FUNCIONALIDADE E OPERATIVIDADE DOS VEHÍCULOS AUTOBOMBA NA EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS FUNCIONALIDADE E OPERATIVIDADE DOS VEHÍCULOS AUTOBOMBA NA EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS Consellería do Medio Rural Santiago de Compostela 2010 Edita: Xunta de Galicia Consellería do Medio Rural Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais Lugar: Santiago de Compostela Asesoramento lingüístico: Antonia Vega Prieto Deseño e maquetación: Pablo Mansilla Salinero Ano: 2010 Imprime: Gráficas Anduriña Depósito legal: PO 660-2010 ÍNDICE 1 Motobombas e vehículos contra incendios ................................................................................... 5 1.1 Grupos motobombas ....................................................................................................... 5 1.2 Vehículos contra incendios .............................................................................................. 5 1.3 Elementos complementarios............................................................................................ 6 1.4 Tendido de mangueiras ................................................................................................... 9 1.5 Cotas importantes nos vehículos de extinción de incendios forestais ......................... 13 1.6 Factores fundamentais dos vehículos contra incendios ............................................... 18 1.7 Especificacións comúns dos vehículos contra incendios ............................................. 19 1.7.1 Terminoloxía e definicións ......................................................................................... 19 1.7.2 Autobastidor ............................................................................................................... 20 1.7.3 Motor .......................................................................................................................... 21 1.7.4 Protección .................................................................................................................. 28 1.7.5 Equipo eléctrico ......................................................................................................... 30 1.8 Instalación hidraúlica ...................................................................................................... 31 1.8.1 Esquema de fluxos dun vehículo contra incendios .................................................. 32 1.8.2 Mantemento da instalación ....................................................................................... 35 2 Relación de bombas montadas nos vehículos do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais da Consellería do Medio Rural ................................................................ 36 3 Periodicidade no mantemento xeral dos vehículos por parte do condutor ........................... 37 4 Parte traseira dun vehículo contra incendios forestais .............................................................. 38 4.1 Cisterna ........................................................................................................................... 38 5 6 4.2 Cadro de mandos ........................................................................................................... 39 4.3 O binomio cuadrilla-vehículo autobomba ...................................................................... 40 O tendido da mangueira e a súa organización ........................................................................... 41 5.1 Desenrolo e recollida de mangueiras por tramos ......................................................... 41 5.2 Instalación do tendido de mangueira ............................................................................ 42 5.3 Aplicación da auga ......................................................................................................... 44 Práctica sobre a parte traseira dun vehículo contra incendios forestais ................................ 48 Identifica as partes da traseira dun vehículo contra incendios forestais ......................................... 49 7 Práctica sobre as partes dun vehículo contra incendios forestais........................................... 50 Partes dun vehículo contra incendios forestais ................................................................................... 51 8 Práctica sobre as partes dun cadro de mandos dun vehículo contra incendios forestais ...................................................................................................................................................... 52 Partes dun cadro de mandos dun vehículo contra incendios forestais .......................................... 53 9 Práctica sobre as partes dunha cisterna dun vehículo contra incendios forestais ............... 54 Partes dunha cisterna dun vehículo contra incendios forestais ....................................................... 55 FUNCIONALIDADE E OPERATIVIDADE DOS VEHÍCULOS AUTOBOMBA NA EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS 1 Motobombas e vehículos contra incendios Para facilitar o emprego da auga, por medios terrestres, na extinción dos incendios utilízanse grupos motobombas ou vehículos contra incendios que serven para levar a auga ata as proximidades do lume e lanzala a presión a través de mangueiras sobre este ou en zonas próximas, ben soa ou combinada con produtos retardantes. 1.1 Grupos motobombas Son máquinas transportables cun armazón que aloxa un motor de explosión de dous tempos e os elementos de aspiración e impulsión de auga. A motobomba debe instalarse próxima a algún punto de auga. 1.2 Vehículos contra incendios Para os incendios forestais utilízanse vehículos con bastidor de tipo todoterreo con dobre diferencial e 4X4, provistos de cisterna para o almacenamento de auga, de capacidade entre 600 e 4.000 litros, e unha bomba centrífuga accionada polo motor do vehículo para encher a cisterna ou o lanzamento da auga desta. O vehículo e a súa instalación foron deseñados en todos os seus compoñentes, tendo en conta as condicións de uso na zona rural. Segundo a súa masa, diferenciamos os vehículos en tres tipos: Os vehículos a motor no que a masa total cargado (MTC) sexa superior a 2 tn deben clasificarse en tres clases A. LIXEIROS (L). 2tn<MTC<=7,5tn. B. MEDIOS (M). 7,5tn<MTC<=14 tn C. PESADOS (P). MTC> 14 tn 5 1.3 Elementos complementarios En xeral, tanto os grupos motobombas como os vehículos contra incendios teñen que dispoñer dos seguintes elementos complementarios: Mangotes. Son tubos de gran diámetro (100/110 mm) que serven para aspirar a auga pola bomba. Deben ir provistos no seu extremo dunha alcachofa. Mangueiras. Son tubos flexibles que permiten levar a auga canalizada dende a cisterna ou motobomba ata a lanza. Adoitan empregar segundo o seu diámetro interior tres tipos: o De 25 mm de diámetro en tramos de 20 m, 4.1 kg, capacidade 10.5 litros. o De 45 mm en tramos de 15 m, 6.3 kg, capacidade 25.5 litros. o De 70 mm en tramos de 15 m, 10.8 kg, capacidade 61.9 litros. Lanza. Acóplase ao extremo dun tendido de mangueira para aplicar auga sobre o lume a través da boquilla, pódese aplicar a auga desde o chorro ata a pulverización. Os diámetros das boquillas das lanzas usadas na extinción dos incendios forestais son: o Para lanzas de 25..........................5 e 7 mm o Para lanzas de 45..........................10 mm As lanzas deben ser revisadas de forma periódica co fin de detectar posibles areíñas que foran parar á boquilla, isto empeora o seu funcionamento. 6 FUNCIONALIDADE E OPERATIVIDADE DOS VEHÍCULOS AUTOBOMBA NA EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS Racores. Son pezas metálicas deseñadas para efectuar de forma rápida a unión entre mangueiras ou mangueiras e lanzas. O TB (tipo Barcelona) normalizado é magnífico polo seu sistema simétrico de acoplamento rápido sen ferramentas, as súas reducidas dimensións e a súa estanquidade polo deseño das súas xuntas labiadas. Os diámetros libres interiores para o racorado de mangueiras de 25, 45, 70 mm de diámetro non deben ser inferiores a 20, 37 e 61 mm respectivamente. As tres patillas que constitúen o seu depósito de suxeición teñen que soportar elevados empuxes na función das presións de traballo. Bifurcacións e derivacións. Materiais especiais que permiten facer ramificacións nos tendidos de mangueiras para optimizar o uso destas. Racores de conexión 7 Bifurcacións e derivacións 8 FUNCIONALIDADE E OPERATIVIDADE DOS VEHÍCULOS AUTOBOMBA NA EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS 1.4 Tendido de mangueiras A utilización de motobombas ou vehículos contra incendios require que se realice o tendido de mangueiras dende estes ata un lugar adecuado para o emprego da auga na correspondente fase da extinción: ataque directo ou indirecto, control ou liquidación. No tendido das mangueiras hai que ter en conta o seguinte: A altura de aspiración ou desnivel entre a bomba e a superficie da auga que se vai empregar debe ser menor de 6 metros. Na aspiración a bomba crea un baleiro parcial dentro do mangote, de modo que a presión atmosférica empuxa a auga a través deste ata a cámara da bomba. É imposible aspirar a 10 metros de profundidade. Na impulsión da auga, cada 10 metros de desnivel require unha presión adicional de 1 atmosfera. A bomba ten que vencer esta presión soamente para que a auga chegue ao extremo superior. Un tendido ascendente que supere un desnivel de 85 m produce unha presión de 8,5 atm. Para subir (m) Presión bomba (Atm) Para subir (m) Presión bomba (Atm) 10 20 30 40 50 70 1 2 3 4 5 7 85 100 125 150 200 250 8,5 10 12,5 15 20 25 Táboa 1. Presión en bomba para salvar un desnivel 9 Existe unha perda de carga como consecuencia da resistencia da mangueira á circulación da auga, e depende dos seguintes factores: o Lonxitude. Con igual mangueira, a tendido máis longo, máis perda de carga. o Velocidade. A maior fluxo, máis perda de carga. o Rugosidade. A maior rugosidade, maior resistencia. Mangueiras vellas, máis perda de carga. o Diámetro. A menor diámetro, máis perda de carga Presión en bomba para salvar un desnivel 10 FUNCIONALIDADE E OPERATIVIDADE DOS VEHÍCULOS AUTOBOMBA NA EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS A presión na lanza debe ser como mínimo de 2 atmosferas. A presión da bomba terá que ser tal que supere a altura de impulsión, a perda de carga e a presión na lanza. angueira Lanza Presión Caudal Altura Alcance (mm ф) (ф/mm) (Atm) (I/min.) (m) 3 4 5 6 7 8 9 10 3 4 5 6 7 8 9 10 3 4 5 6 7 8 9 10 53,3 61,6 70 76,6 83,3 93,3 95 100 111,6 128,3 143,3 158,3 170 183,3 193,3 201,6 158,3 183,3 206,6 225 243,3 260 276,6 291,6 12 14 16 18 20 22 24 26 14 16 18 20 22 24 26 28 16 19 21 23 25 27 31 33 25 7 45 10 70 12 Reacción Perda de carga (m) (Kg) (Atm/100 m) 18 21 23 25 27 29 31 33 20 23 26 29 31 33 35 37 23 27 30 33 35 37 39 41 2,2 2,9 3,6 4,4 5 5,8 6,6 7,2 4,6 6,2 7,6 9,2 10,7 12,3 14 15,5 6,6 9 11 13,3 15,5 16,7 20 22 1,5 1,8 2.4 2,8 3,4 4,2 4,6 5,1 0,6 0,7 0,8 1 1,2 1,4 1,7 2 0,07 0,1 0,14 0,16 0,19 0,21 0,23 0,25 Táboa 2. Cálculo tendidos de mangueira Na operación do tendido haberá que evitar os rozamentos e arrastres que poidan deteriorar a mangueira. 11 Tendido básico da mangueira 12 FUNCIONALIDADE E OPERATIVIDADE DOS VEHÍCULOS AUTOBOMBA NA EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS A recollida debe facerse enrolando os distintos tramos como se indica na figura seguinte. Forma de recoller a mangueria 1.5 Cotas importantes nos vehículos de extinción de incendios forestais Ángulo de ataque ou de aproximación. É o formado pola superficie do terreo e a liña que une o punto de contacto do pneumático co chan e o parachoques. De 30 a 40 . Ángulo de saída. É o equivalente ao de ataque pero na parte traseira do vehículo. De 20 a 35º. Ángulo de rasante lonxitudinal ou ángulo de crista. Adoita ser de 135º a 150º. Ángulo do rasante transversal. Círculo de bombeo lonxitudinal. Círculo de bombeo transversal. Capacidade de vadeo. É a profundidade máxima de masa de auga que pode atravesar o vehículo. De 0,8 a 1 m 13 Ángulo de rasante lonxitudinal Ángulo do rasante transversal 14 FUNCIONALIDADE E OPERATIVIDADE DOS VEHÍCULOS AUTOBOMBA NA EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS Círculo de bombeo lonxitudinal Círculo de bombeo transversal 15 Raio de xiro. Convén que sexa o máis reducido posible, co fin de que poida acometer curvas cerradas e cambios de sentido en pistas forestais. Altura libre. É a distancia entre o chan e a parte máis baixa do vehículo. Vía e batalla. Cotas importantes nos vehículos 16 FUNCIONALIDADE E OPERATIVIDADE DOS VEHÍCULOS AUTOBOMBA NA EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS Pendente máxima superable. Polo xeral superan ramplas de ata 45º (100%). Pendente transversal máxima. É a inclinación máxima que pode superar un vehículo. Sobre un 55%. Exemplos de pendente transversal máxima e pendente máxima superable 17 Exemplos acoutados de vehículos reais 1.6 Factores fundamentais dos vehículos contra incendios Tracción total. Bloqueo diferenciais. Roda simple. Ángulos de aproximación e saída elevados. 18 FUNCIONALIDADE E OPERATIVIDADE DOS VEHÍCULOS AUTOBOMBA NA EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS Gran altura libre de diferenciais sobre o chan. Máxima estabilidade en estrada e a media ladeira. Impulsión con vehículo en marcha. Prioridade das presións de bomba sobre caudais. Cabina sinxela. Fácil manexo e mantemento. 1.7 Especificacións comúns dos vehículos contra incendios A continuación ofrécese un resumo dalgúns aspectos importantes que aparecen nas normas UNE sobre vehículos contra incendios e bombas contra incendios. O fin é establecer as características comúns dos vehículos de utilización nos servizos contra incendios (normas UNE) e ademais explicar paralelamente o funcionamento nalgúns puntos de interese. 1.7.1 Terminoloxía e definicións Peso total autorizado (PTA) É o peso total do vehículo illado que figure no catálogo descritivo e rexistrado polo organismo correspondente para o vehículo tipo. Peso do vehículo carrozado na orde de marcha É o peso total do vehículo na orde de marcha, incluída a roda de recambio, calzos de rodas, repostos e ferramentas regulamentarias, depósitos cheos de combustibles, lubrificantes e líquido de refrixeración, pero sen condutor, sen persoal, sen produtos extintores e sen o material de 19 extinción ou movible, na que a súa carga ou descarga se poida realizar normalmente sen emprego de ferramentas. Carga normalizada (CN) Comprende os pesos do material de intervención, produtos extintores e do persoal, valorando en 90 kg o peso do bombeiro equipado. Peso total real É o peso do vehículo carrozado na orde de marcha, máis a carga normalizada, e debe ser inferior ao peso total autorizado. Peso dispoñible É a diferenza entre o peso máximo autorizado e o peso total real, que só pode ser autorizado dentro dos límites de carga permitida por eixe. Volume dispoñible É o destinado ao material opcional en cada tipo de vehículo. O seu valor será o volume do máximo paralelepípedo recto que poida situar. 1.7.2 Autobastidor O autobastidor no caso dos nosos vehículos será do tipo todoterreo, con todos os eixes motrices. Estará preparado de forma que a montaxe das instalacións contra incendios se poida facer sen modificacións básicas no bastidor. Poderá admitirse a montaxe enriba do sobrechasis apoiando sobre o bastidor, sen fixacións ríxidas. 20 FUNCIONALIDADE E OPERATIVIDADE DOS VEHÍCULOS AUTOBOMBA NA EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS 1.7.3 Motor Posta en marcha A posta en marcha do motor para a tracción do vehículo non se poderá efectuar máis que dende o posto do condutor na cabina. No seu caso, a posta en marcha para o accionamento da bomba hidráulica ou outros aparellos dende o posto de mando destes, só será posible cando o vehículo estea parado e convenientemente situado. O sistema eléctrico do vehículo e motor deben permitir a posta en marcha sen dificultade, despois de ter o vehículo durante 5 h como mínimo a temperaturas comprendidas entre 0ºC e –5ºC. Que debemos facer para poñer en marcha o noso vehículo: Primeiro terémonos que informar das características do camión: Que sistema de caixa de cambios ten. Se dispón de freo auxiliar. Se dispón de bloqueo de diferenciais. En que marcha funciona a bomba. Co anterior exposto e aprendido, poñeremos o vehículo en marcha co freo de man ata conseguir a presión dos calderóns adecuada (7 quilos). Posteriormente soltamos o freo de man e poñemos a 1ª velocidade e arrancamos co selector de transfer en longas e posición de estrada. Engraxamento Como mínimo, o esquema do plan de engraxamento e o tipo de lubrificante para cada elemento estará impreso na lingua oficial sobre a placa metálica e disposto na cara interior da porta correspondente ao condutor. 21 Dirección A transmisión do xiro do voante de dirección das rodas poderá ser por sistema de sirvoasistencia e dispoñerase de forma que, aínda co motor parado ou en caso de fallo dos sistemas hidráulico ou pneumático, se poida dirixir o vehículo con seguridade por medio de conexión mecánica, aínda que requira maior esforzo manexar a dirección. Toma de forza Permitirá obter a potencia necesaria para o accionamento dos dispositivos que o precisen. Para o accionamento, se é o caso, da bomba hidráulica ou aparellos, a conexión estará ao alcance do condutor no seu posto e terá un indicador visual que sinale cando está acoplada. Caixa transfer Está situada na metade do chasis e mediante ela poderemos seleccionar diversos movementos: Seleccionar tracción traseira 4x4 Longas Curtas Toma de forza para a bomba Bloqueo lonxitudinal da árbore de transmisión Para seleccionar calquera función das anteriores é de suma importancia que teñamos os calderóns cheos de aire. 22 FUNCIONALIDADE E OPERATIVIDADE DOS VEHÍCULOS AUTOBOMBA NA EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS Vehículo con tracción 4x4 Bloqueos Os vehículos de última xeración dispoñen dun bloqueo no diferencial traseiro, outro no dianteiro e outro lonxitudinal na caixa de transferencias. O sistema de bloqueo soamente o utilizaremos cando teñamos perdas de tracción no vehículo; activarase sempre co vehículo parado e pasando o selector de transfer a curtas. Nunca se debe superar os 30 km/h cos bloqueos postos. 23 Bloqueo do diferencial lonxitudinal nun vehículo 4X4 Bloqueo do diferencial transversal nun vehículo 4X4 24 FUNCIONALIDADE E OPERATIVIDADE DOS VEHÍCULOS AUTOBOMBA NA EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS Diferenciais Compostos por: Carcasa Paliéres Grupo. Composto á súa vez por coroa, piñón de ataque, satélites e planetarios Freos O freo de servizo pode ser de calquera sistema ou sistemas, pero será accionado a pedal e actuará sobre as rodas. No caso do sistema pneumático disporá dun circuíto independente por seguridade e, ademais de todos os elementos necesarios para o seu funcionamento, levará un manómetro indicador colocado no taboleiro de instrumentos que permita coñecer en todo momento a presión do traballo, cun indicador luminoso que sinale a presión mínima que poida determinar situacións de perigo. A instalación terá aptitude como mínimo para parar o vehículo, cargado, en pista seca horizontal, a unha velocidade de 30 km/h, en 9 metros, durante 6 veces consecutivas. A eficacia da instalación será tal que permita arrincar con seguridade aos 15 seg. da posta en marcha, despois de 12 h de inmobilización do vehículo. O sistema de freo de aparcamento ou emerxencia será capaz de manter inmóbil de forma permanente o vehículo, completamente cargado e aínda co motor en marcha, nunha rampla do 40%. Os nosos vehículos empregan sistemas de freos de zapatas e tambor, accionados por un sistema hidráulico con cilindros de freo ou por un sistema pneumático accionado por pulmóns. É de suma importancia evitar o sobrequentamento destes, dado que as zapatas cristalizarían e perderían a súa eficacia. 25 Freo de zapata e de tambor Normalmente estes vehículos dispoñen de freo auxiliar consistente nunha bolboreta no circuíto de escape, cerrando o paso de gases ao exterior e provocando unha retención no motor. Freo de motor de bolboreta 26 FUNCIONALIDADE E OPERATIVIDADE DOS VEHÍCULOS AUTOBOMBA NA EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS Depósito de combustible O depósito de combustible deberá permitir, sen recargar, unha autonomía de 400 km por estrada medianamente accidentada, ou o funcionamento da bomba durante 5 h. Carrozaría Terá unha disposición tal que non presente, en ningún do seus compoñentes, lugares onde poidan quedar retidas a humidade ou concentracións de auga procedentes da chuvia ou manobras hidráulicas. No existirá ningunha superficie inaccesible ou que requira operacións complicadas de desmontaxe para deixala ao descuberto para proceder a pintala co fin de conservala. Ningún elemento impedirá a lectura e toma de calcas do número de bastidor e motor. Cabina Debe preverse unha agarradoira no taboleiro de instrumentos para o acompañante do condutor e, se é o caso, co mesmo fin, unha barra para os ocupantes do asento posterior. Todas as partes sobresaíntes no interior da cabina estarán recubertas ou protexidas para evitar lesións. Calefacción A calefacción nos vehículos de cabina cerrada será suficiente para poñer o interior da cabina a unha temperatura de 15ºC en 20 minutos de marcha, cando se circula a 40 km/h e hai unha temperatura exterior de –5ºC. Asentos O espazo para o condutor debe ter unha anchura mínima de 800 mm, e o de cada acompañante, de 450 mm. 27 A profundidade dos asentos, medida entre a vertical da parte inferior do respaldo e o bordo dianteiro, estará comprendida entre 400 e 500 mm. A altura libre comprendida entre o punto máis alto da superficie do asento e o teito da cabina, en toda a vertical deste, non será inferior a 900 mm. A distancia libre diante do respaldo do asento, medida a altura da banqueta, non será inferior a 800 mm. Dispositivos de acceso Existirán dispositivos para un fácil acceso á cabina e aos materiais situados nos armarios e plataforma superior. Cando existan chanzos encaixados, terán 120 mm de profundidade mínima, e, se é necesario, complementaranse con agarradoiras, barras de apoio, etc. As escaleiras distarán das superficies de apoio 180 mm como mínimo. Armarios Os armarios serán estancos e permitirán a colocación racional dos materiais enumerados en cada norma específica. 1.7.4 Protección Parachoques Deben ser resistentes e superar polo menos 50 mm as verticais dos extremos dianteiro e traseiro, e non ter ningún punto de contacto entre as chapas da carrozaría e os parachoques, que deixarán un espazo libre de 50 mm como mínimo. 28 FUNCIONALIDADE E OPERATIVIDADE DOS VEHÍCULOS AUTOBOMBA NA EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS Pintura e revestimento No relativo á pintura deben seguir as seguintes especificacións: Bastidor: sobre unha base de pintura anticorrosiva, pintarase en cor negra brillante. Lamias e conxuntos mecánicos acoplados ao bastidor: pintaranse de cor negra brillante. Parachoques e aletas do gardalama: pintaranse en cor branca brillante. Puntos de engraxamento: pintaranse de cor amarela viva. Persianas ou outros cerramentos: se son de aliaxe lixeira, admitirase a súa cor natural, sempre que visualmente queden enmarcados en cor vermella. Se por causas de forte ambiente corrosivo fose necesario pintar, isto faríase de cor vermella viva. Interiores da carrozaría: as partes metálicas do interior da cabina pintaranse en cor vermella. O interior dos armarios pintaranse con cor gris media mate. As partes da bomba e compoñentes do sistema hidráulico que teñan que pintarse faranse en cor gris media mate. Tramos de escala: pintaranse en cor gris azulada clara. Os chanzos e superficies pisables irán revestidos de chapa ou material antiesvaradío, inoxidable e resistente. As partes expostas a golpes irán protexidas. En cada caso, definiranse as partes sobre as que terá que aplicarse pintura ou revestimento antisonoro. 29 1.7.5 Equipo eléctrico O equipo eléctrico funcionará a unha tensión de 12 V, pódese admitir 24 V. Baterías Estarán situadas nun compartimento especial, fóra da cabina, ventilado e accesible, de forma que as operacións de entretemento e verificación se poidan efectuar sen desconexión. Existirá un desconectador de batería na cabina do condutor. Luces As esixidas no código de circulación. Ademais, cando o dispoñan as normas específicas, montarase un ou dous faros complementarios no exterior, preferentemente con circuíto eléctrico independente e cunha intensidade de iluminación suficiente para ver con claridade a unha distancia de polo menos 70 metros; serán orientables e móbiles, con posibilidade de ser manexados a 1200 mm de altura nun soporte provisto de carrete con 25 m de cable flexible e condutor con cuberta protectora da humidade. Sobre o teito da cabina levará unha luz cor amarela ámbar intermitente, de balizamento, e deberá estar protexida contra choques. Existirá unha instalación de iluminación de armarios, no que o interruptor poderá ser o das luces de posición, cunha luz en cada armario, disposta de forma que ilumine todo o material do seu interior e no que o acendido se efectuará por interruptor a presión ao abrir cada porta. Na cabina incorporarase unha luz testemuña de porta de armario aberta. Os mandos de todas as luces estarán ao alcance do condutor no taboleiro de instrumentos, a excepción dos focos exteriores orientables que dispoñerán de interruptor de seguridade. Sirena O vehículo dotarase dunha sirena dun mínimo de 95 dB, medidos a 30 m por diante do vehículo. 30 FUNCIONALIDADE E OPERATIVIDADE DOS VEHÍCULOS AUTOBOMBA NA EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS 1.8 Instalación hidraúlica Existen dous tipos de bombas segundo o mecanismo de impulsión de auga empregado: Bombas volumétricas: accionadas por pistóns ou membrana con movemento alternativo. Bombas centrífugas: accionadas por un rodete xiratorio. As bombas utilizadas nos nosos camións son centrífugas, dunha ou varias etapas, accionadas por rodete xiratorio, e poden ser de baixa presión ou presión combinada (baixa e alta presión). Identificación da bomba O tipo de bomba identifícase por unha clave de letras e números, que lidos de esquerda a dereita teñen o seguinte significado: 1. B, que indica bomba contra incendios. 2. b ou c, que indica se a bomba é de baixa presión ou de presión combinada. 3. Un número indicativo do caudal nominal en baixa presión, dividido por 100 (Q/100 l/min.), seguido por barra de separación. 4. Un número indicativo da altura de transporte nominal en baixa presión, dividido por 10 (H/10 m de columna de auga). Con iso queda definido se é dos tipos b ou c. 5. Guión de separación6. Un número indicativo do caudal nominal en alta presión, dividido por 100 (Q/100 l/min.), seguido por barra de separación. 7. Un número indicativo da altura de transporte nominal en alta presión, dividido por 10 (H/10 m de columna de auga). As ditas medidas tomaranse nas bombas de presión combinada e traballarase exclusivamente en baixa ou en alta presión. 31 Exemplo: Identificación dunha bomba de presión combinada das características seguintes: Alta presión: Q=1600 l/min. H=80 m de columna de auga. Baixa presión: Q”= 400 l/min. H”= 300 m de columna de auga. Designación: Bc 16/8-4/30 1.8.1 Esquema de fluxos dun vehículo contra incendios Accionamento da bomba. 1. Descrición. Faise polo propio motor mediante toma de forza. 2. Multiplicador. Encóntrase entre a toma de forza e a bomba. 3. Posibilidades de utilización. O vehículo pode lanzar auga parado e en marcha. A bomba realiza dúas operacións. A.- Aspiración A aspiración dende o exterior faise mediante unha entrada racorada con tapa e cadea, que debe estar inclinada cara a abaixo para facilitar a manobra de conexión do mangote. Forma correcta de realizar a aspiración da auga: 1. Móntase o tendido de aspiración e colócase a alcachofa ben somerxida. 2. Compróbase que estean todas as billas ben pechadas. 3. Dende a cabina do camión conéctase a toma de forza e a marcha correspondente, segundo modelo. 32 FUNCIONALIDADE E OPERATIVIDADE DOS VEHÍCULOS AUTOBOMBA NA EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS 4. Dende a parte traseira do camión compróbase que o cebador estivo en marcha e está xirando, e, en caso de ser eléctrico, tirar do mando para accionalo. 5. Acciónase suavemente o acelerador manual ata conseguir a lectura do manovacuómetro. Esta non debe pasar de 0,7 bares. 6. Abrimos a chave de enchido da cisterna pouco a pouco. 7. Cando empece a saír auga da cisterna por debaixo desta, desaceleramos e pechamos suavemente a chave de enchido da cisterna, posteriormente recollemos os mangotes de aspiración. O cebado máis común é o cebado por anel de auga. A bomba leva incorporado un sistema de cebado automático destinado a realizar o baleiro do conduto de aspiración; para iso dispón dun rodete adicional de cebado no interior dunha carcasa excéntrica, na que polo sistema de anel da auga se produce o baleiro. Algúns modelos levan unha bomba de aspiración eléctrica. Tipos de cebados existentes: o Bomba de cebado con depósito autocebante. o Bomba de cebado con carga manual. o Motor cebador eléctrico. o Sistema de membranas (tipo Ziegler). B.- Impulsión O deseño da bomba non sempre consegue alcanzar a presión adecuada de traballo, xa que a que proporciona é función do réxime de xiro. Para conseguir presións elevadas precisaríase construír bombas de gran tamaño, por este motivo os nosos equipos utilizan o encadeamento de corpos de bomba, e chámanselles bombas de etapa. 33 Esquema de fluxos dun vehículo contra incendios 34 FUNCIONALIDADE E OPERATIVIDADE DOS VEHÍCULOS AUTOBOMBA NA EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS 1.8.2 Mantemento da instalación 1. Despois do uso: Limpar a conexión do racor de aspiración. Recircular auga limpa se se empregou auga salgada ou sucia. 2. Semanalmente: Comprobar o nivel de aceite do cárter da bomba. 3. Revisión trimestral da bomba. Comprobar o baleiro (manovacuómetro). Comprobar presión. 4. Protección contra xeadas. 5. Limpeza da cisterna. Lodos que se retiran a través dun tubo e válvula de drenaxe. 35 2 Relación de bombas montadas nos vehículos do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais da Consellería do Medio Rural Marca Tipo Velocidade de funcionamento Presión alta Presión en baixa R.P.M Waterous Bc Directa 40 Bares 18- 20 Bares 3.500 Godiva Bc 3ª 40 Bares 18-20 Bares 3.500 Fimesa Bb 2ª 20 Bares 3.500 Sides Bb 2ª 18 Bares 3.500 Ziegler Bc 3ª 20 Bares 3.500 Ziegler Bb Directa 18 Bares 3.500 Contrainsa Bc 3ª 20 Bares 3.500 Ruber Bb 3ª 20 Bares 3.500 Darlee Bb 3ª 18 Bares 3.000 40 Bares 40 Bares Táboa 3. Relación de bombas montadas nos vehículos de prevención contra incendios forestais Os datos desta táboa son orientativos e van depender do tipo de vehículo autobomba sobre o que instalen as bombas. 36 FUNCIONALIDADE E OPERATIVIDADE DOS VEHÍCULOS AUTOBOMBA NA EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS 3 Periodicidade no mantemento xeral dos vehículos por parte do condutor Limpeza cabina: unha vez por semana Limpeza motor e baixos: cada 15 días Engraxamento xeral: cada 15 días ou 3000 km Engraxamento transmisións e bomba: cada 7 días ou 50 horas de bomba Comprobar nivel aceite motor e auga radiador: diario Comprobar nivel aceite dirección: cada 7 días Limpeza filtro aire: despois de cada día de extinción Limpeza visor nivel cuba: cando sexa necesario Comprobar luces: diario Comprobar suxeicións cuba- chasis: cada 15 días Comprobar os rompeolas: unha vez ao mes 37 4 4.1 Parte traseira dun vehículo contra incendios forestais Cisterna Será resistente á corrosión interior e non alterará as propiedades da auga transportada. Para reducir o movemento do vehículo no interior da cisterna e limitar os efectos dinámicos sobre o vehículo, disporase de tabiques separadores nas condicións seguintes: Un ou máis, perpendiculares ao eixe do vehículo, e un ou máis, paralelos ao eixe do vehículo. De tal forma que o peso do líquido en cada compartimento sexa inferior á sexta parte do peso total real e en ningún caso superior a 1000 kg. Estes separadores serán fixos e a súa superficie será como mínimo o 85% da sección da cisterna formada por estes. Deben estar a unha altura da base da cisterna duns 30 cm aproximadamente e a unha distancia semellante do teito, todo iso para permitir a comunicación da auga na cisterna. Os pasos inferiores permitirán o baleirado do tanque para alimentar a bomba o seu caudal nominal. Cada cisterna deberá ser totalmente rexistrable e posuír unha boca de home para inspección, de dimensións netas mínimas 450 mm x 350 mm para sección rectangular, ou 450 mm de diámetro, para sección circular. Esta boca ten unha tapa desmontable que cerra a presión. Para o enchido da cisterna, disporase de dúas bocas de enchido de 70 mm de diámetro, unha a cada lado, con órgano de peche rápido, enlace e tapón retido por cadea. Disporase para o eventual enchido, na parte superior, dun orificio de 150 mm de diámetro, que pode non existir se un furado de home fai as súas funcións; en ambos os dous casos irán provistos de tapas de peche rápido. 38 FUNCIONALIDADE E OPERATIVIDADE DOS VEHÍCULOS AUTOBOMBA NA EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS O revertedoiro estará situado sensiblemente no centro da cuba para limitar as perdas de auga en marcha, e terá un conduto de 100 mm de diámetro, como mínimo, que desembocará debaixo do chasis, detrás do eixe posterior. Para controlar o grao de enchido da cisterna disporase dun nivel facilmente visible dende o posto de manobra da bomba. Estas cisternas levan na súa parte inferior unha válvula de drenaxe de 1”(polgada). Na parte traseira levan unha válvula de carga de 1” ou 2”, segundo o modelo, e unha válvula de descarga (de 4” normalmente). Na parte traseira da cisterna van colocados a bomba e o cadro de mandos. 4.2 Cadro de mandos O cadro de mandos leva os seguintes instrumentos: Manovacuómetro, para medir a presión ou baleiro da aspiración. Manómetro, para medir a presión do circuíto de impulsión. Conta revolucións, para saber a que revolucións traballa a bomba. Acelerador progresivo manual. Faro de traballo orientable. Nivel, para saber en todo momento a auga que temos na cisterna. 39 4.3 O binomio cuadrilla-vehículo autobomba A coordinación entre cuadrilla e motobomba deberá ser perfecta, dado que son dúas pezas clave na extinción. Pódese dar o caso de ter en extinción unha cuadrilla ben adestrada e un estupendo motobombista cun flamante camión, e no entanto non traballar ben en equipo, por falta de non ter establecido unhas normas básicas de funcionamento que van máis alá de cuadrillas e motobombas próximas ou do mesmo distrito. Para que os labores de extinción se realicen dunha forma efectiva será preciso que o persoal que participa nos ditos labores estea perfectamente adestrado e coordinado. Elementos nos cales a cuadrilla e a motobomba deben ser afíns: A. Cuadrilla e motobomba deben coñecer as limitacións técnicas que en penetración, capacidade de carga e de impulsión ten a motobomba. B. Ambos os dous deben coñecer o sistema de sinais manuais para evitar sobrecargar a emisora ou tratar de gritar. C. Cada un debe de facer o seu traballo sen interferir no outro formando un equipo. D. O condutor será sempre o responsable do vehículo, por iso o xefe da cuadrilla non debe insistir en solicitar actuacións da motobomba nas que este se negue por cuestións de seguridade. E. Dentro do posible o condutor nas súas actuacións deberá facilitar o traballo da cuadrilla O condutor nas súas actuacións deberá facilitar o traballo da cuadrilla 40 FUNCIONALIDADE E OPERATIVIDADE DOS VEHÍCULOS AUTOBOMBA NA EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS 5 5.1 O tendido da mangueira e a súa organización Desenrolo e recollida de mangueiras por tramos O desenrolo do tendido é preferible non realizalo dende o vehículo, senón que as mangueiras empálmanse en punta de lanza, ou no penúltimo racor, e transpórtanse os tramos enrolados ata o punto de empalme. Existen diferentes formas de enrolar e desenrolar as mangueiras, cómpre coñecer en cada situación cal é a máis apropiada para o seu transporte e a súa utilización, por norma xeral para o acople de mangueira interésanos que a mangueira que se vaia acoplar, o operario teña os dous racores na man. Lazo simple. Non quedarán os dous racores na man para posteriores acoples. Lazo dobre. Quedarán os dous racores na man para posteriores acoples. A mangueira estírase de forma que os racores queden xuntos e a mangueira simétrica, cóllese polo extremo contrario ao dos racores e comézase a recoller. Carrete simple. Non quedarán os dous racores na man para posteriores acoples. Carrete dobre. Colócanse os dous racores xuntos quedando a mangueira dividida en dous planos, o superior 30 cm máis curto. Comezamos a enrolar dende o lado contrario ao dos racores. A recollida realizarase dende o penúltimo racor cara ao vehículo motobomba. Os tramos de mangueira débense baleirar de auga e recollelos no monte a lazo (se pode ser dobre), para logo, cando o tempo o permita, estirar os tramos para o seu secado; comprobalos, limpalos e recollelos en carrete dobre. 41 5.2 Instalación do tendido de mangueira Aspectos que debemos ter en conta: A. Axudante e punta de lanza deben de dispoñer de comunicación constante co motobombista. B. O motobombista sempre debe estar situado xunto ao camión, ao lado da bomba, en comunicación constante coa punta de lanza. C. O resto dos operarios encargaranse de transportar as mangueiras a punta de lanza ou o penúltimo racor. D. Se o acople se fai no penúltimo racor, un dos operarios será o encargado de pinzar a mangueira e axudar a prolongar o tendido. E. Se o acople se fai en punta de lanza , o acople faríano o punta de lanza e o seu axudante. 42 FUNCIONALIDADE E OPERATIVIDADE DOS VEHÍCULOS AUTOBOMBA NA EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS Tendido das mangueiras 43 5.3 Aplicación da auga A auga debe dirixirse sempre ao combustible e non ás lapas en altura. En pulverización os alcances efectivos son de 3-5 m, en chorro cheo os máximos alcances lógranse cun ángulo de 35 graos. Formas de traballar: A.- Traballar sobre combustibles de pouca profundidade. A extinción será case paralela ao fronte das lapas e o ángulo de aplicación será case horizontal. B.- Traballar sobre combustibles de profundidade. A extinción será perpendicular ao fronte das lapas e o ángulo de aplicación case perpendicular e a chorro cheo. 44 FUNCIONALIDADE E OPERATIVIDADE DOS VEHÍCULOS AUTOBOMBA NA EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS Ángulo de ataque coa mangueira respecto da beira do incendio 45 Movementos das mangueiras para salvar as descontinuidades da beira do lume Movemento das mangueiras para salvar dedos do incendio 46 FUNCIONALIDADE E OPERATIVIDADE DOS VEHÍCULOS AUTOBOMBA NA EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS Movemento das mangueiras para salvar entrantes do incendio 47 6 Práctica sobre a parte traseira dun vehículo contra incendios forestais Identifica as distintas partes e pensa para que serven e cando se utilizan 48 FUNCIONALIDADE E OPERATIVIDADE DOS VEHÍCULOS AUTOBOMBA NA EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS Identifica as partes da traseira dun vehículo contra incendios forestais Número Nome/descrición Número 1 11 2 12 3 13 4 14 5 15 6 16 7 17 8 18 9 19 10 20 Nome/descrición 21 49 7 Práctica sobre as partes dun vehículo contra incendios forestais Identifica as distintas partes e pensa para que serven e cando se utilizan 50 FUNCIONALIDADE E OPERATIVIDADE DOS VEHÍCULOS AUTOBOMBA NA EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS Partes dun vehículo contra incendios forestais Número Nome/descrición Número 1 14 2 15 3 16 4 17 5 18 6 19 7 20 8 21 9 22 10 23 11 24 12 25 Nome/descrición 13 51 8 Práctica sobre as partes dun cadro de mandos dun vehículo contra incendios forestais Identifica as distintas partes e pensa para que serven e cando se utilizan 52 FUNCIONALIDADE E OPERATIVIDADE DOS VEHÍCULOS AUTOBOMBA NA EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS Partes dun cadro de mandos dun vehículo contra incendios forestais Número Nome/descrición Número 1 14 2 15 3 16 4 17 5 18 6 19 7 20 8 21 9 22 10 23 11 24 12 25 Nome/descrición 13 53 9 Práctica sobre as partes dunha cisterna dun vehículo contra incendios forestais Identifica as distintas partes e pensa para que serven e cando se utilizan 54 FUNCIONALIDADE E OPERATIVIDADE DOS VEHÍCULOS AUTOBOMBA NA EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS Partes dunha cisterna dun vehículo contra incendios forestais Número Nome/descrición Número 1 13 2 14 3 15 4 16 5 17 6 18 7 19 8 20 9 21 10 22 11 23 12 24 Nome/descrición 55 . FONDO SOCIAL EUROPEO “O FSE inviste no teu futuro” UNIÓN EUROPEA