van en
dirección á Mesa de Santo Estêvão ou tamén denominada Mesa do Povo, preparada, se o tempo o permite, ao
aire libre, coas variadas viandas das esmolas ou ofrendas dos veciños, pan, viño, doces, pezas de fumeiro,
froita... Nun dos extremos preside a mesa o crego, na
compaña do rei e dos vasalos; cómese o pan bendito e
bébese viño, e despois de que o crego bendice a mesa
coas ofrendas xa se elixe o novo rei do próximo ano,
momento en que os presentes –agora xa acompañados
dos caretos- aplauden no acto de troque de coroas. De
seguido, un dos mozos sube á mesa cun vaso de viño
na man e procede ao leilão, subasta da mesa cuxo diñeiro vai servir para organizar a festa no ano seguinte, un
trato que se pecha bebendo ambos o viño do vaso, o
mozo e o que se fixo coa subasta.
ARRAIANOS
73
UN SINGULAR CONVIVIO RELIXIOSO
PROFANO
MASCARADAS NO INVERNO ARRAIANO
os que se celebran en
Covelo
(Melón),
Mugares (Toén), Beariz,
ou noutros concellos
arraianos como Entrimo,
Lobios, Bande, Muíños,
Lobeira...
A continuación, o novo rei cos seus vasalos, seguidos polos caretos, van en comitiva até a súa casa
onde ofrecen pan e viño aos acompañantes. No
tempo comprendido entre a comida colectiva e o
baile (galhofa) da noitiña, os caretos continúan coa
súa actividade frenética.
ALGÚNS ASPECTOS DO ENTROIDO NO SURESTE OURENSÁN
Desde tempos arrecuados, a tradición do
Entroido vívese de maneira especial e intensa no
espazo arraiano galego-portugués. Perviven aínda
unha serie de entroidos de carácter local, en aldeas e
pequenas vilas, que aínda amosan antigos rituais, no
seu ciclo particular, nas máscaras, nos folións, nas
representacións parateatrais, nos entremeses, nas
críticas...
Comentaremos aquí algúns destes aspectos que
caracterizan ou diferencian a estes entroidos doutros da
nosa provincia ou de Galicia. Ourense é a provincia
galega con máis variedade de máscaras e de personaxes
entroideiros, con entroidos de moita sona no centro e no
leste da provincia, pero sen esquecer, por dicir algúns,
74
ARRAIANOS/
ENTROIDO ARRAIANO
/ primavera 06
O ciclo nestes lugares
arraianos da provincia
vén marcado por unha
serie de datas que van,
por exemplo na Gudiña,
dende o Xoves de
Compadres na semana
septuaxésima, Domingo
Corredoiro, Xoves de
Comadres na semana
sesaxésima e Domingo
Gordo ou Domingo de
Intrudio; continuando co
Luns e Martes de Intrudio
até o Mércores de Cinza.
Non se pode destacar
aquí o Enterro da Sardiña,
importación do centro
da Meseta, aínda que se celebra en Viana do Bolo ou
mesmo en Verín; na Gudiña tamén se fixo algún ano
na década dos cincuenta do pasado século, esmorecendo logo. O máis propio de aquí é a queima do
Intrudio na noite do martes, que ven significar a fin da
celebración entroideira. Houbo na zona (A Gudiña,
Viana...), e creo que aínda pervive na Mezquita, o carnavalesco xogo do galo -costume tamén documentada
no Barroso-, co seus rituais apartados de xulgamento,
testamento, corrida ou morte do galo por parte de mozos
e rapaces.
Falando do ciclo, habería que deixar constancia de
que por aquí semella que recúa até mesturarse con celebracións de marcado carácter relixioso, claro está, no
relacionado a certos personaxes que piden, rouban, bromean ou incordian no acto de pedir aguinaldos e esmolas, por exemplo na festa de Reis do sureste ourensán
ou nas portuguesas Festas dos Rapazes de tanta raizame
en moitos lugares do Nordeste Transmontano: Aveleda,
Varge, Babe, Vila Meã (Festa da Calaça), Deilão (Festa do
Natal), São Julião (Festa da Juventude)... ou mesmo nas de
Santo Estêvão: Ousilhão, Parada, Grijó de Parada, Vale
das Fontes, Rebordelo, Torre de Dona Chama...
te acostuma saír nun singular Entroido de verán o 15
de agosto, O Boteiro e o Danzarín en Vilariño de
Conso, O Boteiro en Viana do Bolo, O Vellarrón na
Veiga do Seixo (Riós), máscara que desapareceu,
pero que agora tentan recuperar, O Cigarrón en
Verín, O Zarramoncalleiro en Cualedro, O Careto en
varios lugares do Distrito de Bragança, A Mázcara en
terras do Bolo e Manzaneda, O Peliqueiro en Laza, O
Troteiro en Bande, O Cabreiro -de recente creación- en
Muíños, Galán e Madamiña en Entrimo...
OS FOLIÓNS
Entre os que teñen a encomenda de pedir as
esmolas, tamén saen outros personaxes que sen
dúbida amosan un marcado carácter entroideiro,
van enmascarados e teñen unha variada nomenclatura, por exemplo na Festa de Reis que se celebra no
Tameirón (A Gudiña) sae o Peloto acompañado pola
Madama, moza engalanada con fermosas roupas; en
Pentes (A Gudiña) sae o Farrampón, vestindo farrapos, coroza ou outro tipo de roupas vellas, coa cara
tapada, con longo lareiro na man e saco ao lombo
onde vai gardando o que pode roubar nos fumeiros
das casas. En San Lourenzo (A Gudiña), tamén saía
o Farrampón na mesma festa. En Chaguazoso (A
Mezquita), sae a Rita, un home vestido de muller
que fai a mesma función cós anteriores; na Mezquita
O Zamarreiro; Os Caretos nas referidas Festas de Santo
Estêvão e Festas dos Rapazes. Singulares nomenclaturas: Farrampón, Madama, Peloto, Zamarreiro, Careto...
aos que lle habería que engadir os que aparecen
inmersos en entroidos xeograficamente moi vencellados ao espazo arraiano, como poden ser, sen apartarnos moito, O Marafón en Lubián, que ultimamen-
Os folións acadan gran relevancia en concellos da
montaña sureste da provincia, Viana do Bolo, A
Gudiña, Vilariño de Conso, Manzaneda, O Bolo,
Trives... lugares e aldeas pertencentes a estes concellos manteñen esta tradición e amosan de forma
cíclica, nos seus percorridos por aldeas e capitalidades municipais, variados e coloridos disfraces, participando na numerosa fuliada os veciños, dende os
máis pequenos até os máis vellos, tocando, con ritmo
propio, en grandes bombos, bucinas, aixadas, gadañas, e outros apeiros da labranza, encabezados por
varios boteiros ataviados de colorida e fermosa vestimenta. Nestes entroidos da montaña non faltan as
rústicas carrozas e disfraces de claro vencello agrario
e raizame aldeá, con presenza de representacións
animais como a do oso ou “bicho” acompañado do
cazador ou domador (Manzaneda, Viana, Vilariño de
Conso...), o touro e o toureiro (zona de Manzaneda e
Trives) a mula falsa e o maragato (Viana do Bolo),
vacas “botonas”, como a morena, que sae escornando
contra a noitiña do Luns de Entroido en Laza, o boi
en Petín, o xigante (touro) en Celavente-O Bolo, o boi
na Veiga do Bolo...
As fuliadas veciñais propias destas aldeas de montaña teñen por costume escenificar nunha aira ou
lugar apropiado e ante numeroso público, as variopintas e mordaces representacións, as críticas, ou os entremeses, que levan a cabo improvisados actores locais,
veciños da aldea que van desenrolando unha especie
de obra teatral, con guión dialogado e rimado que previamente foi feito por un veciño e logo aprendido
polos actuantes. Case sempre se tocan temas ou feitos
relevantes acontecidos durante o ano na aldea, onde
os improvisados actores adoitan amosar a súa graza e
dotes de interpretación, facendo rir ao público que se
arremuíña e escoita con atención arredor do espazo no
que se desenrolan os actos.
ARRAIANOS
75
UN SINGULAR CONVIVIO RELIXIOSO
PROFANO
MASCARADAS NO INVERNO ARRAIANO
tamén saen cornos.
Dependendo das zonas,
as caretas poden ser de
madeira, folla de lata, cortiza, ou mesmo doutras
materias primas, como
palhinha, verga, escrinho...
Hai un tipo de máscaras
propias da época de
Entroido, pero tamén as
hai vencelladas a outras
festas como a festa de
Santo Estêvão ou dos
Rapazes, os Reis... A utilización deste tipo de
máscaras e traxes esténdense principalmente
por diversos lugares do
Distrito de Bragança,
chegando a lugares raianos como Río de Onor e
outros de Vinhais, onde
teñen sona as máscaras
de Ousilhão.
Aínda perviven en certos lugares as visitas que fan
estes fulións a aldeas veciñas. Son visitas que se volven
cumprimentar á viceversa no ano seguinte. Os visitantes,
con toda a fuliada, colócanse na entrada do lugar onde se
desenrola o acto de pedir o permiso para entrar na aldea
ante varios representantes veciñais que os reciben dándolle a benvida. Un ritual no que se solicita o permiso e se
autoriza en forma de verso e no que os parroquianos
conviven e confraternizan entre eles nunha xornada eminentemente festeira, fortalecida e fornecida cunha posterior merenda a base de produtos gastronómicos locais
con que os da aldea agasallan aos seus conveciños.
AS MÁSCARAS
Tamén son singulares as máscaras que saen nestes
entroidos máis ou menos apegados á Raia Seca. Os
caretos portugueses son máscaras que adoitan levar
fermosos traxes feitos con tea de antigas e coloridas
cubertas de cama artesanais, calzando zocos ou botas
de coiro, polainas; portando un característico caxato e
con restras de chocallos e esquilas na cintura, peito e
espalda, e tapando a cara cunha careta feita de madeira representando unha cara humana, da que ás veces
76
ARRAIANOS/
ENTROIDO ARRAIANO
/ primavera 06
E na parte arraiana galega, os boteiros da terra de
Viana do Bolo tamén levan a cara tapada con máscara
de madeira pintada, predominando a cor negra no
fondo, sobre a branca e a vermella. Na ampla boca
sobresaen ben os dentes, deixando entrever un cínico
sorriso; algunhas adoitan levar nesta parte unha salamanca pintada, e outras, cobras talladas. Outros detalles son un nariz bastante grande, ollos con cellas e
pestanas pintadas, ou mesmo os cornos. Enriba da
careta leva unha especie de pantalla chamada cadro,
unha armazón de arames entrecruzados, enfeitados
con papeis de cores formando distintos motivos xeométricos. Portan esquilas na cintura, e visten unha
camisola bordada con fitas de seda ou raso, un calzón
de trazo militar con bandas laterais e algunha rolda de
flocos de diversa cor nas pernas. Nos pés levan botas
con polainas de cor negra, e na man levan un longo
pau chamado monca.
En Vilariño de Conso tamén se denominan boteiros ás máscaras que acompañan aos folións. Son bastante comúns na maioría dos lugares do concello,
excepto en Mormentelos que teñen máscaras parellas ás da terra de Manzaneda, pero que denominan
danzarís.
Na compaña dos foliois de Buxán (O Bolo) acostuman ir un pequeno número de máscaras ataviadas con
fermosa vestimenta, facendo especie de baile e movementos ó son de bombos e apeiros de labranza. Estas
máscaras de Buxán portan na cabeza un alto pucho de
forma cónica, rematado nunha borla enfeitada de tiras
de cores ou floreada da que colgan moitas fitas de
cores que chegan ata os xeonllos do portador. Estes
puchos, todos adornados de teas ou papeis de cores,
acostuman levar na parte frontal pequenas bonecas e
na parte baixa van rematados con flocos de cores. O
enmascarado oculta a súa faciana cunha carauta.
Levan camisa branca e garabata. Na parte superior do
corpo levan un fermoso mantón floreado, colgándolle
os flocos dos ombreiros e parte baixa da cintura. Por
riba do mantón engarzan fitas de variadas cores. O
pantalón soe ser tamén de cores. Nas mans levan
luvas, portando nunha delas unha enfeitada caxata, ou
espada de madeira e na outra unha bolsa ou saquiño de
tea na que parece ser que levan fariña ou papeliños de
cores para botar á xente. Calzan botas altas ou polainas
de cor negra.
A vestimenta que empregan consta dunha careta
feita artesanalmente de cartón forte, con cara rosada,
na que se resaltan ben a boca, ollos, cellas, pestanas,
uns vermellos coloretes nas meixelas, un pronunciado
nariz, barba, patillas e amplos bigotes. A careta leva
enriba unha especie de pantalla ou entramado de
forma cadrada, todo enfeitado con multitude de
papeis de cores, formando diversos motivos xeométricos, prevalecendo os de forma vexetal feitos a base de
multitude de floriñas de papel de cores. Tamén os hai
que levan no cadro figuras de animais salvaxes. Deste
entramado superior ou pantalla colgan fitas de variadas cores.
O resto da vestimenta destas máscaras consta
dunha camisa de cor branca con garabata, unha camisola de felpa, enfeitada con fitas de cores, bastante
parecida á que levan os boteiros da terra de Viana do
Bolo. Levan tamén un calzón enfeitado con roldas de
flocos de variada cor, vermella, amarela, verde, branca..., sobre fondo vermello ou branco. Á cintura levan
un cinto con esquilas e calzan botas con polainas ou
legues de coiro, e na man portan unha pintada e longa
monca de pau.
Na Veiga do Seixo e Castrelo de Cima, ambos pertencentes ao concello de Riós, houbo unha máscara
que saía no Entroido con nome de Vellarrón, e que na
actualidade están tentando recuperar. Neste tipo de
máscaras destaca unha careta feita de cartón, representando unha cara humana con tódolos detalles,
pronunciado nariz, ampla boca e dentes, barba e
bigotes feitos de lá de ovella de cor negra, orellas...
Enriba da careta leva unha especie de pucho, en
forma de coroa real, feita de vimbios entrelazados e
enfeitados con papeis de cores que antigamente eran
pegados con masa feita de farelos e auga. Remataba a
coroa unha escarapela da que dependuraban moitas
fitas de cores.
O resto do traxe estaba composto por unha camiseta de felpa, enfeitada con fitas de papeis de cores que
formaban un debuxo en ángulo, rematando o vértice
case que na cintura, por debaixo do peito tiña unha
especie de escarapela da que dependuraban fitas de
cores; nos ombreiros tamén levaban escarapelas das
que igualmente dependuraban fitas de cores. O calzón, de felpa, era enfeitado coséndolle cintas de papeis
de seda, ou rizado de varias cores, formando liñas
horizontais. No pescozo levaba un pano de cor branca, e na cintura unha faixa, tamén de cor branca,
debaixo dun cinto con esquilas. Nas pernas levaba
ARRAIANOS
77
UN SINGULAR CONVIVIO RELIXIOSO
PROFANO
MASCARADAS NO INVERNO ARRAIANO
do Entroido. Na Quarta feira de Cinzas en Vinhais os
protagonistas do ritual son os diabos e outra figura que
representa a morte. Neste Mércores de Cinza andan os
“diabos á solta”, as rúas desta vila trasmontana énchense de numerosas persoas con disfrace de diabo. Este
consiste nun fato de cor vermella que cubre á persoa
totalmente, desde a cabeza ata os pés, e que pecha na
parte dianteira por medio de varios botóns. A parte da
cabeza tamén é cuberta por este disfrace feito de tea
vermella a modo de carapucho adaptado a esta parte
do corpo, con dous buratos para facilitar a visión, e
outros dous para o nariz e a boca, nos laterais da fronte tamén destacan dous tesos cornos.
polainas de coiro ata os xeonllos, abrochadas con febillas. Nas mans levaba luvas de cor branca. Portaba un
farrampo ou tralla, que se asemellaba a un mallo, feito
cun mango de pau e unha tira de pel, ás veces forrada
con tea de saco de esparto. Co farrampo zorregaban a
cantos atopaban polas rúas ó seu paso.
Cigarróns (Verín) e Peliqueiros (Laza) son máscaras
ben coñecidas polo público en xeral, e que se espallan
con feitura parecida por outras zonas, anque con diferente nomenclatura, como poden ser os Felos (Maceda),
o recentemente recuperado Zarramoncalleiro (A Xironda
e Cualedro), ou o Chocallón que Silvio Santiago documenta en Vilardevós. E se seguimos avanzando cara o
oeste, non se poden deixar de referenciar madamitos e
madamitas, galáns, cabezudos e faranduleiros en Entrimo,
troteiros e troteiras de Bande, cos seus fermosos traxes e
chapeus enfeitados, cabreiros en Muíños amosando caretas con retorcidos cornos, ou mesmo as que documenta
Xoaquín Lourenzo en terras de Lobeira.
O RITUAL DOS DIABOS E DA MORTE
Antes de rematar este comentario entroideiro, traemos aquí unha peculiar maneira anunciadora da fin
78
ARRAIANOS/
ENTROIDO ARRAIANO
/ primavera 06
Os diabos portan na man un chicote (látego) ou
anaco de corda co que fustrigan a tódalas mozas que
atopan na rúa, mentres estas foxen dando gritos de
¡oh, morte! ¡oh, diabo!; algunhas buscan refuxio en casas
ou onde cadra, tratando de esconderse dos diabos e da
outra figura, a morte, que deambula silenciosa pola
poboación. A figura da morte veste traxe de cor negra,
no que están pintados en cor branca os principais ósos
do esqueleto humano, na cabeza leva un alto pucho
negro no que tamén van pintados en branco unha
caveira e dous ósos en cruz. Ao lombo leva unha gadaña encabada ao contrario, e nunha man porta un látego feito de corda.
Cando estas figuras terroríficas dan cabo de algunha vítima, lévana a unha pedra do largo do Arrabalde,
escaleira do Pelourinho, ou noutro espazo parecido, e
fan axeonllar á vítima ou vítimas diante da figura da
morte, e logo recitar a seguinte “oración”:
Padre Nosso, caldo grosso,
carne gorda não ten osso,
rilha-o tu que eu não posso.
Salve Rainha, mata a galinha,
põe-na a cozer, dá cá a borracha que quero beber.
Creio em Deus, padre todo poderoso,
o filho do rei criou un raposo.
Cando rematan, a morte pon a folla da gadaña
diante da vítima para que esta a bique. Todo ben a
ser una acto de submisión e obediencia ante estas
figuras arrepiantes, que producen temor e medo
neste primeiro día de Coresma. Logo a morte dá
orde aos diabos para que procedan a fustrigar co
látego ás mozas, intre no que estas se levantan e
foxen gritando despavoridas.
Hai
que
opina
que
isto deriva
dun costume
medieval, en
que
neste
primeiro día
da Coresma
un individuo
vestido
de
morte deambulaba polas
rúas da localidade, avisando ós fieis que estivesen preparados, xa que na
hora menos pensada a morte podía chegar e segarlles a vida coa gadaña.
Hai cantigas que se empregaban na serra da velha que
semellaban un responso relixioso cantado en latín. En
Vilar de Perdizes, cara á fin da tarde, xuntábanse os
homes e por veces as mulleres ou mozas e ían polas rúas
nun grupo ou en varios, en busca dunha casa onde houbera unha vella. E facíanlle comparanza e burla dicindo
que só servía para táboas de forrar caixóns, do piso, para
os cortizos das abellas, mangos de navalla ou calquera
outra cousa, cantando todos:
A serra da velha
Para serrar a velha empregaban unha “serra” ou
“brúa”, que era feita cun cántaro e un fío de zapateiro, atado no fondo, que ó tirar del ou apertarlle a
man, bruaba. O mozo que levaba o cántaro ou a pota
era o “serra a velha”, mentres os demais ían facendo
que choraban e dicindo: -Ó minha avocinha, adeus; ó
minha avocinha adeus... Noutros lugares do Barroso
facían unha especie de enterro da velha. Amañaban
unha vella con palla e púñana nun ataúde, e ían en
comitiva fúnebre a un lugar onde queimaban a vella,
entre grandes berros e ruído dos chocallos. Na
Moimenta (Vinhais) tamén había este costume de
serrar a velha.
Cousa común en Trás-os-Montes era a serra da velha.
É no medio da Cuaresma, na quarta feira (martes) da terceira semana coresmal. De moita tradición en pobos do
Barroso, Vilar de Perdizes, Tourém; Valdante (Chaves);
A Moimenta (Vinhais)... Costume antiga, tradición, mesturanza de fogo, alegría, danza, sons de chocallos..., e
cantigas que dan conta do tempo coresmal.
Estamos no meio da Coresma,
á a páscoa vai chegada;
uns dizem serre-se a velha,
e outros a velha serrada.
Por exemplo en Tourém, un mes antes da festa os
rapaces procuraban xuntar tódolos chocallos que
podían, sobre dez ou quince cada un. E chegado o día
da serrada da velha ía todo o grupo polo pobo adiante
facendo ruído cos chocallos, onde había vellas para
“serrar”. Cada rapaz cos seus chocallos amarrados na
cintura e algún vestido con coroza. Unha vez que atopaban á vella e rodeábana, entre o grande ruído da
chocallada, até que lles prometese viño e unha velha de
palla. Unha vez que o conseguían, puñan a palla
envolta nun pau en forma de cruz e ían a un outeiro
fóra do pobo, e alí no alto dunha árbore púñanlle
lume á vella. Os rapaces facían corro arredor dela,
abaneando os chocallos e berrando: “Ó minha velhinha, minha velhinha”.E cando remataban de queimar,
volvían ó pobo para pedir outra velha. Así facían unha
detrás da outra.
Alevanta-te, ó Lourenço,
toca as vacas ó lameiro,
cara larga, nariz comprido,
olhos bugalhudos, turra carneiro.
Vai a casa do Abade,
que te deia o teu dinheiro.
Cara larga, nariz comprido...
Pola noite había o único baile permitido na
Coresma. Durante o resto da Coresma non se bailaba
nestas aldeas, respectando a tradición, pois “é pecado
dançar na Quaresma.
En definitiva, a serra da velha, unha antiga celebración, quizais con raíces medievais, dirixida contra a
Coresma, onde como vimos se trocan as prohibicións
impostas neste tempo relixioso polo baile, a xolda, o
lume dos fachóns de palla, os chocallos... Unha tradición que semella facer revivir por uns intres o
ambiente eo espíritu de Entroido, aínda non tan lonxanos, que se resisten a morrer.
JOSÉ RODRÍGUEZ CRUZ
ARRAIANOS
79
RECOMENDACIÓNS LITERARIAS
LECTURA PERSOAL DE ESCURA E TRANSPARENTE DE BALDO RAMOS
H
ei confesar, para empezar, que o pasei mal
dándolle voltas ao libro de Baldo para preparar esta presentación, coa sensación constante de
que non ía ser quen de estar á altura. Aínda non lera
o prólogo (adoito facelo despois de ler os libros,
nunca antes). Coa lectura do texto de Arcadio
López-Casanova, a situación pre-parto foi aínda
peor. López-Casanova sistematiza, ao meu ver con
bastante precisión, todos os aspectos máis relevantes do texto de Baldo Ramos.
Por fin decidín procesar a miña propia lectura
do libro partindo dunha serie de ideas algo inconexas que se me foron ocorrendo. Velaquí van.
A primeira característica, acaso o trazo principal do libro: son poemas
que reflexionan. As reflexións son de alcance diverso pero resalta unha preocupación por preguntarse no poema pola escrita. A voz que fala nestes textos sinte a necesidade da escrita e recoñece os límites das palabras. O poema,
xa que logo, é unha procura, un desafío. O poeta, coma o filósofo, desconfía
do camiño coñecido, para escoller sempre “a dirección que asegura o extravío”.
Todo isto podería fiarse cun tema que me interesa dende hai un tempo:
os límites das palabras, a capacidade limitada (diría “incapacidade”) que as
palabras teñen para transmitir ideas, os límites do poema como obxecto contedor de ideas e palabras, a necesidade de o autor acoutar o espazo do texto
para comunicar e mais que o lector conserve o seu propio espazo de construción.
E non hai respostas. O poema só (nada menos!) propón preguntas.
López-Casanova no prólogo e, seguindo ese fío, Chus Nogueira na páxina
do Consello da Cultura detéñense nas cores que aparecen nos poemas. Pero
penso que é importante remarcar que esta escolla cromática non ten nada que
ver con imaxes visuais. Chama a atención porque é o primeiro que un imaxinaría ao tentar percorrer o camiño que une os textos de Baldo coas ilustracións
do libro: o poeta co artista plástico. Pero as imaxes do libro non son visuais. Ata
onde podo ver, as cores están para debuxar paisaxes anímicas.
Hei fiar aquí, xa que logo, co asunto das ilustracións do libro. Postas por diante as miñas limitacións como observador de artes plásticas, teño a impresión de
que estes trazos transmiten, por momentos, solidez, confianza (como o da portada, por exemplo), pero por momentos deixan translucir un debate interno, o desacougo da procura expresiva que non se dá acadado (na páxina 34-35), ou a dor
que se agocha detrás de toda procura (páxinas 22-23). Tampouco son visuais as
paisaxes das ilustracións: son, outra vez, paisaxes da alma. Velaí o fío.
Detereime un intre no aspecto formal dos textos. Son, efectivamente, poemas relativamente breves, nos que predomina o verso curto. Aínda que non
80
ARRAIANOS/ RECOMENDACIÓNS LITERARIAS / primavera 06
RECOMENDACIÓNS LITERARIAS
son poucas as excepcións. Pero chama a atención como os poemas parecen
estar construídos cunha conciencia moi clara da folla en branco, da localización do poema na páxina, do debuxo que producen as palabras.
Dende un punto de vista rítmico pouco hai que dicir. Todo o que se diga
resultará nunha descrición máis ou menos prolixa dos recursos dispoñíbeis
para a construción do ritmo no verso libre. O autor coñéceos e fai uso deles
con toda a sapiencia do vello mariñeiro.
Os que me coñecen saben que non son moi amigo das lecturas semánticas do poema. E moito máis en casos coma este, no que a aparente sinxeleza
formal é soporte de imaxes de construción arriscada, mesmo violenta. Creo
que as lecturas diferentes que cada un pode facer dos poemas de Baldo son
múltiples e a miña non ten maior valor cá doutro.
Mesmo así, atrevereime a enumerar algúns dos temas que percorren estas
páxinas. (A enumeración é caótica, o lector saberá desculpar.)
o xa mencionado meta-poema, a poesía que fala da poesía: a necesidade
expresiva, a palabra que acouga e a dor da palabra incompleta
o poema epistemolóxico: o poema para coñecer ou ordenar o mundo
a procura: a procura individual, o ser humano que percorre o seu camiño
o outro: pero sempre visto a través do filtro persoal, o outro en función
da construción do eu, o outro como soporte que xustifica ou explica o camiño que se anda
a identidade: o saberse parte dunha identidade común, o ser no seu
cerne, a memoria
o meta-poema outra vez: dicir o poema para esconxurar a dor e ser consciente no poema da inutilidade da empresa
Pero son os lectores os que teñen que facer o seu propio catálogo dos
temas de “Escura e transparente”. A lista que cada un dea construído con
certeza diferirá da miña.
En todo caso, aconsello ler este libro de vagar e con todos os sentidos postos na tarefa. Terá o lector entre as mans un libro que, se permanece alerta,
amosará moitas lecturas coma moitas peles ou abrigos. E sempre é bo ritual
ilos quitando aos poucos.
EDUARDO ESTÉVEZ
Escura e transparente, Baldo Ramos. 3C3 Editores, 2005.
ARRAIANOS
81
RECOMENDACIÓNS LITERARIAS
BOA
PROPOSTA PARA SABOREAR
L
icor de abelá con xeo é a segunda novela publicada por Xurxo Sierra
Veloso, que é orixinario de Silva Escura, no concello de Ramirás, ao
mesmo pé da serra da Fonte Branca. Hai xa uns cantos anos dérase a coñecer con Os ollos do Rei de Copas (1994) e, agora mesmo, acaba de gañar o
“Premio Risco de Creación Literaria” 2006 pola narración Os mércores do Fra.
Ademais este escritor, que en tempos fora investigador do Centro Ramón
Piñeiro, traballou noutros proxectos relacionados coa nosa literatura, do que
é mostra a edición Era un son de buguina, a cal iniciou a colección “Libros da
Frouma” da editorial Follas Novas. Froito da súa querencia e vinculación
con este espazo vital de orixe é mostra a páxina que mantén en internet co
título www.reidecopas.blogspot.com.
A amenidade segue a ser trazo característico do autor. Isto faise evidente na urdime da
historia e na sinxeleza do xeito de a contar. O mesmo sucede co seu sentido do humor, ao
cal non lle son alleos a ironía e a parodia.
O dito xa nos conduce a entrar, de cheo, nesta novela. Pódese indicar que a literatura é
o motivo de fondo arredor do cal se vertebra o libro. Como mostra están os atinos e desatinos dunha leira, a cultura, aínda marcada —de marco, dos marcos das nosas herdades—
polo minifundio.
Aí é onde xorde a visión crítica do narrador a moitos ámbitos do noso panorama cultural. Para poñer mostras, o mundo dos premios literarios, ao redor do cal se enfía a narración,
é obxecto de aguda perspectiva, a partir do certame anual de novela da vila do Pousadoiro.
O mesmo acontece coa reverencia paternalista perante eminentes persoeiros —encarnada no
catedrático Gustavo Zas— ou cos vicios de certo sector da crítica literaria.
Veñen moi ao xeito, neste último aspecto, as propias palabras do libro para denunciar
unha práctica non inhabitual: “un parvo, un mediocre, unha alpabarda sen sentimentos que
nunca se atrevería a poñer mal un poemario de Ferrín ou unha novela de Alfredo Conde,
pero que non tiña reparos á hora de esmagar a honra literaria dun imberbe”.
Os personaxes deste narrador teñen un algo moi de seu que os identifica. Talvez sexa que
posúen, en conxunto, unha condición de humanidade que fai que o lector identifique neles
figuras construídas a base de sinxeleza, ao tempo que historias vitais moi compartidas.
Pasando as páxinas desta novela debruzámonos en lugares que falan moito da realidade emigrante que lle tocou vivir, hai xa unhas décadas, á nosa xente. Entre os escenarios
comúns para tantos ourensáns están Venezuela, Alemaña e Vigo, cidade esta na que sobrancea un acabado de estrear barrio de Coia. Como contrapunto desta realidade aparece unha
rica toponimia rural que non lles resulta descoñecida aos que conviven entre as terras do
Ribeiro e as de Celanova.
Esta obra constitúe, polo tanto, grazas á habelencia da voz narradora, unha boa mostra
das relacións sociais e dos hábitos de vida propios de moita da xente que lle tocou avantar
da ditadura cara á democracia. Pódese poñer como exemplo o moceo que se inicia no adro
da igrexa ao remate dun cabodano, entre dous dos protagonistas, Serafín e Palmira. Os
nomes de persoa contribúen tamén, por certo, á caracterización eficaz dunha época.
Licor de abelá con xeo, finalista do “Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta” en 2005,
é un libro que hai que ler. Unha interesante proposta dun escritor pertencente á Terra de
Celanova que sabe combinar axeitadamente elementos e valores do noso mundo cultural
cunha dose necesaria de sentido da ironía. Unha historia chea de frescura para degustar.
XOÁN CARLOS DOMÍNGUEZ ALBERTE
1 Xurxo Sierra Veloso, Licor de abelá con xeo, Santiago de Compostela: Sotelo Blanco, “Medusa”, 2006.
82
ARRAIANOS/ RECOMENDACIÓNS LITERARIAS / primavera 06
RECOMENDACIÓNS LITERARIAS
O RECREO DUN CABALEIRO
N
on son crítico de libros, grazas
a Deus, mais gusto da lectura
e da pesca, nesta orde cronolóxica. É
por iso que, a finais dos oitenta,
cando -contra todo prognóstico, contra natura se queredes- me deu polas
troitas e vin por casualidade nun
catálogo un libro titulado: Guía para
pilla-las troitas, miñas señoras, pedinllo
inmediatamente a Manolo de Tanco
coa ilusión xuvenil de que, do
mesmo xeito que se aprende teoloxía
ou numismática lendo, aquela obra
podería ensinarme a pescar troitas.
Marchei para a casa cun libriño de
tapas cor ribeiro tinto e unha pouco
prometedora caricatura dun pescantín na portada. Aínda que non me serviría directamente para
o meu propósito, entre outros motivos porque -como sinalaba
o autor- as troitas non len, nunca me arrepentín de telo mercado (745 pesetas é o prezo posto a lapis na terceira páxina).
Divertiume de principio a fin e, en non poucas ocasións, fíxome rir ás gargalladas. Co tempo, cando despois de moito
mallar os ríos, as silveiras, as árbores..., foron caíndo algunhas
troitas, decateime tamén da súa sabedoría troitolóxica e humana, do seu amor (civilizado) pola terra. E maiormente doutra
cousa: a súa oralidade. Na beira do río, cana en man, lembraba algunhas frases coma se, no canto de telas lido, as tivese
escoitado. O relato da “experiencia intelixente e longa dun pescador entusiasmado”, que dicía Carlos Casares no prólogo.
Agora, cun ano de retraso, chégame a segunda edición
deste libro de Juan José Moralejo, que se define a sí mesmo
como portador de TDE (Tambre, Deva, Eume), a diferenza do
vulgar ADN, ou tamén como profesor de grego en tempo de
veda. Aparece “corrixida e aumentada con lerias varias”, que
veñen sendo media ducia de fotos e un bo feixe de artigos xa
publicados na prensa, e co título xenuinamente trovadoresco
que lle convén.
Permitídeme un consello, arraianos, pescadores ou non:
lede este libro. Se o mercades, poñédeo na biblioteca no sitio
onde ten que estar, a carón do Walton e de Mis amigas las truchas, de Miguel Delibes. Se non queredes mercalo, empréstovolo eu.
LOIS CODIAS
As troitas, miñas señoras, Juan José Moralejo Álvarez. Ed. Galaxia, 2005.
ARRAIANOS
83
C
O N C E L L O
E
D E
N T R I M O
Praza do Concello n Terrachan
ENTRIMO
concelloentrimo@eidolocales
TFNO
TERRAZA
AGARIMO
Praza Maior, nº4
Tlf. 988 451 673
Celanova
TABERNA
Largo do Eiró
Pitôes das Junias
BENVIDOS AO CONCELLO DE A BOLA
Reserva
da
Biosfera
HISTORIA E NATUREZA ABERTA A TODOS
Download

ARRAIANOS PRIMAVERA