TERRA DE NINGUÉN
VOCEIRO DA CNT-AIT DE VIGO
IV ÉPOCA
Nº4 ABRIL 2012
29 de MARZO
en Vigo
Unha FAÍSCA de
OPTIMISMO p-3
O SECTOR
FORESTAL
a DEBATE p-9
Os MÁRTIRES
de CHICAGO p-5
ASAMBLEARISMO y
SINDICALISMO p-8
TDN
2
Nº4 ABRIL 2012
FOLGA XERAL DO 29 DE MARZO NA CNT DE VIGO
A nosa xornada de información e concienciación
ós/ás traballadores/as que foron traballar, por
diversas razóns, na nosa cidade, comezou xa o día
28 de Marzo pola noite. O obxectivo era claro:
indicarlles a explotadores e explotados que a partir
das 12 da noite ninguén debía traballar. Así,
quedamos ás 21:30 horas nas portas da factoría de
Citroën con compañeir@s da CUT e algún compañeiro
da CGT, para tentar que non entrasen traballador@s
no turno das 22:00h. A esa hora a presencia policial
era inexistente, quizais debido a que practicamente
non viñeron esquirois. Tras uns minutos moi
tranquilos, @s compañeir@s das outras centrais e nós
decidimos dar un longo e ameno paseo polo asfalto
vigués berrando todo tipo de consignas, sen maiores
incidentes e incluso con certo apoio da veciñanza,
ata que tres patrullas policiais nos solicitaron que
fosemos pola beirrarúa de forma "ordenada". Despois
dun bo rato camiñando, deron as 12. Cadrounos no
Domino's Pizza e, como non, estaba aberto e con
bastante xente. Era demasiada a tentación de
meterlle presión a esta impresentable empresa de
comida-emprego lixo, polo que, tras uns minutos de
presión, logramos baleirar o local das persoas que,
insolidariamente,
estaban
alí
ceando.
Depois
procedimos a seguir pechando algúns bares máis
polas zonas de Urzáiz, Rosalía de Castro, etc.,
xeralmente con bastante disconformidade por parte
da clientela. Triste este feito. Como anécdota,
comentar que un dos bares pechados é propiedade
dunha afiliada do BNG e que estes clientes
disconformes eran afiliados, á súa vez, de Esquerda
Unida. Nun momento dado, a nosa marcha confluíu
coa da CIG, o que, en certo modo, nos deu máis
amparo para informar nos diversos lugares que
pretendían permanecer abertos. No último intre da
nosa
primeira
marcha
nocturna,
a
policía
interceptounos nesta zona de Rosalía de Castro e,
con moita educación (non sabemos moi ben con que
propósito ou por que), pediunos que "moderasemos"
a nosa actitude. Pouco despois fomos tomar un
descanso.
Ás 5 da mañá fixemos novamente acto de presencia
na porta principal de Citroën, con máis xente
doutros sindicatos, pero tamén cunha importante
presencia policial. Ante a escasa afluencia de
esquirois, decidimos trasladarnos á porta de Vitrasa
para poder supervisar in situ a actividade dos
servizos mínimos, os cales, segundo parece, nin tan
sequera foron cumpridos. Grandes noticias para o
movemento obreiro. En canto á omnipresente
presencia policial, hai que dicir que desta vez non
actuaron con excesiva violencia, aínda que, coma
sempre, abusaron da súa "autoridade" empurrándonos
contra unha zona contraria aos nosos intereses. Eran
oito furgóns policiais contra unhas cen persoas.
Sinxelo para eles e irracional sería pola nosa parte
tentar unha resposta contundente.
Tras un novo descanso chegou o momento da
manifestación unitaria. Con case unha hora de
retraso debido á gran cantidade de xente que
saturou o centro de Vigo, a manifestación de CNT,
CUT, CGT, STEG e diversos sindicatos e asociacións
de todo tipo, partíu de Praza de España e foi por
Venezuela, Camelias, Romil, Alfonso XII, Elduayen e
rematou na Porta do Sol. Foi magnífico ver tanta
xente
-varios
miles
de
persoasapoiándonos,
apoiándose entre si, e cantando unida, indignada,
farta, en contra do goberno, da reforma, do Estado
en
si
mesmo
e
do
capitalismo.
Realmente
impresionante; moitísima máis xente da que,
seguramente, ninguén de nós esperaba. Ilusionante.
Sobre as 13 horas, un mitin dado por representantes
de todos os sindicatos que nesta manifestación
participaron acendeu aínda máis o sentimento de
anoxo, pero tamén de esperanza, nas mentes da
xente que estaba atentamente escoitando. A centos,
a milleiros. Un mitin sen concesións, sen dar opción
ningunha a calquera negociación da reforma. Un
mitin unitario e potente, pero con cada quen sen
renunciar ás súas siglas. Tod@s os que alí estabamos
sabemos o que non queremos, sabemos o que temos
que atacar e, incluso, estamos de acordo en como
atacalo. A fin última é outra cousa, pero xa haberá
tempo de resolvelo...
3
TDN
Pola tarde o SOV da CNT de Vigo fixo un par de
saídas máis, tratando de pechar aqueles locais que
os nosos escasos medios nos permitían. Pero, ¡que
gran sorpresa! Xente e xente dos sindicatos
“representativos” e non tan maioritarios (aos cales
nós nos sumamos, evidentemente) percorría as rúas
de Vigo pechando todos aqueles establecementos
pijos, horteras, noxentos e cheos de empregad@s
chupa(xxx) que pretendían facer oídos xordos á folga
(uns cantos, por certo), tentando abrir unha vez e
outra e outra. Afortunadamente, pasaron tantas veces
as hordas de piquetes polas
tendas do centro de
Vigo que, pese á puñeteira insistencia desta xentuza
esquirola en abrir de novo, non pudieron traballar.
Así se fai. @s traballador@s unid@s, cáseque sen
siglas, case que sen representantes, sinxelamente
para facer cumprir a folga ante aqueles/as que non
entenden nada máis que o que lles contan nos
informativos puramente burgueses.
Fronte ao edificio da Xunta de Galicia, CCOO e UGT
deron o seu moi longo minuto de gloria con
cadanseus mitins, mentres a xente berraba “Unidad
Sindical”, lema que non secundaron nin el@s
mesm@s, pois decidiron disolver o piquete: moita
xente marchou, pero tamén moita xente quedou. A
folga continúa ás 19h. Percorremos as grandes vías
da cidade, paralizándoa ao completo: nin comercios
abertos, nin tráfico circulando. A cidade estaría
deserta de non ser pola nosa macromanifestaciónpiquete. Subimos Urzaiz, baixamos Gran Vía, coa
policía axudando a pechar locais: “mira, estaría ben
Nº4 ABRIL 2012
que fosedes pechando porque aí vos veñen os
piquetes”. “Gracias, señores axentes”. Chegamos ao
centro comercial de Gran Vía e os piquetes
dividímonos para estudar todas as entradas ao
mesmo, que, por suposto, xa estaban custodiadas
polos “piquetes do poder”, como alí mesmo se
berrou. Tras un rato alí, os piquetes de verdade
iamos
viñendo
a
menos,
decidindo
marchar
definitivamente ás 21h. Seica algúns grupos en
solitario continuaron o piquete, pero xa as opcións
de pechar todo o comercio que decidira abrir
despois do noso paso (a iso das 20h) eran bastante
complicadas.
A cara áceda desta xornada vivírona @s nos@s
compañeir@s de Ponteareas e do núcleo confederal
de Ourense: os primeiros con dous identificados e
unha noite bastante longa, onde nesta cidade o
pasotismo foi absoluto, e en Ourense con dous
detenidos.
Mais, sen esquecer a solidariedade con est@s
compañer@s represaliad@s, debemos concluír que a
folga foi un éxito rotundo en Vigo: os diarios e
internet falaban dun 95% de seguimento. Ás 19h, a
cidade todavía durmía a nivel mercantil e a
concienciación d@s cidadás e cidadáns de que esta
folga era realmente importante secundala e pelexala
foi unánime. Algo que non sucedía en 30 anos de
historia na nosa cidade.
¡¡Compañeir@s obreir@s, a pola indefinida!!
UNHA FAÍSCA DE OPTIMISMO
Vale, recoñézoo: eu tamén acostumo perde-la
paciencia cando escoito estupideces por parte de
moita xente en relación a aqueles aspectos socioeconomico-laborais que nós, na CNT, temos tan
claros. Estupideces, ata certo punto, bastante
escusables, xa que adoitan provir de “informacións”
obtidas da prensa. Quizais, deberiamos entender máis
a cotío que, relativamente pouca xente ten interese
por estes temas (supoño que @ ignorante é máis
feliz), polo que non se molestan en buscar outra
verdade máis alá da que se vende nos medios
burgueses. Isto non significa necesariamente que esta
xente vexa como negativos os nosos plantexamentos;
sinxelamente, non se deteñen a analizalos en
profundidade (como non o fan cos que lles venden
os medios “normais”), e seguirán sen facelo
namentres non lles quede outra opción. Prefiren
evadirse con calquera outra afección: fumando
porros, navegando en webs ridículas de Internet,
entregándose ó deporte (mirándoo ou practicándoo),
á música, ó alcol, etc.
Nembargantes, ultimamente observo xestos, ou máis
ben comentarios, sen moita convicción (pero aínda
así interesantes en si mesmos), moi positivos por
parte de moita desta masa.
En primeiro lugar, o simple feito do nacemento do
movemento 15M, tan criticado posteriormente por
moitos por ser unicamente reformista, foi para o
que escribe este artigo tremendamente importante
(pero de ningún xeito definitivo). Debemos ter en
conta que, antes deste movemento, non había
practicamente ningunha “forza” de peso en contra
da economía liberal que padecemos -e segue aínda
sen habela, de acordo-. Non había nada que indicase
que tanta e tanta xente estaba en contra, en maior
ou menor medida, deste modelo socioeconómico.
Evidentemente, ó non haber maioritariamente no 15M
unha conciencia de clase, e sen a comprensión clara
de
que
non
precisamos
políticos,
empresas
capitalistas nin policía, dito movemento optou por
“defender” uns mínimos que non solucionarían nada
a longo prazo. Así, pois, nesa organización pasou
finalmente o que tiña que pasar. Pero o primeiro
paso (ó meu entender, o máis importante) estaba
dado: constatar que moitísimas persoas non desexan
o actual sistema (o que quererían no seu lugar
seguramente non o saben nin elas).
4
O segundo aspecto a ter en conta con respecto ó
que comentabamos é o ambiente que, polo menos ó
meu
entender,
se
respira
na
sociedade. A
manifestación deste último 29 de marzo da CNT,
xunto coa CUT e a CGT e outros sindicatos e
movementos sociais, foi a máis multitudinaria de
todas as que o noso sindicato vén facendo en Vigo,
polo menos desde o ano 1939. Foi, asemade, unha
moi agradable sorpresa para nós a significativa
mobilización de traballadores militantes, afiliad@s ou
sinxelamente simpatizantes (e futuros afiliad@s da
CNT) dos sindicatos “maioritarios” (en Vigo, sobre
todo da CIG), que fixeron grandes piquetes e
manifestacións ó longo de case todo o dia 29. Por
outro lado, os comentarios que desde case todos os
lados se poden escoitar falan de pesimismo con
respecto ós políticos -actuais e vindeiros- e ó futuro
da economía, da non crenza das mentiras deste
sistema, da posibilidade de vivir “á marxe”…
Pero non debemos ser tan inxenuos. Non podemos
crer que todo isto, en principio, é máis ca un
estado de ánimo pasaxeiro. Ó mínimo é que se
volva crear emprego, a mínima recuperación da
economía, as mínimas mensaxes positivas que desde
a estructura capitalista se nos envíen (todo isto será
pobre e ficticio, claro) e a masa de cordeiros
volverá crer novamente na democracia parlamentaria,
no capitalismo e nos mercados.
TDN
Nº4 ABRIL 2012
histórico, que outro mundo é posible. Pero non falo
da loita na rúa contra este sistema. Loitar de forma
contundente sería interesante e desexable, pero pode
que non o máis efectivo, sobre todo cando os
inimigos teñen armas represivas (e aínda moito apoio
popular) e nós non. Neste momento non lles
podemos gañar nun enfrontamento directo, pero
temos outras armas para usar contra eles. Porque,
¿que lles doe ós capitalistas? Pois a súa mesma
esencia: os cartos. A miña proposta de loita non fala
de queimar contedores, matar patróns nin poñer
bombas a políticos (e non é porque non me agrade
a idea, senón porque nestes momentos coido que
sería máis contrario ós nosos intereses que
favorable). A miña proposta é ir creando, en base á
nosa forma de entende-lo mundo e á nosa
marabillosa historia cenetista, unha nova sociedade
aproveitándose da actual pero á marxe no posible
dela. Medios de producción cooperativizados (en
especial no sector primario, o único que é realmente
imprescindible) que declaren a facenda o mínimo
posible e nas que as decisións sexan tomadas sempre
pola asemblea dos traballadores que os formen;
grupos de consumo conscientes e ecolóxicos, que
teñan unhas relacións económicas co capitalismo
reducidas ó mínimo; barrios e poboacións no rural
organizados tamén de forma asemblearia e onde as
forzas represivas non sexan benvidas…
Creo que a mellor forma que temos hoxe en día de
loitar contra o capitalismo-dictadura actual é non
participar deles –pouco a pouco poderemos-, e
deixalos sen a forza que os move e fai ricos a uns
poucos: @s traballadores/as. Sabemos que os
empresarios non son ninguén se non teñen quen lles
merque e traballe para eles. Os bancos non son
ninguén se non hai quen pida créditos. O goberno
non é nada se non hai quen o vote.
Pero, tras esta longa e aburrida explicación, digo o
que quería no fondo dicir. Quizais debamos na CNT
ser un pouco máis positivos. Quizais debamos
empezar a valorar máis as escasas cousas boas e
menos as numerosas malas. Quizais debamos ter máis
en conta as pequenas mensaxes esperanzadoras que
d@s nos@s futur@s compañeir@s podemos obter.
Quizais debamos crer máis na xente, na que está
nos movementos libertarios e na que non está aínda.
Debemos aproveitar este momento. O capitalismo
está nun intre no que goza de pouca popularidade.
Desde a CNT debemos amosar, coa máxima
intelixencia e astucia e aproveitando este momento
O que propoño é que, desde a CNT (debemos
recoñecer que hoxe en día non temos a forza nós
sós para levar isto a cabo), promovamos, pouco a
pouco, un modo de vida realmente alternativo e
libertario aproveitando que moita xente está, dun
xeito ou outro, plantexándose algo polo estilo.
Debemos ser os primeiros, porque somos os únicos
cos valores necesarios que levemos a cabo unha
transformación lenta pero imparable desde a base do
sistema productivo. Debemos ser os que iniciemos,
desde os poucos recursos de que dispoñemos, unha
nova
organización
social
e
económica.
De
organizarnos ben, practicamente no noso día a día,
non precisaremos ás multinacionais e, ó mesmo
tempo, irán estas perdendo lentamente a súa forza.
Temos terras fértiles, terreos e aldeas enteiras
abandonadas, medios máis ou menos tecnolóxicos a
baixo prezo cos que producir… e o máis importante,
xente disposta a aportar a forza da súa intelixencia
e traballo para levar isto a cabo. Ocupemos hortas,
fábricas e cidades. Podemos facelo, así que non
perdamos tempo. Fagámolo xa.
5
OS MÁRTIRES DE CHICAGO,
CRIMEM DE ESTADO CONTRA
A REVOLUÇOM OBREIRA
A revoluçom industrial trouxo para a humanidade
umha série de mudas tenológicas, socio-económicas e
culturais que provocarom um ponto de inflexom sem
volta atrás na sua história e jamais visto
previamente. A apariçom das máquinas presuponhia
em teoria a facilitaçom do trabalho, a melhora na
calidade de vida e a menor adicaçom em tempo às
labouras mercantís, mas nom produzíu estes efetos
em
nengum
sentido,
senom
que
incrementou
exponhencialmente, pola contra, as diferéncias sociais
por mor da acumulaçom desigoal da riqueça. A
maquinizaçom do trabalho conlevou o abandoo
progressivo do campo e quasse em éxodo a
masificaçom das cidades, o que deu lugar a
processos industriais novos e, assim, ao incremento
da explotaçom e, polo tanto, das respostas obreiras
à nova situaçom.
As jornadas laborais habituais eram de 18 horas, os
salários
de
miséria,
sem
descanso
semanal,
empregába-se mam de obra infantil e de mulheres a
menor salário ainda, feitos que contribuírom à
oleagem de revoltas obreiras caraterísticas do século
XIX. A Revoluçom Industrial avanzaba coa sua
tenologia e a sua injustiça e, com ela, EE.UU.
começaba a medrar coma país industrializado,
atraendo a miles de obreiros de Europa que
buscabam melhores condiçons de trabalho.
TDN
Nº4 ABRIL 2012
trabalhar mais de 18 horas salvo cassos de
necessidade, aboándo-se umha multa de 25 dólares
se nom se observabam estes cassos de urgência, que
eram segundo critérios do patrom. A reivindicaçom
defendia-se coa máxima de: “oito horas para o
trabalho, oito horas para o sonho e oito horas para
a casa”. E, em 1868, o presidente Andrew Johnson
promulga a chamada Lei Ingersoll , na que se
establece a jornada de oito horas, que pouco a
pouco se espalha a dezanove estados, sancionándo-se
leis com jornadas máximas de oito e dez horas,
ainda que com cláusulas que permitiam incrementar
o tempo de trabalho a 14 e 18 horas. Ainda assim,
a Lei Ingersoll, nom se cumpria e as orgaizaçons
laborais e sindicais de EE.UU. empeçabam a
mobilizar-se.
A folga do 1º de Maio de 1886 supuxo un hito
histórico no referente à capazidade de mobilizaçom
obreira e do usso da folga geral coma ferramenta
de loita e reivindicaçom dos dereitos laborais. A
actividade industrial dependia em grande maneira da
climatologia e, nos anos prévios a 1886, debido à
crudeça dos invernos, a gente morria de fame por
paralizarse a actividade laboral. Fixérom-se normais,
entom, as protestas em forma destas folgas e
também as manifestaçons, que tam duramente forom
reprimidas pola burguesia e os agentes repressores
da ordem establecida, e, deste jeito, estába-se a
gestar um movimento de ressistência e luita obreira
que daria os seus froitos em breves. Assim, em 1880
fórma-se a federaçom de orgaizaçons de sindicatos e
trade unions, a Federaçom Norte-americana do
Trabalho, de origem anarquista, que, no seu quarto
congresso, em 1884, acordaba umha resoluçom para
establecer a partir do primeiro de maio de 1886,
meiante a Folga Geral em todo EE.UU., as oito
horas
de
trabalho
e
recomendaba
a
outras
orgaizaçons sindicais que tratassem de promulgar leis
neste mesmo senso. Em todo o país, os sindicatos e
trade unions aumentam geometricamente.
Poucos anos mais tarde,
traballadores esta octavilha:
já
voaba
entre
os
“Um dia de rebeliom, nom de descanso! (...) Um
dia em que com tremenda força a unidade do
exército dos trabalhadores
mobilíza-se contra os
que hoje dominam o destino dos povos de toda
naçom. Um dia de protesta contra a opressom e a
tirania, contra a ignoráncia e a guerra de todo
tipo. Um dia em que começar a disfrutar oito horas
de trabalho, oito horas de descanso, oito horas para
o que nos deja a gana”.
Em 1829 produzia-se neste país um movimento para
solicitar à legislatura de Nova Iorque a jornada de 8
horas, ainda que já existia umha lei que proibia
E, na véspera do primeiro de maio,
anarquista Arbeiter Zeitung publicaba:
o
jornal
6
“Adiante com valor! O Conflito
começou. Um
exército
de
trabalhadores
asalariados
está
desocupado. O capitalismo agocha as suas garras de
tigre detrás das muralhas da ordem. Obreiros, que a
vossa consigna seja: Nom ao compromiso! Covardes à
retagarda! Homes à fronte!”.
O 1° de maio de 1886, 200.000 trabalhadores
iníciam a folga mentres que outros 200.000 obtinham
essa mesma conquista coa simples ameaça de paro,
protagonizando preto de 500 folgas. O 1º de Maio
de 1886 a paralizaçom dos centros de trabalho era
geral: quasse 12.000 fábricas a través dos EEUU;
Chicago, o baluarte da folga, praticamente ao
completo; 30.000 obreiros em folga, mentres
empresas coma a fábrica de materiais Mc Cormick
e algumha outra seguiam funcionando a base de
esquirois.
Houvo
mitins
multitudinários
(25.000
pessoas) nas ruas e nas factorias que foram o
esceário de passadas repressons obreiras; houvo
manifestaçons várias (umha de 600 mulheres do
textil). Uns 50.000 folguistas acudiam à convocatória,
que seria brutalmente reprimida pola policia.
O dia 2 protagonizam um mitim os obreiros
despedidos de Mc Cormick para protestar polos 1.200
despedimentos e os brutais atropelos policiais.
Mentres o anarquista August Spies dirigia o seu
discurso
a
um
grupo
de
preto
de
7.000
trabalhadores, uns quantos centenares encaminhábamse a recriminar aos esquirois que nesse momento
saiam da planta. Rapidamente aparece a policia,
deixando um rastro de seis mortos e umha grande
cantidade de feridos. A indignaçom ganha os
coraçons dos trabalhadores mobilizados. Spies corre
às oficinas do Arbeiter Zeitung e publica um
manifiesto que é distribuído em todas as reunions
obreiras:
“(...) Se se fusila aos trabalhadores, responderemos
de tal jeito que os nossos amos o lembrarám por
muito tempo (...)”.
O 3 de maio, o crescimento da folga é “alarmante”.
No
movimento
participam
mais
de
340.000
trabalhadores por todo o país, 190.000 deles em
folga. Só em Chicago, 80.000 faziam folga. Arbeiter
Zeitung fai um chamamento à loita armada:
“O sangue verteu-se. Ocorreu o que tinha que
ocorrer. A milícia nom estivo adestrando em vam.
Ao longo da história a origem da propriedade
privada foi a violência. A guerra de clases chegou....
Na pobre choça, mulheres e nenos cubertos de
retaços choram por marido e pai. No paço fam
brindis, com copas cheias de vinho custosso, pola
felizidade dos bandidos sanguentos da ordem pública.
Sequem as bágoas, pobres e condeados: anímem-se
escravos e tumbem o sistema de latrocínio”.
TDN
Nº4 ABRIL 2012
Celébra-se umha concentraçom fronte as portas de
Mc Cormick: quando se atopaba Spies na tribuna,
soa a sirena de saída dum turno de quebra-folgas.
Os concentrados lánçam-se sobre os scabs (amarelos)
e começa umha peleja campal. Umha companhía de
policias, sem nengum avisso, procede a disparar a
queimarroupa sobre a gente produzindo seis mortos e
várias decenas de feridos. A proclama remata
convocando um acto de protesta para o dia
seguinte, o quatro às quatro da tarde na praça
Haymarket.
O 4 de maio todo Chicago continua em folga. Pola
manhá a policia ataca umha columna de 3.000
folguistas; por toda a cidade fórmam-se grupos de
trabalhadores e, ao serám, Haymarket era umha das
muitas reunions de protesta, com 3.000 participantes.
Os discursos seguem, um tras outro, dende a parte
de atrás dum vagóm. Ao começar a chover, a
reuniom disólve-se e, quando somente quedabam 200
asistentes,
um
destacamento
de
180
policias
fortemente armados apresénta-se e um oficial ordea
dispersar-se, a pessares de tratarse dum mitim legal
e pacífico. Quando o capitám de policia se volve
para dar as ordens, umha bomba estala nas suas
filas. A policia transformou a Haymarket numha zoa
de lume indiscriminado, descargando salva tras salva
contra a multitude, matando a vários e ferindo a
200. Sete agentes morrerom, a maioria a causa das
balas da própria policia. Declára-se o estado de sítio
e o toque de queda detendo a centenares de
trabalhadores que forom golpeados e torturados,
acusados do assassinato dos policias.
Começa
umha
caça
de
brujas
em
contra,
principalmente, dos anarquistas. Clausúram-se jornais,
alhánam-se as casas e locais obreiros e os mitins
forom proibidos ao longo e ancho de todo o país.
7
Os méios de comunicaçom abalançam-se contra todo
o que tivesse signo de revolucionário ou subversivo e
aos mil ventos lançabam proclamas à forca e ao
patíbulo.
O 5 de maio em Milwaukee, a milícia do Estado
responde cumha masacre sanguenta num mitim de
trabalhadores; acribílham-se a oito trabalhadores
polacos e um alemam por violar a lei marcial. Em
Chicago énchem-se os cárceres de miles de
revolucionários
e folguistas. Arrésta-se a todo a
equipa de imprenta do Arbeiter Zeitung e a policia
detém a 8 anarquistas, todos eles membros da IWPA
(Asociaçom Inter-nacional do Povo Trabalhador),
asociaçom de corte do que anos despois se
denominaria como anarco-sindicalista.
O 21 de junho de 1886, inícia-se a causa contra 31
responsáveis, que logo quedariam nestes 8. O juíço
foi totalmente manipulado, tratándo-se mais bem
dum linchamento. Acúsa-se-lhes de complicidade de
assassinato, ainda que nunca se lhes puidera provar
nengumha participaçom ou relaçom co incidente da
bomba, já que a maioria nom estivera presente e
um dos que estiveram presentes era o orador no
momento que a bomba foi lançada. Nom se seguíu o
procedemento normal para a elecçon do jurado, que
acabou sendo formado por homes de negócios e um
parente dum dos policias mortos, e no seu lugar
nomea-se a um alguacil para manejar o processo.
Tiverom lugar umha infinidade de manipulaçons,
TDN
Nº4 ABRIL 2012
ameaças e sobornos para que se dessem testemunhas
ridículas sobre conspiraçons. O mesmo fiscal Grinnel
dizia:
“A lei está em juíço. A anarquia está em juíço. O
grande jurado escolheu e acusou a estes homes
porque forom os líderes. Nom som mais culpáveis
caos miles que os seguirom. Senhores do jurado,
condenem a estes homes, déjam-lhes um castigo
exemplar,
afórquem-os
e
salvem
as
nossas
instituçons, a nossa sociedade”.
Estas forom as senténcias:
Prissom
Samuel Fielden: inglés, 39 anos, pastor metodista e
obreiro textil; condenado a cadeia perpétua.
Oscar Neebe: estadounidense, 36 anos, vendedor;
condenado a 15 anos de trabalhos forçados.
Michael Schwab: alemám, 33
condenado a cadeia perpétua.
anos,
tipógrafo;
A morte na forca
Georg Engel: alemám, 50 anos, tipógrafo.
Adolf Fischer: alemám, 30 anos, jornalista.
Albert Parsons: estadounidense, 39 anos, jornalista,
esposo de Lucy González Parsons; ainda que se
8
provou que nom estivo pressente no lugar, entregouse para estar cos seus companheiros e foi julgado
igoalmente.
August Vincent Theodore Spies: alemám, 31 años,
jornalista.
Louis Lingg: alemám, 22 anos, carpinteiro.
Jurdíu um grande movimento na sua defessa e
celebrárom-se mitins por todo o mundo: Holanda,
Fráncia, Rúsia, Itália, Espanha e por todo Estados
Unidos. Muitos países e pessoas escribiram cartas
pedindo a absoluçom dos inculpados, ao Governador
e a outras Instituçons (entre eles Kropotkin). En
Alemanha, a reacçom dos trabalhadores sobre
Haymarket perturbou tanto a Bismarck que proibíu
toda reuniom pública.
TDN
Nº4 ABRIL 2012
companheiros de luita e de sonhos emprenderom o
caminho entoando A Marsellesa Anarquista naquel dia
que despois seria conhecido coma o venres negro.
Mais de méio milhom de pessoas assistirom ao
cortelho fúnebre. Anos despois, em 1893, Fielden,
Schwab e Neebe forom perdoados e postos em
liverdade.
O crimem de Chicago custou a vida de muitos
trabalhadores e dirigentes sindicais; nom existe um
número exacto, mas forom miles os despedidos,
detidos, procesados, feridos de bala ou torturados. A
maioria
eran
inmigrantes:
italians,
espanhois,
alemans, irlandeses, rusos, polacos e doutros países
eslavos. Muito antes, a finais de maio de 1886,
varios sectores patronais já accederam a outorgar a
jornada de oito horas a vários centenares de miles
de obreiros. A consecuçom da jornada de 8 horas
marcou um ponto de inflexom no movimento obreiro
mundial, mas nom será até 1938 quando se imponha
esta jornada em todo o país.
O establecimento do Primeiro de Maio coma Día
Inter-nacional
dos
Trabalhadores
acórda-se
no
Congresso Obreiro Socialista da Segunda Internacional, celebrado em París em 1889, e, denden
entom, na maioria de países este dia é umha
jornada de luita reivindicativa e de homenagem a
aquel fatídico mas revolucionário maio de 1886 (a
consideraçom de dia festivo foi em muitos casos
tardia). Assim, cada 1 de maio, em muitos países do
mundo, os anarquistas de Chicago som lembrados
coma símbolo de dignidade da clase trabalhadora,
menos en Estados Unidos. Aqui nom se celebra esta
conmemoraçom (nem nos países de colonizaçom
británica): no seu lugar celébra-se o Labor Day (Dia
do Trabalho) o primeiro luns de setembro dende
1882 num desfile realizado em Nova Iorque e
orgaizado pola Nobre Ordem dos Cabaleiros do
Trabalho (Knights of Labor). O presidente Grover
Cleveland auspiciou a sua celebraçom em setembro
por temor a que a data de maio reforçasse o
movimento socialista nos Estados Unidos.
Ao achegar-se o dia da execuçom, mudarom a
sentência de Samuel Fielden e Michael Schwab a
cadeia perpétua. Louis Lingg apareceu morto na sua
cela: um fulminante de dinamita voou-lhe a tapa dos
sesos; sem mais opçons, este foi o seu acto final de
protesta. Ao méio-dia do 11 de novembro de 1887
os seus carcereiros vinherom busca-los para leva-los
à forca. Os quatro (Spies, Engel, Parsons e Fischer)
Ao longo do século XX, os progressos laborais forom
acrescentándo-se com leis para os trabalhadores,
para outorgar-lhes dereitos de respeto, retribuçom e
amparo social. Na última década do século esses
progressos retrocederom baixo a influência do neoliberalismo. Passado mais dum século, nos mesmos
Estados Unidos e em Europa, berce do movimento
obreiro revolucionário, estas conquistas obreiras
estám sendo revertidas por governos e multinacionais sem apenas disparar um só tiro e sem ter
que levar a ninguém à forca. Agora todo é mais
sutil,
os
sindicatos
subvencionados
estám
a
disposiçom
do
melhor
postor,
atraiçoando
os
mandatos e esquecendo as luitas e o sacrifício
pessoal de miles de trabalhadores e trabalhadoras e
de quem, dende o aziago 1886, se lhes conhece
coma os Mártires de Chicago.
9
TDN
Nº4 ABRIL 2012
Crónica do III Foro-mesa redonda: "O sector forestal a debate"
O pasado 10 de marzo tivo lugar o III Foro-mesa
redonda "O sector forestal a debate" no Centro
Cultural de Xinzo (Ponteareas) organizado pola
Sección Sindical Forestal CNT-AIT no que quixeron
estar presentes unhas 50 persoas.
Pola mañá falaron Damián Copena (Ateneo Libertario
Lume
Negro), Alejandro
Martínez
(Cooperativa
Condado Paradanta) e Alejandro Jiménez (enxeñeiro
técnico forestal) e pola tarde Francisco Chivite
(veterinario), Jorge Rincón (Sociedade Cooperativa
Galega Como Cabras) e Anxo Saborido (coordinador
da Federación Ecoloxista Galega).
Dicir que tanto Brais Pereira (Comunidade de Montes
de Santa Cristina da Ramallosa) coma Xoán Pousa
(educador ambiental e presidente da Sociedade
Galega de Educación Ambiental) non puideron asistir
a última hora por motivos persoais.
Damián Copena (Ateneo Libertario Lume Negro) falou
sobre o conflito das plantas de biomasa en Galiza.
Explicou que as plantas de biomasa actualmente non
son rendables por si mesmas, senón que a súa
rendabilidade depende de subvencións que reciben da
administración en forma de primas ou tarifas por
cada Megawatio de enerxía producida (a día de hoxe
están
suspendidas
estas
subvencións). Ademais,
contan con exencións como non ter que facer unha
avaliación de impacto ambiental, sendo un trámite
preciso para a maioría das construccións industriais.
Tamén incidiu en que existen demasiadas plantas de
biomasa en Galiza que se solapan entre si, o que
indica que non existe cantidade suficiente de
biomasa forestal para abastecer de forma continua a
estas plantas, o que implicaría a realización de
cultivos
enerxéticos
(como
o
eucalipto
e
a
paulownia) que son prexudiciais para os ecosistemas
forestais, debido ó empobrecemento e compactación
do solo que provoca a tala e extracción da madeira
resultante destes cultivos.
Despois, Alejandro Martínez (Cooperativa Condado
Paradanta) contounos a súa experiencia a cargo
desta cooperativa de As Neves que elabora mel e
requeixo en ecolóxico. Comezou explicando os
compoñentes do mel, os lugares de procedencia, así
como as especies vexetais predominantes das cales
as abellas recollen o néctar para logo producir o
mel que venden nesta cooperativa. Estas especies
son o castiñeiro, o cerquiño, a silva, os carrizos e o
eucalipto. Dependendo da predominancia dunha ou
doutra especie na composición do mel, esta terá
unhas determinadas propiedades físicas (sabor, color
e densidade). Tamén falou das propiedades do mel
como conservante natural, protectora da pel, para
curar resfriados. Por último, resaltou a importante
función das abellas como insectos polinizadores nos
ecosistemas terrestres.
Alejandro
Jiménez
(enxeñeiro
técnico
forestal)
falounos da súa experiencia na realización de
queimas controladas. Explicou que os parámetros
físicos que máis inflúen nun incendio forestal son o
vento e a humidade da vexetación, ademais da
pendente do terreo. Tamén fixo fincapé en que son
operación custosas economicamente e teñen que
estar ben preparadas tecnicamente e facérense en
días cunha climatoloxía axeitada (soen facerse entre
os meses de xaneiro e marzo). Estas queimas
controladas fanse a petición dos propietarios dos
terreos para a producción de novos pastos ou en
zonas de difícil acceso de maquinaria forestal para
queimar restos de cortas ou de podas. Tamén falou
das consecuencias negativas que ten sobre o solo e
a fauna dos ecosistemas forestais, matando animais
e favorecendo a erosión do solo coas chuvias, así
como o rebrote de certas especies pirófitas como o
eucalipto e a acacia.
Despois destas poñencias houbo un turno para
preguntas e para debater sobre os aspectos que o
público tivo en consideración.
Pola tarde, Francisco Chivite (veterinario) tratou do
ámbito gandeiro en extensivo. Incidiu na regulación
de usos do monte que se debe facer dende a
administración para poder compatibilizar os intereses
das comunidades de montes cos intereses dos
gandeiros que teñen animais no monte en liberdade.
Ao respecto deste tema, defendeu a aplicación
dunha lexislación que permita a conservación e uso
dos pasteiros naturais por parte dos gandeiros.
Tamén falou das avantaxes que ten o gando en
liberdade no monte para controlar a biomasa como
medida de axuda á prevención de incendios
forestais, ademais de fertilizar o solo cos seus
excrementos.
Abogou,
asimesmo,
por
unha
diversificación dos usos do monte (aproveitamento de
madeira, para froito, cogumelos, gando) e fixo
fincapé na necesidade dun bo manexo do porco
celta por parte dos propietarios, facendo un pastoreo
rotacional inducido para non danar o solo por
compactació,n debido ó pouco movemento destes
animais en réxime de liberdade.
A continuación, interviu Jorge Rincón (Sociedade
Cooperativa Galega Como Cabras) que nos contou a
súa experiencia a cargo desta cooperativa de Castro
Caldelas que produce queixos elaborados con leite
de cabra en ecolóxico. Fixo fincapé en que existe
moita burocracia para montar unha explotación deste
tipo, ademais de que a administración e os bancos
poñen moitos filtros legais para acadar financiación.
Tamén dixo que, para alimentar cabras para a
producción de leite, non chega cunha alimentación
baseada na vexetación natural do monte, que si
abondaría para alimentar cabras para a producción
de carne. Por iso alimenta ás súas cabras na corte
con avea, millo e chícharos que lles aportan as
10
TDN
proteínas precisas para acadar unha densidade do
leite axeitada para elaborar os queixos. Comentou,
tamén, que é un traballo gratificante e sen horarios
fixos. Non vende os queixos a grandes comercios, só
a minoristas e a particulares, exclusivamente. Aposta
por unha diversificación dos productos para conseguir
un valor adicional dos mesmos.
O último relator do foro-mesa redonda foi Anxo
Saborido
(Coordinador
da
Federación
Ecoloxista
Galega) que nos falou do nematodo do piñeiro
(Bursaphelenchus xylophilus). Explicou que é un
verme microscópico que se move moi pouco e faino
enriba
do
insecto
vector
Monochamus
galloprovincialis. Unha vez que penetra na árbore
provoca a seca do piñeiro nun tempo record, de un
a tres meses, dependendo da saúde da árbore
afectada. O nematodo do piñeiro chegou a Galiza
procedente de Portugal, a onde chegou pola falta de
control das madeiras exportadas dende os países
asiáticos. Reseñou que houbo unha falta de
información aos veciños afectados por esta praga por
parte da administración da Xunta, así como unhas
medidas de control moi agresivas para o monte e
para @s veciñ@s que consistiron en cortar tódalas
coníferas nun radio de 1,5 Km dende o punto onde
Nº4 ABRIL 2012
supostamente se detectou a presencia do nematodo.
Ademais, a propia administración está cargando os
custes de tala da madeira que está nun radio de 20
Km. aos veciños afectados. Tamén dixo descoñecer se
existe algún plan de repoboación para a zona
afectada.
Despois
de
expoñer
os
relatores
os
seus
coñecementos sobre os temas, houbo un debate con
preguntas por parte do público que resultou moi
enriquecedor pois profundizouse en aspectos e houbo
opinións varias sobre os temas tratados.
E ata aquí o III Foro-mesa redonda "O sector forestal
a debate". Queremos agradecer ao Centro Cultural
de Xinzo ternos facilitado o auditorio para poder
celebrar este foro-mesa redonda así como aos
relatores
por
compartir
connosco
os
seus
coñecementos e ao público polo seu interese.
Esperamos poder dar continuidade a este acto
cultural e divulgativo o vindeiro ano, xa que o
consideramos importante para crear conciencia social
sobre o sector forestal.
¡¡POR UN SECTOR FORESTAL UNIDO,
CONSCIENTE E COMBATIVO!!
ASAMBLEARISMO Y SINDICALISMO
Con la nueva reforma laboral se hace urgente la
organización obrera en el trabajo, autogestionaria y
asamblearia, para defender los derechos laborales de
las decisiones arbitrarias que las empresas podrán
adoptar bajo el amparo de una ley aberrante que
sirve a los intereses del capital.
Debemos formarnos en las amplias posibilidades de
esas formas de organización obrera, procurando no
ser absorbidos en la defensa de nuestros derechos
por quienes ven en la ley un objeto de control
colectivo que anula la participación personal. Usemos
la ley como herramienta, como lo que es, una
regulación de derechos que, en el caso del ámbito
laboral, se ha ido fraguando a través de la lucha
colectiva, sin perjuicio de que haya sido creada y
puesta al servicio del sistema y sea innecesaria en
una sociedad con conciencia grupal que soluciona sus
necesarias adaptaciones a los condicionantes de la
vida socioeconómica mediante las herramientas
también
grupales
que
permiten
corregir
los
desajustes de la cobertura legal que las variaciones
socioeconómicas van haciendo surgir en el entorno
laboral: la asamblea y la sección sindical, que es la
forma
numérica
menor
e
incorruptiblemente
autogestionaria de la asamblea y la lucha laboral en
las empresas.
El CONSENSO COMO BASE DEL ASAMBLEARISMO:
Las regulaciones formales de nuestra sociedad son
disfuncionales siempre, por ser inmóviles o adaptarse
parcialmente a las necesidades colectivas tras un
proceso de implantación impositiva que lleva al
desajuste constante de su pseudoadaptación social,
ya que cosifican la voluntad personal y determinan
realidades, atribuyendo, además, un código moral a
las personas, siendo inútiles e injustas para las
muchas personas que no están conformes con lo
regulado formalmente. Sin embargo, el acuerdo
colectivo asambleario sí que establece una base
moral implícita en todo el sentido de justicia que
subyace a una regulación asamblearia, es su
expresión correcta, y será siempre más justo que el
dictamen representacional que suponen la imposición
y delegación decisorias, encarnadas en el entorno
laboral bajo las figuras de delegad@s de personal,
comités de empresa y liberad@s sindicales.
El consenso es la expresión de la voluntad colectiva;
este priorismo surge de la asunción colectiva de lo
consensuado y, junto con su implicación moral
personal que constituye el interés colectivo y
viceversa, inutiliza el valor inmóvil de su regulación
formal, escrita, estatutaria o legalista, ya que
aquéllos sólo son una manifestación material de
dicha regulación o un carácter registral de su
expresión,
así
como
de
su
transgresión,
imponiéndose, así, la asunción colectiva inmóvil del
formalismo regulado.
La lógica racional del proceso de desarrollo del
orden participativo global del consenso, volviendo al
entorno laboral concretado bajo la forma de la
Asamblea de la Sección Sindical, conlleva el
desarrollo natural de la autorregulación de la
transgresión del orden colectivo y a su adaptación a
los intereses grupales y condicionantes del marco
legal de la lucha obrera. En ese sentido, las
11
alternativas de la acción directa, legal o alegal,
suponen una buena alternativa al legalismo de la
defensa regulada de los derechos laborales y se
constituyen como una herramienta de lucha eficaz.
La expresión escrita no entra en contradicción con
lo que se consensua si sólo es su expresión y no
presupone estructuras coactivas que imponen lo que
se acuerda consensuadamente. Por ello, la Asamblea
de la Sección Sindical de un Anarcosindicato (C.N.T)
toma acuerdos revisables. La naturaleza del consenso
es variable siempre, porque supone un proceso
constante que desarrolla su mejora en base a la
cobertura del interés colectivo bajo unos mínimos
universales, valores en sí como el apoyo mutuo, la
empatía y el conocimiento del cambiante entorno
legal que regula arbitrariamente nuestros derechos,
sin sentido alguno de la justicia colectiva y, por
consiguiente, de manera inmoral.
Todo constructo de orden social es rechazable,
lenguaje, géneros, leyes, economía, política formal,
naciones, estados... ya que la única forma legítima
de todo orden ha de pasar por la implicación y
cobertura integral de las diversas facetas personales
que hacen posible abarcar lo complejo de la
realidad
humana,
sin
establecer
subórdenes
relacionados entre sí jerárquicamente y que entren
en contradicción. No es legítimo para el anarquismo
ningún inmovilismo, como, por ejemplo, el establecer
que un hombre o una mujer están abocados a
trabajar en algo concreto en base a x circunstancias
o roles sociales atribuidos de antemano según las
convenciones sociales que les sean atribuibles.
Hasta ahora hemos querido hacer constar el valor
del consenso como posibilitador de toda estructura
Asamblearia. Si hablamos de Secciones Sindicales,
podríamos referirnos a ellas como una estructura
asamblearia que parte de unos intereses, objetivos y
luchas de un grupo laboral dado, en un proceso
colectivo de definición, asunción y negociación
constante de los mismos bajo la forma de la
Asamblea de la Sección Sindical.
Es necesario el hacer alusión al aspecto constitutivo
legalista del Asamblearismo Obrero y a las figuras de
autorregulación de la expresión consensuada de los
acuerdos colectivos en la empresa. Organizarse es
potencialmente muy sencillo.
ASAMBLEA Y SECCIONES SINDICALES:
Según artículos 4, 8, 62, 67.3, 78 y 87 del E.T;
artículo 8.1 LOLS y Anexo I de la ley orgánica 11/85
de la LOLS:
-Se reconoce el derecho de lxs trabajadorxs a
reunirse en Asamblea; debe ser convocada por el
33% de la plantilla
-Debe notificarse la convocatoria y el orden del día
de la Asamblea a la empresa; 48h de antelación son
suficientes
-Se pueden realizar varias asambleas parciales si la
TDN
Nº4 ABRIL 2012
plantilla no puede acudir a la Asamblea. Se
conmutan como una sola
-Se requiere votar si las medidas afectan a todxs y
no existe consenso. La mayoría es la mitad más 1.
Se puede votar por correo.
-La empresa debe facilitar el lugar de reunión
asamblearia fuera de horas de trabajo, a no ser que
se hagan asambleas de periodicidad superior a los
dos meses, en cuyo caso se puede efectuar en otro
sitio (un sindicato estaría bien); si se trata de
negociar el convenio, la empresa debe facilitar
siempre el espacio de reunión asamblearia.
-Es aconsejable no votar a un/una delegad@ de
personal que se erija como voz determinante de la
Asamblea de trabajadorxs, ya que sus funciones y
capacidad decisoria no pasan siempre por la
asamblea a la hora de negociar con la empresa, y
sus beneficios y capacidad de negociación puede
atentar contra los intereses grupales. Se puede
revocar su figura a los 6 meses del inicio de sus
funciones, no siendo que esté negociando el
Convenio. La Asamblea es más fuerte.
-Una vez votado un/a delegad@ de personal, la
Asamblea de Trabajadores pasa a ser un órgano
consultivo en manos de una persona y únicamente
se puede revocar su cargo ante su mala praxis. Esto
incide en el punto anterior.
-Cualquier sindicato puede crear una Sección
Sindical, unipersonal o grupal (lo cual está por
encima de estatutos sindicales) y elegir a un/a
delegad@ de la Sección. Sus derechos son iguales
que los de cualquier compañer@, Comité de Empresa
o Delegad@ de Personal (si los hubiese, a efectos de
negociación colectiva e información sobre diversos
aspectos relativos a las condiciones laborales de sus
afiliadxs: faltas laborales, cambios horarios, etc.).
-El/la delegad@ de la Sección Sindical de la C.N.T.
representa la voz del grupo, no puede decidir nada
que no se haya aprobado en la Asamblea de la
Sección Sindical y no posee ningún beneficio
asociado al desempeño de sus funciones.
-La Sección Sindical de la C.N.T. es el garante del
asamblearismo frente a la ruptura de la Asamblea de
Trabajadorxs debida a pérdida de la perspectiva del
interés colectivo y de los valores del asamblearismo
y frente a la imposibilidad formal de constituir una
Asamblea de Trabajadorxs.
-La constitución de una Sección Sindical, su
formalización legal, asesoramiento y apoyo radical
cuentan con el respaldo de la Asamblea de la
afiliación total del sindicato C.N.T., que siempre
respetará la autonomía de la Sección en todos los
aspectos
relativos
a
su
organización
y
funcionamiento.
Profundizar en el funcionamiento y organización de
la Asamblea de trabajadorxs y de la Sección Sindical
de la C.N.T. es cuestión de informarse y asesorarse
en el sindicato C.N.T.
¡¡¡¡¡UNIÓN, ACCIÓN, AUTOGESTIÓN,
NI LIBERADOS NI SUBVENCIONES!!!!
12
TDN
Nº4 ABRIL 2012
CONVOCATORIAS
Venres 20
Charla no Instituto Santa Irene
orientada ós alumn@os de centro a
cargo do compañeiro Óscar Estévez.
"1º de Maio, historia e significado".
Versará sobre a reforma laboral e
xuventude.
Ás 20:00h.
Sábado 21:
Charla no C.S.O.A. A Casa Negra
(Avenida de Ponferrada, nº 24), en
Ourense a cargo do compañeiro Óscar
Pestonit.
"Historia do 1º de Maio e do
movemento anarquista obreiro".
Ás 19:00h.
Mércores 25
Charla-coloquio na Praza de San
Martiño (na entrada principal da
Catedral), en Ourense , a cargo da
compañeira Leticia Corgo.
"Reforma Laboral e Sindicalismo"
Ás 19:30h.
Xoves 26:
Charla en Teis (Avenida do Doutor
Corbal), a cargo do compañeiro Óscar
Pestonit.
"1º de Maio e folga xeral".
Ás 20:30h.
Venres 27:
Charla no Centro Social "O Fresco" (ou
na Biblioteca Municipal, por confirmar)
de Ponteareas, a cargo do compañeiro
Óscar Pestonit.
"Historia do anarquismo a través das
revolucións obreiras"
Ás 20:30h.
Martes 1º de Maio:
Macromanifestación en Vigo,
xunto as centrais sindicais CUT,
STEG, SF e CGT.
Saída dende as 11:00h da Praza
de Fernando o Católico ata Porta
do Sol, onde terán lugar os
mitins sindicais.
O ano da vitória anti-fascista passou tantas vezes
que
queda sepultado na lembrança de tod@s vós,
de tod@s nós,
coma o aire
que
se respira continuamente
e que soio se nota quando falta.
Melhor esquencer o que é imprescindível
para a vida...
e para a dignidade.
O caixom de xastre dos vencidos.
Triunfos de cadáveres que,
cáseque,
semelham nom servir para nada.
A banheira de sangue nom se ussa,
mas tampouco se limpa.
Nom vaia ser que evitemos
o atroz alzheimer.
Nom vaia ser que lembremos
a lucidez.
Nom vaia ser que morramos coa consciência intachável.
Nom vaia ser que luitemos
coas forças e a verdadeira razom...
e ganhemos!!
Nom vaia ser que ganhemos.
O pam soio se repartirá
quando
elas abandonem os seus processos
de usurpaçom.
A auga soio se compartirá
quando
pechem os seus poços
de avarícia,
agochada baixo a alternativa que vendem ao peor postor.
Menuda alternativa!
No vindeiro dia de Memória Histórica
caminharemos os seus caminhos
e perderémo-nos.
Mentres uns guardam bem as suas carteiras,
as suas fouzes,
as suas caretas,
outras deveremos soltar as nossas cores
e berrar:
Nom somos igoais!!
E os Mártires de Chicago,
solidariamente,
e os mártires de todas as victórias,
solidariamente,
e de todas as derrotas,
solidariamente,
nom morrerám em vam.
O futuro haverá de ser nosso... ou nom será.
Mentres tanto, que a terra nos seja leve a tod@s.
Galerías Príncipe, 22.
1º Andar, Local 34
CNT
VIGO
Tlf/Fax: 886 116 558
AIT
www.cnt.es
[email protected]
Download

TERRA DE NINGUÉN (4ª edición)